Laura Arroxo substitúe a Suso Bermello á fronte da CIG-Ensino no seu IX Congreso

 
A nova secretaria nacional comprometeuse a seguir actuando de dique de contención das políticas do PP e chamou á unidade do profesorado para recuperar dereitos e mellorar a atención ao alumnado

 

 

A CIG-Ensino reelixe a Suso Bermello como secretario nacional no seu VIII Congreso

 
Renovou os seus órganos de dirección e definiu os seus obxectivos para o próximo período.

A CIG-Ensino reelixiu este sábado a Suso Bermello como secretario nacional por 133 votos a favor, 0 nulos e 9 en branco no seu VIII Congreso, no que as 200 delegadas/os asistentes analizaron o traballo desenvolvido neste período e definiron as liñas de acción sindical que guiarán á federación nos vindeiros catro anos.

O VIII Congreso elixiu tamén a nova executiva que recibiu 141 votos a favor, 0 nulos e 1 en branco e queda conformada por Suso Bermello García, Laura Arrojo Reguera, Xosé Manuel Nogueira Rodríguez, Marta Ferreiro Fernández, Ana Rodiño Domínguez, Diego Boquete Sánchez, Teresa Carballido Salgado, Henrique García Vázquez, Elena Añel Cabanelas, Xosé Anxo Terán Comesaña, Maruxa Martínez Nogueira e Montse Pernas Bellas.

Seguir lendo

O VIII Congreso da CIG-Ensino celebrarase o sábado 13 de novembro no Auditorio de Galiza

 
Nesta xornada as delegadas e delegados e membros do Consello Federal analizarán o traballo desenvolto neste período e fixarán os obxectivos para os próximos 4 anos.

En Compostela, no local nacional do sindicato maioritario do ensino público en Galiza presentouse en rolda de prensa o VIII Congreso, que terá lugar o vindeiro 13 de novembro no Auditorio de Galiza baixo o lema “Imos” e coa indicación certa de que o camiño que seguirá a percorrer a CIG-Ensino será na defensa dun ensino centrado no país, por un profesorado con dereitos e baixo a premisa da igualdade. Na véspera da sesión do Congreso terá lugar un Encontro Sindical  coas delegacións internacionais convidadas na que se realizará unha análise sobre os retos que afrontan os respectivos sistemas educativos e da resposta sindical a eses retos.

Seguir lendo

Documentos 8 Congreso

Resolucións

Regulamento Precongresual

Estatutos da CIG Ensino previos ao VIII Congreso

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
26/10/2026
Outros 22 Outubro 2026
Programa Clubes de lectura

A Consellaría achega a poposta de resolución provisional da convocatoria do programa Clubs de lectura para o curso 2026/2027.

Outros 22 Outubro 2026
Estadías formativas en empresas

Publica a Consellaría a resolución da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas do profesorado de FP inicial e ás ensinanzas deportivas, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración de bens culturais e de música e artes escénicas.

Outros 16 Outubro 2026
Premio Tolerancia cero contra o acoso 2026

Convoca a Consellaría o premio Tolerancia cero contra o acoso 2026.

Outros 16 Outubro 2026
Programa 'Menores conectados'

Resolución definitiva coas solicitudes seleccionadas para participar no programa educativo 'Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade' durante o curso 2026/27.

Outros 16 Outubro 2026
Programa 'Menores conectados'

A Consellaría publica a resolución definitiva do programa 'Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade' durante o curso 2026/27.

Outros 16 Outubro 2026
Interinidades nun ciclo formativo

Resolución na web da Consellaría coa relación provisional coas persoas admitidas e excluídas da bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2026/27.