Centos de persoas ateigan o Obradoiro para que se garanta o dereito a vivir en galego

Queremos Galego exixe “un compromiso real e efectivo” dos poderes públicos coa nosa lingua

Mobilizacións en defensa da Universidade Pública Galega

Non á creación dunha universidade privada na Galiza

Información da mesa sectorial

Martes 18 de maio. Licenzas por formación, CIEDix e CGIFP.

Publicadas as vacantes do Concurso Xeral de Traslados

A adxudicación definitiva para o corpo de secundaria está prevista para mañá e a de mestres para o 21 deste mesmo mes

Sanidade retoma a vacinación do persoal dos centros educativos sen novidades aínda coa 2ª dose

Saúde Pública di compartir as nosas queixas sobre a subministración da 2ª dose, tanto en prazos como na vacina a subministrar mais fía todo á decisión do Ministerio e a Conferencia Interterritorial

A CIG-Ensino chama a eliminar dos centros educativos os nomes vinculados co franquismo

O sindicato ve como positiva a reacción do Ministerio de Defensa coa retirada do nome de Salvador Moreno no centro de Pontevedra logo da reclamación do sindicato e outras entidades

Queremos vivir en galego!

O vindeiro 17 de Maio, como todos os anos, saímos á rúa pola nosa lingua.

Milleiros de persoas toman as rúas de Galiza convocadas pola CIG para conmemorar o Primeiro de Maio

O secretario xeral, Paulo Carril, chama a intensificar a loita nas empresas e na rúa para forzar unha saída galega xusta da crise

A CIG-Ensino recolle máis de 2.000 sinaturas en menos de 48 horas opoñéndose á eliminación do período de adaptación en Educación Infantil

Nun escrito presentado hoxe ante a Consellaría esiximos modificacións á proposta de calendario no referido ao período de adaptación

Continúan as mobilizacións de CIG-Ensino contra os despedimentos no Scientia School de Lalín

O actual propietario do antigo colexio Sagrado Corazón está a incumprir as condicións da poxa

O Ministerio de Educación compromete, sen data, unha Mesa Docente para tratar todo o relacionado co profesorado de FP

Esta foi a única conclusión positiva dunha Mesa que foi un exemplo de libro de como non se debe acometer unha negociación sobre normativa que afecta ao profesorado

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
DOG 25 Xuño 2025
Cursos CELGA

Convocados cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga para o curso académico 2025/26.

Outros 25 Xuño 2025
Programa PIALE

Anunciada a resolución Definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2025.

DOG 24 Xuño 2025
Prazas sometidas a convenio

Publica o DOG a apertura do prazo para participar no convoca concurso específico de méritos para prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería.

Outros 24 Xuño 2025
Programa Observa_Acción

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros candidatos para a participación no ANO II do programa Observa_Acción.

Outros 23 Xuño 2025
Instrucións para as ensinanzas de persoas adultas

A Consellaría publica na súa web as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2025/2026.

Outros 23 Xuño 2025
III Premio ConVivimos

A Consellaría convoca o III Premio ConVivimos 2025 de convivencia e benestar emocional para os centros públicos.