Lexislación da lingua galega no ensino e normativa

Lei de Normalización lingüística. Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (D.O.G.14/07/83). Ligazón

Decreto de pluriligüismo. Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza.(DOG 25/05/2010). Ligazón

Instrución para  a  aplicación  do  Decreto  79/2010,  do  20  de maio,  para  o plurilingüismo  no  ensino  non universitario  de Galicia,  tras  os pronunciamentos das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre este Ligazón

Exención lingua galega. Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2014, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non Universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega. Ligazón

CELGAs e Certificacións.

Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega. Ligazón

Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega. Ligazón

Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos depen- dentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Ligazón

ORDE do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería. Ligazón

Lexislación derrogada:

* Decreto 124/2007 sobre uso e promoción do galego no sistema educativo galego. Ligazón

Normativa oficial da lingua galega.

Cadro resumo dos cambios incorporados na nova normativa legal aprobada en 2003. Ligazón

Lingua e igualdade. 

AX(e)ITAR A LINGUA. Orientacións para unha comunicación inclusiva no ensino.

Montse Pena Presas
María Caamaño Rojo

Desde a CIG-Ensino e a AS-PG sempre fomos conscientes de que a formación do profesorado é fundamental para a mellora da calidade do ensino.

Un profesorado formado será quen de transmitirlle ao alumnado unha serie de valores que cheguen a ser xerme dunha mellora progresiva da nosa sociedade.

Cuestións como o feminismo ou o respecto pola diversidade sexual tórnanse contidos transversais sobre os que todo o profesorado necesita posuír unha formación que se fai cada día máis imprescindíbel (Ana Rodiño).

Ligazón

Linguaxe non sexista.

Recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista.

Documento publicado pola CIG Ensino no ano 2017 na que se inclúen recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista no ensino así como unha relación de termos relacionados coas actitudes sexistas.

Ligazón

Guía de Uso dunha linguaxe inclusiva e repectuosa coa diversidade na CIG.

A lingua non é sexista, pero si o é o uso que dela facemos. A linguaxe é o medio a través do cal nos comunicamos, polo tanto reflicte o pensamento colectivo, e con el estamos a transmitir unha gran parte da forma de pensar, sentir e actuar de cada sociedade”. Así comezaba a introdución da Guía de recomendacións para unha linguaxe non discriminatoria editada pola CIG no ano 2006. Desde aquela, na nosa central sindical déronse pasos firmes dirixidos a mudar o noso xeito de comunicarnos, chegando a formar parte do articulado dos Estatutos da CIG.

Ligazón