Listaxes abertas para interinidades e substitucións

  • Francés (corpo de mestras), Francés, Informática, Sistemas electrónicos, Sistemas electrotécnicos e automáticos (corpo de secundaria), Equipos electrónicos, Instalacións electrotécnicas, Sistemas e aplicacións informáticas, Soldadura (corpo a extinguir de PTFP), Árabe, Chinés, Italiano, Xaponés (EOI) e Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco, Danza aplicada á artedramática, Dramaturxia, Espazo escénico, Literatura dramática, Técnicas escénicas, Técnicas gráficas (corpo de música e artes escénicas).

    Resolución 597
    Resolución 590 e 591
    Resolución 592 e 594

    Prazo de presentación: desde o mércores 22 de marzo até o martes 4 de abril, ambos incluídos.

    Corpo de mestras: Lingua estranxeira: francés.
    Corpo de secundaria: Francés, Informática, Sistemas electrónicos, Sistemas electrotécnicos e automáticos.
    Corpo a extinguir de PTFP: Equipos electrónicos, Instalacións electrotécnicas, Sistemas e aplicacións informáticas, Soldadura.
    Corpo de EOI: Árabe, Chinés, Italiano, Xaponés.
    Corpo de profesorado de música e artes escénicas: Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco, Danza aplicada á artedramática, Dramaturxia, Espazo escénico, Literatura dramática, Técnicas escénicas, Técnicas gráficas.

Como inscribirte nas listas

  • Saxofón

    Resolución do 10 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas (594), especialidade saxofón (424).

    • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.
       
  • Audioloxía prótesica

    Resolución do 11 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, como profesor especialista, no corpo de profesores técnicos de formación profesional, para impartir o ciclo superior en audioloxía prótesica -código 591250- (módulo profesional de elaboración de moldes e protectores auditivos, módulo de elección e adaptación de próteses auditivas).

    • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.