Licenzas por formación

Licenzas por formación para o curso 2024-25

Resolución definitiva

Resolución. Ligazón
Resolución definitiva. Ligazón

Resolución provisional

Resolución. Ligazón
Temáticas preferentes. Ligazón
Resolución provisional. Ligazón
Prazo de reclamacións: do 1 ao 14 de agosto. Ligazón con instrucións

Convocatoria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan licenzas por formación para o curso académico 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión. Ligazón

Prazo de participación

Ata o 22 de xullo

  • Licenzas por formación para o curso 2023-24

    Resolución provisional

    Resolución. Ligazón
    Anexo. Ligazón
    Prazo de reclamacións: do 21 de xullo ao 4 de agosto

    Convocatoria

    Convocadas as licenzas por formación para o curso 2023/2024 destinadas ao funcionariado docente non universitario. Ligazón

    Prazo de participación

    Ata o 27 de xuño de 2023 (incluído) na web de Fprofe.

    Destinatarias

    Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten as ensinanzas establecidas na LOE, destinado no período indicado en centros educativos públicos dependentes da consellería, de acordo coa seguinte prelación:

    • MODALIDADES INDIVIDUAIS

    a) Persoal docente funcionario de carreira que non gozou de licenza por formación nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22) .

    b) Persoal docente funcionario de carreira que gozou de licenza por formación nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22) .

    c) Persoal docente interino.

    • MODALIDADES DE GRUPO

    Con carácter xeral estarán conformados por persoal funcionario de carreira ou con non máis do 50% dos seus compoñentes persoal docente interino, aplicarase a seguinte orde de prelación:

    1º.- Todos eles sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22).

    2º.- Algún sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22).

    3º.- Todos eles con licenza nas dúas últimas convocatorias 2020/21 e 2021/22).

    Requisitos

    As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Persoal docente funcionario de carreira.

    1. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2021/21 e 2022/23, e no 2023/24 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

    2. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2023/24, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores, o persoal das escolas oficiais de idiomas e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

    3. Cando as persoas participantes fosen beneficiarias dunha licenza por formación nalgunha das tres últimas convocatorias, a obtención da cualificación de apto no traballo desenvolvido será condición indispensable para a obtención dunha licenza nesta convocatoria.

    b) Persoal docente funcionario en prácticas

    Poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

    c) Persoal docente interino.

    Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tal ata o remate do curso académico correspondente.

    Modalidades.

    Convócanse 3 modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

    Modalidade 1. Proxectos para a elaboración ou actualización de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial.

    1.a. Proxectos individuais

    Meses convocados: 130

    Duración: 3 meses

    1.b. Grupos de traballo de dous ou tres membros

    Meses convocados: 170

    Duración: dun a tres meses

    Modalidade 2. Proxectos individuais ou en grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado dentro do modelo competencial da Rede de Formación e do marco da Competencia Dixital Docente.

    Meses convocados: 130

    Duración: dun a tres meses

    Temáticas preferentes

    Modalidade 3. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para os cursos de especialización das ensinanzas de FP.

    Meses convocados: 70

    Duración: mes e medio (entre o 15 de setembro e o 31 de outubro de 2023)

  • Licenzas por formación para o curso 2021-22

    Resolución definitiva

    Resolución. Ligazón

    Listaxe definitiva ordenada por modalidade. Ligazón

    Listaxe definitiva por orde alfabética. Ligazón

    Resolución provisional.

    Resolución. Ligazón
    Baremo. Ligazón

    Convocatoria.

    Convocadas as licenzas por formación para o curso 2021/2022 destinadas ao funcionariado docente non universitario. Ligazón

    Prazo de inscrición

    Até o 25 de xuño (incluído)

    Destinatarias.

    Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten as ensinanzas establecidas na LOE, destinado este curso académico en centros educativos públicos dependentes da consellería, de acordo coa seguinte prelación:

    Orde de prelación

    • MODALIDADES INDIVIDUAIS:

    a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

    b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

    c) Persoal interino.MODALIDADES DE GRUPO, que con carácter xeral estarán conformados por persoal funcionario de carreira ou con non máis do 50% dos seus compoñentes persoal interino:

    1º.- Todos eles sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

    2º.- Algún sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

    3º.- Todos eles con licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

    No caso de quedaren prazas vacantes, estas poderían ser concedidas a grupos conformados por máis do 50% dos seus compoñentes persoal interino, coa seguinte orde de prelación:

    1º.- Todos eles sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

    2º.- Algún sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

    3º.- Todos eles con licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

    Requisitos

    As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Persoal docente funcionario.

    • Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2019/20 e 2020/21, e no 2021/22 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

    • Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2021/22, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores, o persoal das escolas oficiais de idiomas e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

    b) Persoal en prácticas

    O persoal en prácticas poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

    c) Persoal interino.

    Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tal ata o remate do curso académico correspondente.

    Modalidades.

    Convócanse seis modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

    Modalidade 1. Proxectos individuais para a elaboración ou actualización de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato e ensinanzas de réxime especial.

    Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

    • Submodalidade 1.a. Elaboración de materiais curriculares dixitais inéditos.

    • Submodalidade 1.b. Actualización de materiais existentes, que inclúa a adaptación normativa e lingüística, respectando a súa autoría e cumprindo co establecido no apartado décimo quinto desta convocatoria. Os materiais adaptados nesta submodalidade deberán cumprir os mesmos requisitos e características que os materiais de nova creación.

    Duración de 1 a 3 meses no caso da modalidade 1.a, de acordo co cronograma do proxecto aprobado, e de 1 mes na modalidade 1.b.

    Meses convocados: Submodalidade 1a: 100. Submodalidade 1b: 20.

    Modalidade 2. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato e ensinanzas de réxime especial.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2021 e o 30 de xuño de 2022).

    Meses convocados: 120

    Modalidade 3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de FP.

    Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

    • Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras. Ademais, deberán integrar a perspectiva de xénero co fin de producir materiais curriculares plenamente coeducativos e empregarán unha linguaxe non sexista e inclusiva.

    • Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores, entendendo por actualización a posta ao día dos contidos destes materiais dentro do ámbito procedente (científico, tecnolóxico, lexislativo...) e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2021 e o 30 de xuño de 2022).

    Meses convocados: Submodalide 3.a: 24. Submodalidade 3.b: 6.

    Modalidade 4. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de FP.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2021 e o 30 de xuño de 2022).

    Meses convocados: 70

    Modalidade 5. Proxectos individuais ou en grupos de dous a tres membros para a creación ou a remodelación de cursos non presenciais para a formación do profesorado dentro do modelo competencial da Rede de Formación.

    Duración: de 1 a 3 meses para a creación individual dun curso novo, ou de ata 6 se é en grupo; para a remodelación dun curso existente a duración máxima será de 2 meses se a licenza é individual ou ata 4 meses se é en grupo, de acordo co cronograma do proxecto aprobado.

    Meses convocados: 60

    Modalidade 6. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares para os cursos de especialización das ensinanzas de FP.

    Duración: mes e medio (desde o 15 de setembro ata o 31 de outubro de 2021).

    Meses convocados: 100

    Documentación necesaria

    • Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria.

    • Proxecto de traballo que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.

    • A demais documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.

  • Licenzas por formación para o curso 2019-20

    Resolución provisional.

    Ligazón

    Convocatoria.

    Convocadas as licenzas por formación para o curso 2019/2020 destinadas ao funcionariado docente non universitario. Ligazón

    • Preinscrición: ata o 12 de xuño (incluído). REQUISITO OBRIGATORIO

    • Inscrición: ata o 21 de xuño (incluído).

    Destinatarios.

    Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2019/2020 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Nas modalidades de grupo, que con carácter xeral estarán conformados por persoal funcionario de carreira ou con non máis do 50% dos seus compoñentes persoal interino, aplicarase a seguinte orde de prelación:

    1º.- Todos eles sen licenza nos dous últimos cursos (2017/18 e 2018/19).

    2º.- Algún sen licenza nos últimos dous cursos (2017/18 e 2018/19).

    3º.- Todos eles con licenza nos últimos dous cursos (2017/18 e 2018/19).

    No caso de quedaren prazas vacantes estas poderían ser concedidas a grupos conformados por máis do 50% dos seus compoñentes persoal interino, coa seguinte orde de prelación:

    1º.- Todos eles sen licenza nos dous últimos cursos (2017/18 e 2018/19).

    2º.- Algún sen licenza nos últimos dous cursos (2017/18 e 2018/19).

    3º.- Todos eles con licenza nos últimos dous cursos (2017/18 e 2018/19).

    Requisitos.

    As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Persoal docente funcionario.

    1º. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2017/18 e 2018/19, e no 2019/20 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

    2º. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2019/20, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

    3º. Cando os participantes fosen beneficiarios dunha licenza por formación no curso 2018/19, a obtención da cualificación de apto no traballo desenvolvido será condición indispensable para a obtención dunha licenza nesta convocatoria.

    b) Persoal en prácticas

    O persoal en prácticas poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

    c) Persoal interino.

    Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso académico correspondente.

    Modalidades:

    Convócanse seis modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

    1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria (ESO) e bacharelato.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020).

    Meses convocados: 80

    2. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria (ESO) e bacharelato.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020).

    Meses convocados: 80

    3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

    Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

    Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

    Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020).

    Meses convocados: Submodalide 3.a: 24. Submodalidade 3.b: 6.

    4. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020).

    Meses convocados: 70

    5. Proxecto indiviual ou en grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

    Duración de 1 a 3 meses (entre o 15 de setembro e o 30 de decembro de 2019)

    Meses convocados: 40

    6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

    Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario que acredite como mínimo o nivel B2 en lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) ou teña coñecemento equivalente acreditable segundo a Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta Consellería, agás o establecido para o profesorado actualmente en seccións bilingües, na disposición adicional primeira.

    Duración: mínima dun mes e máxima de tres meses (do 15 de setembro de 2019 ao 31 de agosto de 2020).

    Este perfeccionamento levarase a cabo mediante cursos centrados no perfeccionamento lingüístico intensivo, de cando menos 20 sesións semanais de, como mínimo, 45 minutos cada unha, realizados en todo caso nun país estranxeiro, con preferencia para países da Unión Europea, Estados Unidos e Canadá. Estes cursos deberán estar vinculados ao Marco común europeo de referencia para as linguas ou de metodoloxía CLIL/AICLE (aprendizaxe integrada de contidos e linguas).

    Meses convocados: 200

    Documentación necesaria

    • Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria.
    • Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.
    • A demais documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.
  • Licenzas por formación para o curso 2018-2019

    Publicación.

    Resolución definitiva

    Puntuación definitiva

    Convocatoria.

    Resolución do 15 de maio de 2018 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2018/19 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión. Ligazón

    Prazos de preinscrición e inscrición:

    • Preinscrición: ata o 4 de xuño (incluído). REQUISITO OBRIGATORIO

    • Inscrición: ata o 25 de xuño.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no portal educativo.

    Destinatarios:

    Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2018/19 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte prelación:

    a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2016/17 e 2017/18).
    b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2016/17 e 2017/18).
    c) Persoal interino.

    Requisitos

    As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Persoal docente funcionario.

    1º. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2016/17 e 2017/18, e no 2018/19 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

    2º. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2018/19, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

    3º. Cando os participantes fosen beneficiarios dunha licenza por formación no curso 2017/18, a obtención da cualificación de apto no traballo desenvolvido será condición indispensable para a obtención dunha licenza nesta convocatoria.

    b) Persoal en prácticas

    O persoal en prácticas poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

    c) Persoal interino.

    Para estes efectos entenderase como profesor interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso académico correspondente.

    Modalidades:

    Convócanse seis modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

    Modalidade 1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria. Os materiais deberán incluír aspectos tanto de atención á diversidade como de convivencia nestes niveis.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019).

    Meses convocados: 80

    Modalidade 2. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria. Os materiais deberán incluír aspectos tanto de atención á diversidade como de convivencia nestes niveis.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019).

    Meses convocados: 80

    Modalidade 3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

    Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

    ·         Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

    ·         Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias entendendo por actualización a posta ao día dos contidos destes materiais dentro do ámbito procedente (científico, tecnolóxico, lexislativo...), e simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019).

    Meses convocados: Submodalide 3.a: 24. Submodalidade 3.b: 6.

    Modalidade 4. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019).

    Meses convocados: 70

    Modalidade 5. Proxecto indiviual ou en grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

    Duración de 1 a 3 meses (segundo trimestre do curso 2018/19)

    As persoas participantes nesta modalidade deberán demostrar competencia avanzada en Moodle 23.6, para o que deberán realizar unha formación específica sobre o deseño e creación dun curso na Rede de Platega durante o primeiro trimestre do curso 2018/19, salvo que se acredite que xa teñen o nivel de coñecemento preciso. A concesión desta licenza queda supeditada á avaliación positiva desta formación.

    Meses convocados: 40

    Modalidade 6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

    Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario que acredite como mínimo o nivel B2 en lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) ou teña coñecemento equivalente acreditable segundo a Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta Consellería, agás o establecido para o profesorado actualmente en seccións bilingües, na disposición adicional primeira.

    Duración: mínima de 1 mes e máxima de 3 meses (do 15 de setembro de 2018 ao 31 de agosto de 2019).

    Ten por obxecto o perfeccionamento da lingua estranxeira correspondente e a consecución da cualificación necesaria para promover a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües.

    Este perfeccionamento levarase a cabo mediante cursos centrados no perfeccionamento lingüístico intensivo, de cando menos 20 sesións semanais de 45 minutos cada unha, realizados en todo caso nun país estranxeiro, con preferencia en países da Unión Europea, Estados Unidos e Canadá. Estes cursos deberán estar vinculados ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MEERL) ou de metodoloxía CLIL.

    Meses convocados: 200

    Documentación necesaria

    •  Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria.
      Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.

    •  A demais documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.

    •  Relación numerada e asinada da documentación presentada.

    Máis información

    Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.es

    ·         881 99 76 35. Cuestións administrativas e modalidade 6.

    ·         981 52 24 11 (CAFI-Departamento TIC). Incidencias con Fprofe e modalidades 1, 2 e 5.

    ·         981 54 65 52. Modalidades 3 e 4.

  • Licenzas por formación para o curso 2017-2018

    Prazos de preinscrición e inscrición:

    • Preinscrición: ata o 20 de maio (incluído). REQUISITO OBRIGATORIO
    • Inscrición: ata o 10 de xuño.

    Destinatarios/as:

    Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2017/18 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte prelación:

    a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2015/16 e 2016/17). b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2015/16 e 2016/17). c) Persoal interino.

    Requisitos

    As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Persoal docente funcionario.

    1º. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2015/16 e 2016/17, e no 2017/18 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

    2º. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2017/18, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

    3º. Cando os participantes fosen beneficiarios dunha licenza por formación no curso 2016/17, a obtención da cualificación de apto no traballo desenvolvido será condición indispensable para a obtención dunha licenza nesta convocatoria.

    b) Persoal en prácticas

    O persoal en prácticas poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

    c) Persoal interino.

    Para estes efectos entenderase como profesor interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso académico correspondente.

    Modalidades:

    Convócanse seis modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

    1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil,educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2017 e o 30 de xuño de 2018).

    Meses convocados: 80

    2. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2017 e o 30 de xuño de 2018).

    Meses convocados: 80

    3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

    Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

    ·         Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

    ·         Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2017 e o 30 dexuño de 2018).

    Meses convocados: Submodalide 3.a: 24. Submodalidade 3.b: 6.

    4. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

    Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2017 e o 30 de xuño de 2018).

    Meses convocados: 70

    5. Proxecto indiviual ou en grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

    Duración de 1 a 3 meses (entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2017)

    Meses convocados: 40

    6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

    Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario que acredite como mínimo o nivel B2 en lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) ou teña coñecemento equivalente acreditable segundo a Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta Consellería, agás o establecido para o profesorado actualmente en seccións bilingües, na disposición adicional primeira.

    Duración: mínima de 1 mes e máxima de 3 meses (do 15 de setembro de 2017 ao 31 de agosto de 2018).

    Ten por obxecto o perfeccionamento da lingua estranxeira correspondente e a consecución da cualificación necesaria para promover a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües.

    Este perfeccionamento levarase a cabo mediante cursos centrados no perfeccionamento lingüístico intensivo, realizados en todo caso nun país estranxeiro, vinculado ao Marco común europeo de referencia para as linguas ou de metodoloxía AICLE/CLIL.

    Meses convocados: 200

    Documentación necesaria

    •  Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria. Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.

    •  A demais documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.

    •  Relación numerada e asinada da documentación presentada.

    Máis información

    Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.es

    ·         881 99 76 35. Cuestións administrativas e modalidade 6.

    ·         981 52 24 11 (CAFI-Departamento TIC). Incidencias con Fprofe e modalidades 1, 2 e 5.

    ·         981 54 65 52. Modalidades 3 e 4.

    Resolución do 9 de maio de 2017

     

  • Licenzas por formación para o curso 2016-2017

    Convocatoria:

    Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2016/17 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión (DOG 21/06/2016)  Ligazón

    Prazo de presentación: Un mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria (DOG 21/06/2016)

    Modalidades:

    1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.

    2. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.

    3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

    4. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

    5. Proxecto indiviual ou en grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

    6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

    Resolución Definitiva de licenzas por formación concedidas para o curso 2016-17Ligazón

  • Licenzas por formación para o curso 2015-2016

    ORDE do 4 de xuño de 2015 pola que se convocan licenzas por formación para 
    o curso 2015/16 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se 
    aproban as bases de concesión (código ED305B). (DOG 16-06-2015) Ligazón

    Resolución definitiva. ORDE do 4 de setembro de 2015 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/16 destinadas ao funcionariado docente non universitario . (DOG 16/09/2015). Ligazón

    Modalidades.
    1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para primaria e secundaria e atención á diversidade
    2. Grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais en primaria e secundaria e atención á diversidade

    3. Proxecto individual para a creación de materiais curriculares plurilíngües para as ensinanzas de formación profesional.

    a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

    b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

    4. Grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares plurilígües para as ensinanzas de formación profesional.
    5. Grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

    6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

    Prazo de solicitudes.

    O prazo de presentación será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no DOG que foi o 16 de xuño

    Listaxes coas puntuacións.

    Provisionais. Ligazón

    Definitivas. Ligazón

  • Licenzas por formación para o curso 2013-2014

    Convocatoria. ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2013/14 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión. Ligazón. 

    Modalidades.

     

    0. Licenza sen retribución.
    1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para primaria e secundaria.
    2. Grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais en primaria e secundaria.
    3. Proxecto individual para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional.
    4. Grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional.
    5. Grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.
    6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.
    Prazo de solicitudes. 1 mes a partir do 15 de xuño.
  • Licenzas por formación para o curso 2012-2013
    LICENZAS POR FORMACIÓN.

    Convocatoria. ORDE do 27 de xuño de 2012 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2012/13 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión. Ligazón  

    Resolución definitiva. Publicación da resolución definitiva do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2012-2013 (web da Consellaría o 13-09-12). Ligazón

    ESTADÍAS DE FORMACIÓN EN LINGUAS EN CANADÁ E FRANCIA.

    Convocatoria. Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se fai pública a oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras  en Canadá e Francia. Ligazón 

    Ampliación da oferta. Resolución que amplía a oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras  en Francia (web da Consellaría o 18-09-12). Ligazón

    Resolución definitiva Publicación da resolución definitiva do profesorado seleccionado para a formación en Canadá e Francia (web da Consellaría). Ligazón