Fondo de acción social

Fondo de Acción Social 2024

Ligazón á páxina web do FAS

Resolución definitiva

Resolución DOG. Ligazón 

Prazo de reclamación ás listaxes definitivas (recurso de alzada): do 22 de outubro ao 22 de novembro de 2024

Ligazón á páxina para realizar a consulta sobre a situación persoal de cada solicitude do FAS.

Resolución provisional

Resolución. Ligazón 
Páxina de consulta do FAS. Ligazón
Prazo de reclamacións: até o 10 de setembro

Información da Consellaría

Ligazón á páxina informativa do FAS

Convocatoria

Resolución publicada o 22 de maio

Prazo

Do 23 de maio ao 5 de xuño

  • Requisitos

    1. Atoparse en situación de servizo activo no período de presentación de solicitudes, incluídos os supostos de incapacidade temporal e períodos de maternidade, paternidade, adopción, acollemento e risco durante o embarazo; en situación de suspensión de funcións ou de excedencia voluntaria con dereito á reserva de posto de traballo. Tamén o persoal adscrito a postos de natureza descontinua que se atope no período de inactividade, así como as persoas empregadas públicas que se xubilaron no 2023, en proporción ao tempo en que estiveron en activo.

    2. Convivir con cónxuxe, parella de feito, fillos/as ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou suxeitos a unha medida de apoio: a) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2024 nun grao igual ou superior ao 75 %. b) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2024 nun grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 75 % e perciba ingresos inferiores a 14.000 euros anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.

  • Comprobación de datos e documentación que se debe acompañar coa solicitude

    1. A condición de persoa beneficiaria exixirá acreditar as seguintes circunstancias: a identidade da persoa causante, o seu grao de discapacidade e data de recoñecemento; a convivencia da persoa beneficiaria e da persoa causante; o parentesco ou a suxeición á medida de apoio e, se é o caso, os rendementos do traballo da persoa causante.

    Consultaranse automaticamente, sempre que as persoas interesadas e as persoas causantes así o autoricen na solicitude, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

    a) DNI ou NIE da persoa con discapacidade causante da axuda.

    b) Certificado de empadroamento da persoa beneficiaria e da persoa causante.

    c) Recoñecemento do grao de discapacidade da persoa causante da axuda.

    d) IRPF da persoa causante da axuda correspondente ao exercicio de 2022.

    2. No caso de non autorizar a consulta, deberán presentar os documentos oportunos xunto coa solicitude. Para tales efectos, deberase xuntar a esta, segundo os casos, as copias que teñan a consideración legal de auténticas dos seguintes documentos:

    a) Identidade da persoa causante: copia do DNI ou NIE.

    b) Convivencia entre a persoa beneficiaria e a persoa causante: certificado de empadroamento.

    c) Grao de discapacidade e data de recoñecemento: certificado do grao de discapacidade da persoa causante e da data de recoñecemento.

    d) Parentesco ou suxeición á medida de apoio: o parentesco ou a relación de parella de feito ou de tutela poderase acreditar, segundo os casos, mediante copia de todas as follas do libro de familia onde consten asentos, certificado literal de nacemento da persoa solicitante ou da persoa causante, certificado de matrimonio ou de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito, ou certificado da inscrición da medida de apoio no Rexistro Civil.

    e) No caso de persoas causantes cun grao de discapacidade inferior ao 75 %, certificado de imputacións do IRPF ou certificado da pensión de xubilación do exercicio do ano 2022 da persoa causante.

    f) No caso do persoal docente non universitario e profesorado de relixión da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, certificado da secretaría do centro de adscrición que acredite que teñen prestado servizos en tal condición no ano 2023 e que están en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes.

    3. As persoas interesadas que foron beneficiarias da axuda no exercicio de 2022, salvo modificacións das circunstancias, estarán exentas de presentar a documentación indicada no punto anterior, excepto a sinalada na letra f).

  • Presentación de solicitudes

    A solicitude será única, con independencia do número de persoas causantes con discapacidade polas que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde internet: https://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia no rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal. No obxecto do asunto indicarase: convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2023. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.

  • Fondo de Acción Social 2023

    Ligazón á páxina web do FAS

    Información da Consellaría

    Ligazón á páxina informativa do FAS

    Resolución definitiva

    RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2022, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia. Ligazón

    Prazo de reclamación ás listaxes defintivas: do 9 de outubro ao 8 de novembro de 2023

    Ligazón á páxina para realizar a consulta sobre a situación persoal de cada solicitude do FAS.

    Resolución provisional

    RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2022, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia. Ligazón

    Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: do 17 ao 31 de xullo de 2023

    Ligazón á páxina para realizar a consulta sobre a situación persoal de cada solicitude do FAS.

    Convocatoria

    RESOLUCIÓN publicada o 28 de abril

    Prazo

    Do 2 ao 15 de maio

    • Requisitos

      1. Atoparse en situación de servizo activo no período de presentación de solicitudes, incluídos os supostos de incapacidade temporal e períodos de maternidade, paternidade, adopción, acollemento e risco de embarazo; en situación de suspensión de funcións ou de excedencia voluntaria con dereito á reserva de posto de traballo. Tamén terá a condición de beneficiario o persoal adscrito a postos de natureza descontinua que se atope no período de inactividade; así como os que se xubilaron en 2022, en proporción ao tempo en que estiveron en activo.

      2. Convivir con cónxuxe, parella de feito, fillos ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade, ou tutelados por sentenza xudicial firme:

      a) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2023 nun grao igual ou superior ao 75 %.

      b) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2023 nun grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 75 %, e perciba ingresos inferiores a 13.510 € anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.

    • Comprobación de datos e documentación que se debe acompañar coa solicitude

      1. A condición de beneficiario exixirá acreditar as seguintes circunstancias: a identidade do causante e o seu grao de discapacidade e a data de recoñecemento; a convivencia do beneficiario e do causante; o parentesco ou suxeición á tutela e, se é o caso, os rendementos do traballo do causante.

      Consultaranse automaticamente, sempre que as persoas interesadas e os causantes así o autoricen na solicitude, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

      a) DNI ou NIE da persoa con discapacidade causante da axuda.

      b) Certificado de empadroamento do beneficiario e causante.

      c) Recoñecemento do grao de discapacidade da persoa con discapacidade causante da axuda.

      d) IRPF da persoa con discapacidade causante da axuda correspondente ao exercicio de 2021.

      2. No caso de non autorizar a consulta, deberán presentar os documentos correspondentes xunto coa solicitude. Para tales efectos deberanse xuntar con esta, segundo os casos, as copias que teñan a consideración legal de auténticas dos seguintes documentos:

      a) Identidade do causante: copia do DNI ou NIE do causante.

      b) Convivencia entre beneficiario e causante: certificado de empadroamento.

      c) Grao de discapacidade e data de recoñecemento: certificado do grao de discapacidade do causante e da data de recoñecemento.

      d) Parentesco ou relación de tutela: o parentesco ou relación de parella de feito ou de tutela poderase acreditar, segundo os casos, mediante copia de todas as follas do libro de familia onde consten asentos, certificado literal de nacemento do solicitante ou do causante, certificado de matrimonio ou de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito, ou certificado literal de inscrición da tutela no Rexistro Civil.

      e) No caso de causantes cun grao de discapacidade inferior ao 75 %, certificado de imputacións do IRPF ou certificado da pensión de xubilación correspondente ao exercicio do ano 2021 da persoa do causante.

      f) No caso do persoal docente non universitario e profesorado de relixión, certificado da secretaría do centro de adscrición que acredite que teñen prestado servizos en tal condición no ano 2022 e que están en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes.

      3. Os interesados que foron beneficiarios da axuda correspondente ao exercicio 2021, salvo modificacións das circunstancias, estarán exentos de presentar a documentación indicada no punto anterior, excepto a correspondente á letra f).

    • Presentación de solicitudes

      A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia no rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante o trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A –presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado– e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, unidade da Dirección Xeral da Función Pública. No obxecto do asunto indicarase: convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2022. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.

  • Fondo de Acción Social 2022

    Ligazón á páxina web do FAS

    Información da Consellaría

    Ligazón á páxina informativa do FAS

    Resolución definitiva

    RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas polos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2021, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia. Ligazón

    Resolución Provisional

    Publicada a resolución provisional do #FAS (fondo de acción social). Ligazón

    Plazo de reclamación a los listados provisionales: del 20 de julio al 3 de agosto de 2022.

    Convocatoria

    RESOLUCIÓN publicada o 29 de abril

    Prazo

    Do 2 ao 13 de maio

    • Requisitos

      1. Atoparse en situación de servizo activo no período de presentación de solicitudes, incluídos os supostos de incapacidade temporal e períodos de maternidade, paternidade, adopción, acollemento e risco de embarazo; en situación de suspensión de funcións ou de excedencia voluntaria con dereito a reserva de posto de traballo. Tamén terá a condición de beneficiario o persoal adscrito a postos de natureza descontinua que se atope no período de inactividade; así como os que se xubilasen en 2021; en proporción ao tempo en que estiveron en activo.

      2. Convivir con cónxuxe, parella de feito, fillos ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme:
      a) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2022 nun grao igual ou superior ao 75 %.
      b) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2022 nun grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 75 % e perciba ingresos inferiores a 13.300 € anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.

    • Comprobación de datos e documentación que se debe acompañar coa solicitude

      1. A condición de beneficiario exixirá acreditar as seguintes circunstancias: a identidade do causante, o seu grao de discapacidade e data de recoñecemento; a convivencia do beneficiario e do causante; o parentesco ou suxeición a tutela e, se é o caso, os rendementos do traballo do causante.

      Consultaranse automaticamente, sempre que as persoas interesadas e os causantes así o autoricen na solicitude, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas: a) DNI ou NIE da persoa con discapacidade causante da axuda. b) Certificado de empadroamento de beneficiario e causante. c) Recoñecemento do grao de discapacidade da persoa con discapacidade causante da axuda. d) IRPF da persoa con discapacidade causante da axuda correspondente ao exercicio de 2020.

      2. No caso de non autorizar a consulta, deberán presentar os documentos correspondentes xunto coa solicitude. Para tales efectos, deberase acompañar con esta, segundo os casos, as copias que teñan a consideración legal de auténticas dos seguintes documentos: a) Identidade do causante: copia do DNI ou NIE do causante. b) Convivencia entre beneficiario e causante: certificado de empadroamento. c) Grao de discapacidade e data de recoñecemento: certificado do grao de discapacidade do causante e da data de recoñecemento. d) Parentesco ou relación de tutela: o parentesco ou a relación de parella de feito ou de tutela poderase acreditar, segundo os casos, mediante copia de todas as follas do libro de familia onde consten asentos, certificado literal de nacemento do solicitante ou do causante, certificado de matrimonio ou de inscrición no rexistro de parellas de feito, ou certificado literal de inscrición da tutela no Rexistro Civil. e) No caso de causantes cun grao de discapacidade inferior ao 75 %, certificado de imputacións do IRPF ou certificado da pensión de xubilación correspondente ao exercicio do ano 2020 da persoa do causante. f) No caso do persoal docente non universitario e profesorado de relixión, certificado da secretaría do centro de adscrición que acredite que teñen prestado servizos en tal condición no ano 2021 e que están en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes.

      3. Os interesados que foron beneficiarios da axuda correspondente ao exercicio 2020, salvo modificacións das circunstancias, estarán exentos de presentar a documentación indicada no punto anterior, excepto a correspondente á letra f).

    • Presentación de solicitudes

      En rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante trámite de solicitude xenérica (PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).

      Dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, unidade Dirección Xeral da Función Pública. No obxecto do asunto indicarase Convocatoria do fondo de acción social do ano 2021.

  • Fondo de Acción Social 2021

    Ligazón á páxina web do FAS

    Listaxes definitivas

    RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2020, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia. Ligazón

    Consulta das listaxes. Ligazón

    Listaxes provisionais

    Resolución. Ligazón
    Consulta das listaxes. Ligazón
    Prazo de reclamacións: do 2 ao 13 de agosto

    Información da Consellaría.

    Ligazón á páxina informativa do FAS

    Convocatoria 2021

    RESOLUCIÓN publicada o 18 de maio

    • Documentación que se debe acompañar coa solicitude e comprobación de datos

      A condición de beneficiario esixirá acreditar as seguintes circunstancias: a identidade do causante e o seu grao de discapacidade e data de recoñecemento; a convivencia do beneficiario e do causante; o parentesco ou suxeición a tutela e, se é o caso, os rendementos do traballo do causante. Ademais deberase acreditar que se está en servizo activo. Para tales efectos, deberase acompañar coa solicitude, segundo os casos, as copias que teñan a consideración legal de auténticas dos seguintes documentos:

      a) Identidade do causante: copia do DNI ou NIE do causante.

      b) Convivencia entre beneficiario e causante: certificado de empadroamento.

      c) Grao de discapacidade e data de recoñecemento: certificado do grao de discapacidade do causante e da data de recoñecemento.

      d) Parentesco ou relación de tutela: o parentesco ou relación de parella de feito ou de tutela poderase acreditar, segundo os casos, mediante copia de todas as follas do libro de familia onde consten asentos, certificado literal de nacemento do solicitante ou do causante, certificado de matrimonio ou de inscrición no rexistro de parellas de feito, ou certificado literal de inscrición da tutela no Rexistro Civil.

      e) No caso de causantes cun grao de discapacidade inferior ao 75%, certificado de imputacións do IRPF correspondente ao exercicio do ano 2019 da persoa do causante.

      f) No caso do persoal docente non universitario e profesorado de relixión, certificado da secretaría do centro de adscrición que acredite que prestaron servizos en tal condición no ano 2020 e que están en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes.

    O persoal que fora beneficiario da axuda correspondente ao exercicio 2019 (da convocatoria publicada no 2020), agás modificacións das circunstancias, estará exento de presentar a documentación indicada no punto anterior, agás a correspondente á letra e).

    Prazos

    19 de maio ao 1 de xuño

  • Fondo de Acción Social 2020

    Ligazón á páxina web do FAS

    Información da Consellaría.

    Ligazón á páxina informativa do FAS

    Resolución definitiva no DOG.

    Ligazón á resolución do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

    As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada contra a resolución ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte (mércores 4) ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    Resolución Provisional.

    Ligazón á resolución no DOG

    Contra a resolución provisional dos expedientes as persoas solicitantes poderán presentar reclamación e, se é o caso, emendar os defectos que motivan a exclusión provisional no prazo de dez días hábiles.

    Convocatoria 2020

    RESOLUCIÓN publicada o 20 de xullo

    Presentación da solicitude.

    Despois de anos de reclamacións logramos suprimir o trámite a realizar dentro dos centros educativos, polo que só teremos que presentar a solicitude nun rexistro (por ter que presentar a documentación cotexada) ou por medios telemáticos se non temos que presentar nova documentación.

    • Documentación que se debe acompañar coa solicitude e comprobación de datos

      A condición de beneficiario esixirá acreditar as seguintes circunstancias: a identidade do causante e o seu grao de discapacidade e data de recoñecemento; a convivencia do beneficiario e do causante; o parentesco ou suxeición a tutela e, se é o caso, os rendementos do traballo do causante. Para tales efectos, deberase acompañar coa solicitude, segundo os casos, as copias que teñan a consideración legal de auténticas dos seguintes documentos:

      a) Identidade do causante: copia do DNI ou NIE do causante.

      b) Convivencia entre beneficiario e causante: certificado de empadroamento.

      c) Grao de discapacidade e data de recoñecemento: certificado do grao de discapacidade do causante e da data de recoñecemento.

      d) Parentesco ou relación de tutela: o parentesco ou relación de parella de feito ou de tutela poderase acreditar, segundo os casos, mediante copia de todas as follas do libro de familia onde consten asentos, certificado literal de nacemento do solicitante ou do causante, certificado de matrimonio ou de inscrición no rexistro de parellas de feito, ou certificado literal de inscrición da tutela no Rexistro Civil.

      e)No caso de causantes cun grao de discapacidade inferior ao 75%, certificado de imputacións do IRPF correspondente ao exercicio do ano 2018 da persoa do causante.

    O persoal que fora beneficiario da axuda correspondente ao exercicio 2018 (da convocatoria publicada no 2019), agás modificacións das circunstancias, estará exento de presentar a documentación indicada no punto anterior, agás a correspondente á letra e).

    Prazos

    21 de xullo ao 3 de agosto do 2020.

  • Fondo de Acción Social 2019

    Ligazón á páxina web do FAS

    Listaxes definitivas

    RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2019 pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas (DOG do 28 de novembro de 2019). Ligazón

    Listado provisional

    Resolución anunciando a publicación das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas. Ligazón

    Convocatoria 2019

    RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2018 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. (DOG 02/09/2019)

    As persoas solicitantes deben completar en liña a solicitude e anexos na web específica para o FAS

    Prazos

    • Xeración de solicitudes e presentación nos centros educativos: do 2 ao 18 de setembro de 2019
    • Certificación das solicitudes por parte dos equipos directivos e devolución ás persoas solicitantes: até o 25 de setembro de 2019
    • Presentación por rexistro: até o 2 de outubro

    Importe da axuda

    Discapacidade do 33 % ao 64 %

    1.560 euros (130 €/mes)

    Discapacidade do 65 % ao 74 %

    1.800 euros (150 €/mes)

    Discapacidade desde o 75 %

    2.160 euros (180 €/mes)

    No caso de que a cualificación da discapacidade fose posterior ao 1.1.2018, ratearase a contía da dita axuda. No FAS do ano próximo a axuda incrementarase até os 180 en todos os casos.


    Información sobre a negociación desta axuda e posición da CIG ao respecto.

    Podes consultar cal foi a posición da CIG na negociación e a nosa protesta pola negativa da Xunta a recuperarmos o FAS na súa integridade (levamos perdidos máis de 57 millóns de euros nas diferentes partidas do PAS anuladas polo goberno Feijóo).

    Negociación do FAS: ligazón

    Críticas polos prazos da Xunta na publicación do FAS deste ano, que chega con  meses de retraso: ligazón

  • Fondo de Acción Social 2018

    Páxina web da Xunta: Ligazón

    CONVOCATORIA 2018

    RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2017 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. Ligazón

    PRAZOS

    • Xeración de solicitudes e presentación en servizos de persoal: do 13 de abril ao 4 de maio de 2018
    • Certificar as solicitudes (prazo dos certificadores): do 5 ao 29 de maio de 2018
    • Presentación por rexistro: do 30 de maio ao 19 de xuño de 2018
  • Fondo de Acción Social 2017

    Páxina web da Xunta: Ligazón

    CONVOCATORIA 2017

    RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2016 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. Ligazón

    PRAZOS

    • Xeración de solicitudes e presentación en servizos de persoal: do 8 de maio ata o 30 de maio de 2017
    • Certificar as solicitudes (prazo dos certificadores): do 31 de maio ata o 20 de xuño de 2017
    • Presentación por rexistro: do 21 de xuño ata o 11 de xullo de 2017  
  • Fondo de Acción Social 2016

    CONVOCATORIA

    RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2015, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. Ligazón 

    PRAZOS

    Prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas unha vez impresas nas unidades de persoal correspondente    

    20 días hábiles desde o día da publicación no DOG

    Prazo das unidades de persoal para entregar as solicitudes conformadas, completadas e asinadas ás persoas solicitantes

    15 días hábiles seguintes

    Prazo para presentar nos rexistros públicos as solicitudes e a documentación correspondente por parte dos solicitantes

    15 días hábiles seguintes

     

  • Fondo de Acción Social 2015

    RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2014 relativo á axuda para a atención de persoas con discapacidade (DOG 18-3-2015) Ligazón