Destinos provisionais secundaria
Normativa da adxudicación de destinos provisionais
ORDE do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional publicada no DOG do 14 de xuño de 2018. Ligazón
Convocatoria de destinos provisionais secundaria 2019-2020
Adxudicación definitiva.
Resolución definitiva (secundaria)
Adxudicación definitiva alfabética (secundaria)
Adxudicación definitiva por orde de adxudicación (secundaria)
Adxudicación provisional.
Resolución provisional (secundaria)
Adxudicación provisional alfabética (secundaria)
Adxudicación provisional por orde de adxudicación (secundaria)
Como presentar renuncias ou reclamacións.
Segundo se indica na propia aplicación, o prazo para renunciar e presentar alegacións é dende o 01/08/2019 ata o 03/09/2019.
Para renunciar á adxudicación provisional de destinos deben seguirse os seguintes pasos:
1º Acceder á aplicación CADP e autenticarse : https://www.edu.xunta.es/cadp/
2º Ir ao menú Instancias e indicar a ou as instancias ás que renuncia.
3º Descargar o documento PDF da renuncia ou renuncias.
4º Acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede
5º Sobre cada un dos expedientes nos que desexa renunciar, Acción > Renuncia
6º Encher os campos que se requiran e anexar o documento pdf da renuncia correspondente, seguir os pasos que se indican ata finalizar a presentación da renuncia.
Para facer unha alegación:
1º Acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede
2º Sobre cada un dos expedientes nos que desexa alegar, Acción > Alegacións
3º Encher os campos solicitados e presentar a mesma na Sede electrónica
Resolución coa convocatoria.
No DOG de hoxe, 26 de xuño, publícase a RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019 que convoca o Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais. Ligazón
Normas.
RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que desenvolve a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional. Ligazón
Xubilacións.
- Xubilacións dos corpos de secundaria: ligazón
Prazos. |
|
Prazo para participar |
Do 27 de xuño ao 17 de xullo |
Listaxes de profesorado obrigado a participar |
2 de xullo |
Prazo de reclamacións ás listaxes de participación |
5 días hábiles |
Prazo para participar do profesorado que aprobe as oposicións |
2 días hábiles desde a publicación da listaxe de persoas aprobadas |
Resolución provisional (datas previstas) |
Corpo de mestres: 26 de xullo. Corpos de Secundaria: 31 de xullo. |
Renuncias e reclamacións |
Corpo de mestres: 2 días hábiles após a resolución provisional. Corpos de Secundaria: até o 3 de setembro. |
PROFESORADO INTERINO. Prazo para limitar as substitucións en determinados concellos ou provincias |
Do 16 de xullo ao 17 de agosto |
Resolución definitiva |
Corpo de mestres: 1 de agosto. Corpos de Secundaria: 10 de setembro. |
Toma de posesión |
1 de setembro para o corpo de mestres. Na data prevista para a impartición efectiva das clases nos demais corpos |
-
Convocatoria de destinos provisionais secundaria 2018-2019
Resolución definitiva
Adxudicación definitiva de destinos. Ligazón
Texto da resolución. Ligazón
CIGNova adxudicación solucionando erros en conservatorios
Corrección de erros da resolución de CADP
Nova Listaxe coa adxudicación definitiva secundaria
Ligazón a nota da CIG Ensino sobre a nova adxudicación
Convocatoria.
RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018 (DOG 26 de xuño). Ligazón
CIGRecordade a obrigatoriedade de participar e de presentar as solicitudes na sede electrónica
Prazos
Do 27 de xuño ao 17 de xullo.
Listaxes de persoal
- Listaxe provisional de persoal en expectativa, prácticas e suprimido Ligazón
- Listaxe provisional de persoal interino e substituto Ligazón
Vacantes e xubilacións
- A Coruña: xubilacións, vacantes pendentes de recibilas.
- Lugo: xubilacións, vacantes pendentes de recibilas.
- Ourense: pendentes de recibilas.
- Pontevedra: pendentes de recibilas.
Resolucións
Provisionais.
Resolución provisional Secundaria publicada o 31 de xullo
Adxudicación provisional Secundaria publicada o 31 de xullo
O persoal concursante poderá presentar reclamacións ou renuncias á resolución provisional até o 3 de setembro.
As reclamacións ou renuncias formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De formular a reclamación ou a renuncia presencialmente, a persoa que a formule presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda
Definitivas: o 11 de setembro.
Reclamacións e renuncias
Desde o 31 de xullo (publicación da adxudicación provisional) até o 3 de setembro.
Normativa de aplicación
ORDE do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional. (DOG 14 de xuño de 2018) PDF
Táboa con todas as datas.
DATA DESCRICIÓN 26/06 DOG. Publicación da resolución de apertura de prazos de destinos provisionais 02/07 Relación provisional de profesorado obrigado a participar no CADP 09/07 Remata o prazo para reclamar a lista de profesorado obrigado a participar 16/07 Profesorado interino. Comeza o prazo para limitar as provincias, e nalgúns casos concellos, para cubrir substitucións 17/07 Remata o prazo de presentación de solicitudes do CADP OPOSICIÓNS 2 días hábiles para que quen aprobou as oposicións presente solicitudes (incluída nova instancia do persoal interino) 26/07 Relación definitiva de profesorado obrigado a participar no CADP 27/07 Previsto: resolución provisional do CADP do corpo de mestres 31/07 Previsto:
Remata o prazo de reclamacións no corpo de mestres.
Resolución provisional do CADP dos demais corpos docentes03/08 Previsto: resolución definitiva do CADP do corpo de mestres 17/08 Profesorado interino. Remata o prazo para limitar as provincias, e nalgúns casos concellos, para cubrir substitucións 03/09 Remata o prazo de reclamacións nos corpos de secundaria 11/09 Previsto: resolución definitiva do CADP dos corpos de secundaria Outras informacións.
-
Convocatoria de destinos provisionais 2017-2018
Convocatoria. ORDE do 13 de xuño de 2017 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2017/18 de secundaria. Ligazón
Resolución definitiva no DOG. Adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2017/18 (DOG 22/09/2017). Ligazón
Resolución definitiva por orde alfabética. Publicada na web da Consellaría (07/09/2017). Ligazón
Resolución provisional. Adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2017/18. Ligazón
Prazo de reclamacións: desde o 1 de agosto ao 2 de setembro, ambos incluídos. As reclamacións á resolución provisional deben dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. en Santiago de Compostela, ademais de por vía ordinaria, por correo electrónico a: persoal.secundaria@edu.xunta.es.
Instrucións para a toma de posesión. Ligazón
-
Convocatoria de destinos provisionais 2016-2017
Convocatoria
ORDE do 2 de xuño de 2016 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2016/17, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño (DOG 20/06/2016) Ligazón
Adxudicación defintiva de destinos provisionais de secundaria (DOG 15/09/2016) Ligazón
Anexo: Códigos localidades e centros
Prazo para cubrir a instancia na web
Para todo o profesorado desprazado e en expectativa de destino, profesorado en prácticas e pendente de nomeamento de funcionario de carreira, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso, interinas e interinos, substitutas e substitutos, o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no DOG.
Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016, o prazo será de tres días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación na lista de aprobados polos tribunais.
-
Convocatoria de destinos provisionais 2015-2016
CONVOCATORIA
ORDE do 9 de xuño de 2015 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2015/16, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e PES, PTFP, catedráticos e profesores de EOI, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño...(DOG 22-6-2015) Ligazón
Resolución definitiva
(10/09/2015) publicada na web a adxudicación definitiva por orde de adxudicación
(15/09/2015) Publicada no DOG a adxudicación definitiva por orde de adxudicación
Xúntanse as Instrucións para a toma de posesion do profesorado
(22/09/2015) Corrección de erros publicada no DOG
Resolución provisional.
(31/07/2015) Listaxe de vacantes
(31/07/2015) Adxudicación provisional por orde de adxudicación
Inspección.
(31/07/2015) Adxudicación provisional
O prazo para as reclamacións e renuncias será dende o día 31 de xullo ao 3 de setembro de 2015, ambos inclusive.
Prazo de presentación de instancias: Até o 13 de xullo incluído.
Lista de persoal interino e substituto 2015 Ligazón (O prazo de reclamación a esta lista remata o 12 de xullo incluído)
Datas previstas:
- Resolución provisional: 31 de xullo.
- Reclamacións e renuncias: Até o día 3 de setembro, este incluído.
- Resolución definitiva: 10 de setembro
- Toma de posesión: O profesorado tomará posesión no centro educativo de destino e incorporarase con efectividade económica e adminsitrativa da data fixada para o comezo do curso.
Atención profesorado interino e substituto: O profesorado interino e substituto que non desexa obter destino en calquera centro dunha provincia non deberá poñer na solicitude o código da provincia e limitarase a efectuar as peticións centro a centro ou por localidades.
Ligazón para participar (CADP)
-
Convocatoria de destinos provisionais 2014-2015
ORDE do 10 de xuño de 2014 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para ocurso académico 2014-2015, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño LIGAZÓN
Resolución definitiva por orde de adxudicación LIGAZÓN
Resolución definitiva por orde alfabética LIGAZÓN
Instrucións para a toma de posesión. LIGAZÓN
A Consellaría colgou na súa web, na tarde do 4 de agosto, a resolución provisional de destinos para todo o persoal docente que non ten destino definitivo. O prazo de reclamacións será do 6 ao 11 de agosto.
Resolución provisional.
Por orde de adxudicación. Ligazón
Por orde alfabética. Ligazón
Reclamacións:
Do 6 ao 11 de agosto ambos inclusive.
Profesorado de secundaria: Fax: 981545484. Correo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Resolución definitiva.
Corpos de secundaria: 9 de setembro
Ligazón ao CADP
-
Convocatoria de destinos provisionais 2013-2014
CONVOCATORIA
ORDE do 6 de xuño de 2013 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2013/14 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal o que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo. Ligazón
PARTICIPACIÓN
Aplicación para participar no CADP: Ligazón
PRAZO DE PARTICIPACIÓN
O prazo abranguerá dende o día 18 de xuño ata o 8 de xullo de 2013, ámbolos dous incluídos.
PRAZOS DE RESOLUCIÓNS
Resolución provisional o 31 de xullo.
Resolución definitiva antes do 12 de setembro.
LISTAXES DE PROFESORADO
Electores provisionais (18 de xullo). Ligazón
RESOLUCIÓN PROVISIONAL.
Adxudicación publicada o 2 de agosto. Ligazón
Adxudicación por orde alfabética publicada o 2 de agosto. Ligazón
A adxudicación provisional publicada o 31 de xullo contiña erros que foron subsanados, polo que se volveu publicar a adxudicación provisional o 2 de agosto.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA.
Ligazón á paxina web da Consellaría
Adxudicación definitiva por orde alfabética publicada o 11 de setembro Ligazón
Adxudicación definitiva por orde de adxudicación publicada o 11 de setembro Ligazón
Vacantes Ligazón
INSTRUCIÓNS PARA A TOMA DE POSESIÓN.
O prazo para tomar posesión no centro educativo de destino é de 48 horas desde a publicación da adxudicación na páxina web de Educación.
Instrucións proporcionadas pola Consellaría para a toma de posesión. Ligazón
INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLARÍA
VACANTES PROVISIONAIS
Vacantes publicadas posteriormente á adxudicación provisional. Descargar
VACANTES DEFINTIVAS
-
Convocatoria de destinos provisionais 2012-2013
CONVOCATORIA
ORDE do 5 de xuño de 2012 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional, para o curso académico 2012-2013, entre o persoal docente pertencente aos corpos de PES, PTFP, EOI, Música e Artes Escénicas (DOG 15-6-2012) Ligazón
PRAZO DE PARTICIPACIÓN
Vinte días naturais contados a partir da publicación da convocatoria no DOG.
PRAZOS
Adxudicación definitiva antes do 12 de setembro.
LISTAXES DE PROFESORADO
Profesorado en expectativa de destino para o curso 2012/13. Ligazón
Profesorado interino e subsituto para o curso 2012/13. Ligazón
RESOLUCIÓN PROVISIONAL. Na web da Consellaría de Educación desde o 31 de xullo
Listaxe por especialidades: Ligazón
RESOLUCIÓN DEFINITIVA. Publicada na web da Consellaría o 11/09/2012. Ligazón
No DOG do 17 de setembro. Ligazón
INSTRUCIÓNS PARA A TOMA DE POSESIÓN. Ligazón
INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLARÍA
-
Convocatoria de destinos provisionais 2011-2012
ADXUDICACIÓN:
Resolucion provisional por especialidades publicada na páxina web da Consellaría o 29 de xullo. Ligazón
-
Prazo de reclamacións: deberán facerse por escrito desde o momento desta publicación até o 4 de setembro
Resolucion definitivaTOMA DE POSESIÓN:
- Instrucións para a toma de posesión do profesorado con destino provisional para o curso 2011/12.Ligazón
CONVOCATORIA
Convocatoria de destinos provisionais para o corpo de secundaria. ORDE do 24 de xuño de 2011 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2011-2012, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal opositor do ano 2011, persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo. Ligazón
INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLARÍA
Toda a información sobre os destinos provisionais colgada na web da Consellaría. Ligazón
Aplicación para concursar. Ligazón
-
-
Convocatoria de destinos provisionais 2010-2011
Convocatoria
Corrección de erros
Información da Mesa sectorial
Información do debate na Mesa Sectorial o día 26-5-10. Ligazón
Participación no concurso
Listaxe de profesorado en expectativa, interino e substituto (páxina consellaría 1-7-10) .
Prazo de reclamación contra esta listaxe: do 1 ao 10 de xullo (base trixésima da convocatoria de destinos provisionais)
Ligazón (accédese no apartado "entrar" mediante a conta de correo da xunta e mailo contrasinal da mesma)
Adxudicación definitiva
Adxudicación definitiva PES e EOI
Adxudicación definitiva PTFP, CMUS
Adxudicación Provisional
Notas de prensa da CIG previas a esta adxudicación (21/7/10) e 29/7/10
Adxudicación por corpos e especialidades (30-7-10)
Adxudicación por orde alfabética (web consellaría 30-6-10)
Reclamacións e renuncias: desde a resolución provisional ata o 04-09-10 (incluído)
Modelo Reclamación á resolución provisional
Vacantes
Vacantes provisionais: Ligazón
Prazos previstos
Período de concurso: ata o 27 de xullo
Resolución provisional: 30 de xullo de 2010 (previsto)
Reclamacións e renuncias: desde a resolución provisional ata o 04-09-10
Resolución definitiva:14 de setembro de 2010 (previsto)
Novidades
Desdobre de listaxes
Listaxes de PES e PTFP que viñan funcionando como listaxe única e que agora se desdobran (a efectos de interinidades e substitucións):
-
Lista de “Clásicas” desdóbrase en: “Latín” e “Grego”
-
Lista de “Administración de empresas” desdóbrase en: “Administración de empresas” e “Economía”
-
Lista de “Procesos diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos” desdóbrase en. “Procesos diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos” e “Procesos sanitarios”.
-
Lista de “Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico” desdóbrase en: “Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico” e “Procedementos asistenciais”
O profesorado que vaia a figurar nas dúas listaxes (será así se reúne requisitos de titulación) deberá entregar unha instancia por cada unha das especialidades en que se desdobran (ver apartado presentación de varias solicitudes).
Agrupamento especialidades
a) As especialidades agrupadas caracterízanse porque serán adxudicadas conxuntamente.
CASO 1: As/Os funcionarias/os de carreira que sexan titulares de máis dunha especialidade das agrupadas solicitará todas as prazas que desexen nunha única instancia.CASO 2: O persoal docente interino e substituto que estea en máis dunha lista das especialidades agrupadas formalizará unha solicitude por cada especialidade.
b) Son especialidades de PES de FP agrupadas as seguintes:
- “Sistemas electrotécnicos e automáticos” e “Organización e proxectos de sistemas enerxéticos”.
- “Análise e Química industrial”, “Procesos de produción agraria” e “Procesos na industria alimentaria”.
c) Son especialidades agrupadas de Profesores técnicos de FP:
- “Mecanizado e mantemento de máquinas” e “soldadura”.
- “Instalacións electrotécnicas” e “instalación e mantemento de equipos térmicos e fluídos”.
- “Perruquería” e “Estética”.
- “Operacións de produción agraria” e “Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios”.
- “Cociña e pastelería” e “Servizos de restauración”.
Presentación de varias solicitudes
Como norma xeral,o persoal que estea, ou vaia estar, en máis dunha lista de interinidades, debe presentar unha solicitude por cada unha. Para obter destino na especialidade e corpo concreto, haberá que renunciar, no prazo, ao resto de solicitudes presentadas, senón a adxudicación será segundo a orde estabelecida na convocatoria.
Comisións de servizo:
As/os funcionarias/os do corpo de mestres e secundaria que solicitaron comisión de conciliación da vida laboral e familiar non poden participar no concurso, pois teráselles en conta a petición de destinos feita na solicitude da comisión. Para o persoal que solicitou comisión de saúde e non ten destino definitivo, pode participar no concurso de destinos provisionais cubrindo outra petición de destinos, por se non é adxudicado dentro dos destinos cubertos na solicitude da comisión de servizos.
Outras informacións
Códigos de provincias
Marcar provincia no concurso de destinos provisionais non quere dicir que, como profesor/a interino/a ou substituto/a, optes a esas provincias para as substitucións no curso 10-11. Marcar provincia na solicitude implicará que se non se obtén destino en ningún dos códigos cubertos na solicitude, que che adxudicarán de oficio en calquera centro desa provincia (incluíndo prazas con afíns e itinerantes, se na solicitude así se marcaron).
Por outra banda, unha vez publicada a adxudicación definitiva deste concurso, a Consellaría habilitará unha aplicación informática para que, se así o desexas, escollas a provincia ou provincias nas que desexes facer substitucións durante o curso 10-11 (de non facelo optas a todas as provincias).Entrega por rexistro de solicitudes
Non hai que presentar por rexistro a/as solicitudes, nin en Mestres nin en Secundaria. A solicitude que se terá en conta será a última que se modifique dentro do prazo. Se fas modificacións da túa solicitude, desde a CIG recomendámosche que presentes por rexistro a solicitude (non o fagas no rexistro do teu centro).
Persoal funcionario de carreira titular de máis dunha especialidade: Este persoal deberá cubrir unha solicitude por cada unha das especialidades das que sexa titular, sen prexuízo de que poida renunciar á solicitude dalgunha especialidade durante o prazo establecido na correspondente orde.
Profesorado definitivo de EOI: pode participar neste concurso a seccións ou outras EOI
Baixa médica e toma de posesión (profesorado Interino e substituto):
"Aquelas persoas interinas ou substitutas que non poidan tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por atoparse de baixa por enfermidade reservaráselle o posto ata que se atopen en situación de alta”. Polo tanto, se che adxudican vacante definitiva no concurso de destinos provisionais e estás de baixa médica non podes tomar posesión. Comunica esta situación tanto ao centro adxudicado como ao Departamento territorial correspondente (para que non te borren das listas -por non acudir ao centro- e tamén para que te substitúan mentres dure esa situación).
Maternidade, paternidade, adopción ou acollemento (interinos/as, substitutos/as e parados/as)
a) Persoal que estea prestando servizos: "aquel persoal que non poida tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por estar gozando do permiso de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento reservaráselle o posto mentres dure o permiso. Comunica esta situación tanto ao centro adxudicado como ao Departamento territorial correspondente.
b) Persoal que non estea prestando servizos e reunise os requisitos para estar gozando do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento: se che adxudican unha praza na resolución definitiva no concurso,tomarás posesión coa finalidade de que os servizos que lle correspondería prestar che sexan recoñecidos para os efectos administrativos. Ponte en contacto co Departamento territorial correspondente antes de "tomar posesión" no centro adxudicado.
Renuncias e reclamacións á resolución provisional do concurso
Reclamacións
O prazo de reclamacións á Adxudicación Provisional podes velo na sección anterior de Prazos Previstos. Podes facer a reclamación utilizando o seguinte modelo:
Modelo Reclamación á resolución provisional
Renuncias
O profesorado interino ou substituto que queira renunciar a este concurso (por coidado dun fillo menor de 6 anos, dunha persoa maior ao cargo, por un contrato de traballo temporal, por enfermidade grave, por ter concedida unha bolsa de estudos,....) debe facelo dentro dos prazos estabelecidos, adxudíquenlle ou non praza na provisional. De non renunciar e, logo serlle adxudicada unha praza na resolución definitiva non poderá renunciar a ela (agás que a causa que xustifique sexa sobrevida ao prazo de renuncias).
-
páxina 1 de 2