Horario do profesorado

Normativa sobre o horario do profesorado nas distintas ensinanzas e corpos docentes

Contidos:

XORNADA LABORAL DO PROFESORADO

Xornada laboral do profesorado. Documento de elaboración propia coa normativa que regula a xornada laboral do profesorado galego. Texto refundido e actualizado a xuño de 2012. Ligazón

ORDE de 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DOG 30/06/2011. Ligazón

ORDE do 4 de xuño de 2012 pola que se modifica o artigo 4 da Orde do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Ligazón

COLEXIOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL (C.E.I.P., E.E.I. e C.E.E.)

Horario do profesorado e adscrición funcional nos centros de infantil, primaria e educación especial.  Documento de elaboración propia cos artigos relacionados co horario e a adscrición funcional do profesorado na orde do 22 de xullo de 1997. Inclúe a nova redacción dada polo apartado segundo da Orde do 28 de xuño de 2010 que modifica o CAPÍTULO V, punto 1 da Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG de 6 de xullo de 2010). Ligazón

INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA (I.E.S.)

Horario do profesorado nos IES. Elección de horarios. Documento coa nova redacción dada polo apartado primeiro da Orde do 28 de xuño de 2010 que modifica a os puntos 88 a 93 da orde do 1 de agosto de 1997, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos (ROC) de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento. (DOG de 6 de xullo de 2010). Ligazón

CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (C.P.I.)

Horario do profesorado e adscrición funcional nos CPI. Documento coa nova redacción dada polo apartado terceiro da Orde do 28 de xuño de 2010 que modifica os puntos 109 a 113 da Orde do 3 de outubro de 2000, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG de 6 de xullo de 2010). Ligazón

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I.)

Horario do profesorado das E.O.I.  Documento de elaboración propia sobre a ORDE do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galiza, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial. (DOG 18/08/2011). Ligazón

CENTROS INTEGRADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL (C.I.F.P)

Horario do profesorado dos C.I.F.P. Documento de elaboración propia seguindo a ORDE do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG 08/08/2011). Ligazón

CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA

Horario do profesorado dos conservatorios. Documento de elaboración propia sobre a ORDE do 4 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 18/08/2011) Ligazón

ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO

Horario do profesorado das Escolas de Arte e Superiores de Deseño. Documento de elaboración propia sobre a ORDE do 8 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 61/2011, do 24 de marzo, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galiza (DOG 18/08/2011). Ligazón