Calendario
2022
Lectorados en lingua galega
Publicada a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2022.
Interinidades en varias especialidades da EOI
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en árabe, italiano, portugués e ruso do corpo de profesores de EOI.
Comisións de conciliación
Publicada a resolución definitiva das comisións de conciliación para o curso 2022/2023.
Comisións de saúde
Publicada a resolución definitiva das comisións de saúde para o curso 2022/2023.
Instrucións para as ensinanzas de FP
Publica a Consellería na súa web as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2022-2023.
Programa Educación responsable
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional de centros seleccionados e non seleccionados no programa "Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade", no curso 2022/2023,
Oferta de formación profesional
No DOG a actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, para o curso académico 2022/23.
FP Dual
Publicada a orde que actualiza a oferta de formación profesional dual para o curso académico 2022/23.
FP para adultos
Publicada a orde onde coa oferta modular de formación profesional polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, para o curso académico 2022/23.
Instrucións para o curso 2022-2023
Publicadas no DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022/23.
Prazas sometidas a convenio
Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da consellería.
Concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP)
A Consellería anuncia que comeza o prazo para participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2022/2023.
Decreto de bacharelat
Publicado na web da Consellería o proxecto de decreto polo que se estabelece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitudes de non participación no CADP
Publicada na web da Consellería a relación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2022/2023.
Centros plurilingües
Publicada na web da Consellaría a listaxe provisional de centros admitidos para a incorporación á rede de centros plurilingües para o curso 2022-2023.
Plurinfantil
Publicadas as listaxes provisionais de centros admitidos no programa Plurinfantil para o curso 2022-2023 na web da Consellaría.
Axudas para o alumnado de FP
Publicada a orde onde se convocan as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual.
Dobre titulación de bacharelato e Baccalauréat
No DOG regulada a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e baccalauréat –Bachibac– para o curso 2022/23.
Fomento do galego en centros privados
Resoltas as subvencións aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros privados correspondentes ao curso 2021/22.
Ciclos formativos plurilingües en artes plásticas
Publicada a resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2022/23.
Probas de nivel lingüísitico para o alumnado
Na web da Consellaría anúnciase a regulación da xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023.
Tribunais das oposicións
Publicada a composición definitiva dos tribunais que xulgarán os procesos selectivos de acceso á función docente en xuño de 2022.
Concurso Atrévete
Publicada na web da Consellaría a relación de alumnado premiado no concurso "Atrévete a ter unha idea" 2021-2022.
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado
No DOG publicadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 destinadas ao alumnado de centros públicos.
Adxudicación de destinos provisionais
Publicada no DOG unha modificación da orde pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente.
Oferta de FP
Publicada na web da Consellaría a oferta de formación profesional polo réxime ordinario e polo réxime para persoas adultas e a oferta de cursos de especialización e de programas formativos básicos.
Condicións de traballo do profesorado interino
Publicada unha disposición transitoria no acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto.
Modificación dalgúns horarios e un lugar das oposicións
Publica a Consellaría unhas pequenas correccións sobre algunhas horas nas que se realizarán as oposicións docentes de xuño de 2022 así como unha mudanza de sede.
STEMBach 2022/2023
Publicada a resolución coa regulación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2022/23.
Habilitación para a docencia nos centros privados
Publicada unha corrección de erros na orde que desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados e pola que se estabelece o procedemento de habilitación.
Tribunais das oposicións
No DOG publícase unha corrección de erros na orde pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais das oposicións do 2022.
Contratos Programa Inclúe 2022/2023
Na web da Consellaría a regulación dos Contratos - Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centros docentes públicos para o curso 2022/23.
Distribución de aspirantes por tribunais
Publicada a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes nos procesos selectivos no concurso-oposición do 2022.
Distribución de aspirantes por tribunais
Publicada a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nos procedementos selectivos para profesorado en xuño de 2022.
Datas, horas e lugares das oposicións
Publicadas na web da Consellaría as datas, horas e lugares onde se realizarán as oposicións do 2022.
Especialización de formación profesional
Publícase no DOG instrucións para o desenvolvemento dos cursos de especialización de formación profesional no ano académico 2022/23.
Plan Proxecta+
A Consellaría anuncia a convocatoria do programa Plan Proxecta+ para todos os centros docentes non unviersitarios.
Admisión en ciclos de FP
Publica a Consellaría o calendario de admisión para réxime ordinario e réxime das persoas adultas, para FP dual e para cursos de especialización.
Proxectos de fomento do uso de galego
Publicada a concesión das axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública do curso 2021/2022.
Admisión nas Escolas de idiomas
instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas no curso 2022/23.
Admisión nas ensinanzas de formación profesional
No DOG publícanse instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022/23.
Currículo de secundaria
A Consellaría publica na súa web o proxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria.
Toma de posesión
Publicadas na páxina web da Consellaría as instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo no concurso de traslados do 2022.
Docencia nos centros privados
Publicada a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.
Centros E-dixgal
Publicada a relación definitiva de centros docentes admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022/23.
Tribunais das oposicións
Publicada no DOG a resolución coa composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso á función pública docente de xuño de 2022.
Interinidades en técnico en emerxencias e protección civil
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor especialista do ciclo de técnico en emerxencias e protección civil.
Comisións porconciliación
Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral.
Comisións por motivos de saúde
Na web da Consellaría a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde.
Calendario escolar 2022-2023
Publicada no DOG a orde co calendario escolar para o curso 2022/23.
Interinidades en varias especialidades de EOI
Anuncia a Consellaría a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en árabe, italiano, portugués e ruso da Escola Oficial de Idiomas.
Alumnado de atención preferente
Publica a Consellaría unha corrección de erros pola que se engade unha nova praza para cubrir en comisión de servizos un posto de escolarización a alumnado de atención preferente.
OPE derivada da lei 20/2021
DECRETO 80/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.
Plan Mellora
ORDE do 11 de maio de 2022 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2022/23 (código de procedemento ED516A).
Premios extraordinarios ESO
ORDE do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311D).
Nova directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Decreto co nomeamento directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa a Judith Fernández Novoa.
Director xeral de FP
Decreto polo que se nomea director xeral de Formación Profesional a José Luis Mira Lema.
Eleccións direccións CIFP
ORDE do 13 de maio de 2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.
Eliminación de nome franquista nun CEIP
O CEIP Sanjurjo de Carricarte pasa a denominarse CEIP Torre de Hércules.
Campaña da CIG-Ensino para retirar os nomes franquistas dos centros educativos
Programa Educación responsable
Convocada a selección de centros para incorporarse ao programa "Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, para o curso 2022/23.
Concurso de curtas Senda litoral de Galiza
Publicada na páxina web da Consellaría a resolución pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia.
Edición en galego de recursos curriculares
Publicadas as subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.
Proxecto de decreto de primaria
Publicado na web da Consellaría o proxecto de Decreto do currículo de Educación primaria.
Solicitude de non participación no CADP
Desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2022, ambos incluídos, estabelécese o prazo para solicitar a non participación no CADP do persoal interino e substituto para o curso 2022-2023.
Concurso de Podcasts Radio na biblio
Publicada a Resolución do IV Concurso de podcasts Radio na Biblio.
Concurso de atención preferente
Convocado o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
Linguas estranxeiras para alumnado
Na web da Consellaría a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022.
Premios extraordinarios de bacharelato
Publicada a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2021/22 así como as instrucións para a súa realización.
Ciclos formativos plurilingües
Publicada a resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües para o curso 2022/23.
Centros E-Dixgal
Publicada a resolución definitiva de centros admitidos para participar no proxecto E-Dixgal durante o curso 2022/23.
Linguas estranxeiras para o alumnado
Publicada a convocatoria para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, Cuale, para o curso 2022/23.
FPBásicaSkills Galicia 2022
Convocado o 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos.
Axudas a centros privados
Publicada a resolución provisional coas axudas para centros privados concertados para a contratación de axuliares de conversa en linguas estranxeiras.
Profesorado non exento das probas de galego ou castelán
Publicadas as listaxes de persoas non exentas da proba de galego e castelán nos procedementos selectivos para ingreso e acceso a corpos docentes de xuño do 2022.
Probas do CELGA
Publícanse no DOG as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022.
Listaxe definitiva de admitidos nas oposicións
Publicadas as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso aos corpos docentes de xuño de 2022.
Novas seccións bilingües
No DOG a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros públicos para o curso 2022/23.
Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio
Feitos públicos no DOG os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba substitutiva do requisito de titulación de ESO para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio para o curso 2022/23.
Acceso ás ensinanzas artísticas superiores e ás ensinanzas deportivas de grao superior
Publicados no DOG os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores e para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior para o curso 2022/23.
Proba de galego e castelán nas oposicións
Na web da Consellaría a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nas oposicións de xuño de 2022.
Fondo de acción social
Publicados no DOG os criterios de repartición e convocatoria do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2021 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
Proxectos de innovación
Resoltos os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.
Estadías formativas en empresas
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2022 destinadas ao profesorado de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Avaliación da ABAU
No DOG o nomeamento dos membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia así como os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias.
Programa Polos educativos
A Consellaría crea o programa de innovación educativa Polos creativos e estabelece o procedemento para a participación dos centros.
Sorteo dos tribunais das oposicións
Publicado o resultado do sorteo dos/as vogais que formarán parte dos tribunais que xulgarán o concurso oposición de 2022.
Programa Lanzadeiras
Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa Lanzadeiras dentro do Plan Eduemprende do Sistema Educativo de Galicia.
Premios extraodinarios de FP
Na web da Consellaría a relación provisional de alumnado admitido e excluído dos premios extraodinarios de FP de grao superior do curso 2020-2021.
Proxecto E-dixgal
Publicada a relación provisional de centros admitidos para participar no E-Dixgal durante o curso 2022/23.
Premios extraordinarios de Bacharelato
Convocatoria no DOG dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22.
Interinidades en árabe
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións de árabe do corpo de profesores de EOIs.
Premio dos Clubes de lectura
Comunica a Consellaría que o premio 2022 dos Clubes de Lectura dos centros de ensino é para Antía Yáñez.
Acceso ás ensinanzas deportivas
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.
Acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música
Publicadas as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2022/23.
Ensinanzas artísticas superiores de deseño
No DOG as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2022/23.
Ensinanzas de Conservación e restauración de bens culturais
Publicadas as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2022/23.
Ensinanzas artísticas de Arte dramático
No DOG publicadas as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/23.
Corrección de erros nas cátedras
Publica o DOG unha pequena corrección de erros na relación de persoal que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario.
Máscaras nos centros de ensino
A Consellaría publica unhas directrices para orientar sobre o uso das máscaras nos centros de ensino.
Comisións de conciliación
Anúnciase que o prazo para solicitar unha comisión de servizos por conciliación da vida laboral e familiar é do 19 de abril de 2022 ao 2 de maio de 2022, ambos incluídos.
Comisión de saúde
Comeza o 19 de abril o único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoias especiais por motivos de saúde e será até o 2 de maio de 2022, ambos incluÍdos.
Currículo de Educación infantil
Publica a Consellaría na súa páxina web o anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil.
Reclamacións á listaxe de admitidos nas oposicións
Anuncia a Consellaría que decaen no seu dereito de reclamación (por ter finalizado o prazo de presentación da mesma) as persoas que non presentaron reclamación á súa exclusión do procedemento de admisión ás oposicións do 2022.
Concurso xeral de traslados
Resolución definitiva publicada no DOG do Concurso xeral de traslados para o curso 2022-2023.
Elección de direccións
Publicada no DOG unha corrección de erros na orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.
Interinidades en árabe
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de árabe (EOI).
Tecnoloxía aplicada á FP
Publicada a listaxe provisional de proxectos admitidos e excluídos do programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional.
Concurso Eduemprende Idea 2022
Convocado o Concurso Eduemprende Idea 2022 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Nova unidade para un centro privado
A Consellaría autoriza ao centro privado Galaxia, de Ribeira, a aumentar unha unidade de educación especial.
Corrección de erros nas oposicións 2021
Publica a Consellaría unha corrección de erros na relación de persoal que superou as oposicións 2021 na especialidade de Máquinas, servizos e produción.
Concurso de orientación
No DOG publícase a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe/a do Departamento de Orientación.
Premios extraordinarios de FP
Designados os membros do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2020/21.
Traballo por proxectos
Anuncia a Consellaría na súa web a convocatoria do VIII Concurso de traballos por proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
Real Decreto de Bacharelato
Publicado no BOE o Real Decreto polo que se estabelecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do Bacharelato.
Autorización a un centro privado
A Consellaría prorroga a autorización temporal do centro privado estranxeiro Gándara International School, de Gondomar.
Novo ciclo na EFAG de Fonteboa
Modificada a autorización da Escola Familiar Agraria (EFAG) de Fonteboa (Coristanco) para impartir dous novos ciclos formativos.
Interinidades en historia da música
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións na especialidade de historia da música do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en Arte dramática
Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades, propias de Arte Dramática, do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en árabe
Anúnciase a próxima apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de árabe do corpo de profesores de EOIs.
Orde de direccións
Publica o DOG a orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.
Novos centros plurilingües
Publicada a a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2022/23.
Plurinfantil para o curso 2022-2023
No DOG a resolución coa regulación do programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2022/23.
Bacharelato en especialización de idiomas
Resolución no DOG pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2022/23.
Lei Orgánica da FP
Publica o BOE a Lei Orgánica de ordenación e integración da Formación profesional.
Estratexia sobre o control da COVID19
Publican a Consellaría de Sanidade e máis a de Educación unha comunicación sobre a nova estratexia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición no ámbito educativo.
Vacantes definitivas para o CXT
A Consellaría publica na súa web as vacantes definitivas que serán adxudicadas no concurso xeral de traslados.
Resolución definitiva do CXT
Na páxina web da Consellaría publícase a resolución definitiva do concurso de traslados do curso 2021/2022.
Real Decreto da ESO
Publicado no BOE o Real Decreto polo que se estabelece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Secundaria Obrigatoria.
Corrección de erros no catálogo de primaria
Publicada unha corrección de erros referida ao catálogo de postos de traballo do corpo de mestres.
Admisión nas oposicións
Publica a Consellaría na súa páxina web as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso á función docente no ano 2022.
Concurso de orientación en primaria
Publicada na web a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos CEIPs e CEEs.
Interinidades en orientación de primaria
Publicada na web da Consellaría a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación definitiva de persoas excluídas correspondentes a orientación do corpo de mestres.
Corrección de erros na convocatoria de oposicións
Publicada no DOG unha corrección de erros relativa á convocatoria das oposicións do 2022.
Interinidades en historia da música
Publica a Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de historia da música do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en arte dramática
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de Arte Dramática do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Campionato de formación profesional Spainskills 2022
Galiza presentará 29 competidores/as que participarán no campionato de Formación Profesional Spainskills 2022 organizado polo Ministerio de Educación entre o 23 e o 25 de marzo.
Proba externa do Bachibac
Avisa a Consellaría da convocatoria do programa de dobre titulación de Bacharelato e de Baccalauréat para o curso académico 2021/2022 .
Interinidades en primaria
Na web da Consellaría a relación definitiva da listaxe de interinidades e substitucións e a relación definitiva de persoas excluídas no corpo de mestres, especialidade primaria.
Cursos CELGA
Convocada a Secretaría xeral de política lingüística probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022.
Uso de máscaras no patio
Publican as Consellarías de Sanidade e de Educación un comunicado conxunto sobre a recomendación do uso das máscaras nos patios dos centros educativos.
Programa Aulas de emprendemento
Na web da Consellaría a convocatoria do programa Aulas de emprendemento na FP en centros públicos que impartan ciclos medios e superiores durante o ano 2022.
Estadías formativas en empresas
Publicada na web da Consellaría a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2022 destinadas ao funcionariado docente non universitario.
Conta de email da Consellaría
A Consellaría solicita a todas as persoas usuarias dunha conta do dominio edu.xunta.gal que se non actualizaron o seu contrasinal desde o 24 de febreiro deberán facerlo antes do vindeiro xoves 17 de marzo.
Axuda humanitaria a Ucraína
Comunicado conxunto da Xunta e diversas organizacións sobre a canalización da axuda humanitaria dirixida á axudar á poboación ucraína.
Premios de innovación en formación profesional
Na web da Consellaría a listaxe definitiva de proxectos de innovación admitidos e excluídos para os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Circular aclaratoria da orde de avaliación
Publica a Consellaría unha circular pola que se precisan aspectos da Orde pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda.
Proxecto E-Dixgal
Publicada no DOG a convocatoria da selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022/23.
Interinidades en varias especialidades de secundaria e FP
Publica a Consellaría a relación definitiva de das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
Programa educativo Navega con rumbo
Publicada a relación de centros admitidos para participar no programa educativo Navega con Rumbo no curso 2021-2022.
Interinidades en orientación de primaria
A Consellaría publica na súa páxina web a relación provisional de interinidades e substitucións e de persoas excluídas en orientación do corpo de mestres.
Xestión dos contactos estreitos COVID
Publican conxuntamente a Consellaría de Educación e máis a de Sanidade unha comunicación sobre a xestión de contactos estreitos COVID no ámbito educativo.
Bibliotecas escolares solidarias
Anuncia a Consellaría a ampliación da convocatoria do programa Bibliotecas escolares solidarias para o curso 2021/2022.
Ensinanzas mínimas en educación primaria
Publicado no BOE o Real decreto que estabelece a ordenación e as ensinanzas mínimas en educación primaria.
Concurso de Podcasts
A Consellaría anuncia a convocatoria do IV Concurso de podcasts Radio na Biblio.
Novas aprobadas na oposición
Publica o DOG unha modificación da orde pola que se fai pública a relación de profesorado que superou o último concurso-oposición onde se inclúen dúas novas persoas aprobadas.
Admisión de alumnado
Publicado o resultado do sorteo público anual das letras da prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.
Avaliación en bacharelato
Publicada no DOG a resolución pola que se ditan instrucións para realizar, dentro do curso 2021/22, a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2022/23.
Cátedras no DOG
Publicada no DOG a orde pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Puntuacións da resolución das cátedras
A Consellaría fai pública a relación das puntuacións tidas en conta para a resolución definitiva das cátedras desagregadas por apartados, epígrafes e subepígrafes, por corpos, quendas e especialidades.
Proxectos de innovación en FP
Na web da Consellaría a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Titulacións para as listaxes de substitucións
A Consellaría publica unha orde onde actualiza cales son as titulacións válidas para a incorporación á listaxe para cubrir interinidades e substitucións da especialidade de física e química (secundaria).
Programa educativo Navega con Rumbo
Convocado o programa educativo Navega con Rumbo dirixido a centros educativos para o curso 2021-2022.
Interinidades en educación primaria
Publicada a listaxe provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres, especialidade Educación primaria.
Interinidades en varias especialidades
Publicada a resolución provisional coa listaxe de persoas admitidas e excluídas para cubrir interinidades e substitucións en varias especialidades do corpo de secundaria e de PTFP.
Resolución provisional do CXT
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados do profesorado dos corpos de secundaria, mestres, PT, EOI, música e artes escénicas, mestres de taller, inspectores...
Concurso de orientación
Na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados específico do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación en CEIPs, CEPs e CEEs.
Admisión de alumnado
A Consellaría anuncia que o próximo 23 de febreiro será o sorteo público da letra de prioridade para resolver empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.
Cursos CELGA
Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Concurso sobre Florencio Delgado Gurriarán
Publicada a resolución do concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022.
Admisión de alumnado
Publicado o decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato.
Orde de avaliación
No DOG a orde pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Atención á diversidade
Publicada unha corrección de erros no Decreto 229/2011 de atención á diversidade do alumnado.
Interinidades en Lingua e literatura galegas
Publica a Consellaría a reslación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de lingua e literatura galega do corpo de profesores de ensino secundario.
Acceso a cátedras
Publicada a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Interinidades en educación infantil
Publicada na web da Consellaría a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres, especialidade Educación Infantil.
Interinidades en varias especialidades de mestres
Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres, especialidades Inglés, Francés, Educación Física, Música e Audición e Linguaxe.
Interinidades en especialidades de secundaria
Publica a Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en procesos e produtos en artes gráficas, sistemas electrónicos e sistemas electrotécnicos e automáticos do corpo de secundaria.
Interinidades en historia da música
Anuncia a Consellaría a apertura de listaxes de interinidades e substitucións na especialidade de historia da música do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en especialidades de Arte dramática
A Consellaría anuncia que van abrir listaxes para cubrir interinidades e substitucións en dirección escénica, espazo escénico, expresión corporal, iluminación, interpretación, técnicas escénicas, teoría e historia da arte e teoría teatral en Arte Dramática (corpo de PES).
Interinidades en secundaria e FP
Apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións en lingua e literatura galega, informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, procesos e produtos en madeira e moble (PES) e en equipos electrónicos, instalacións electrotécnicas, sistemas e aplicacións informáticas e soldadura (FP).
Programa EduReferentes
Publicada na web a resolución pola que se fai pública a listaxe de centros admitidos para participar no programa educativo EduReferentes.
Real decreto de Educación infantil
Publica o BOE o Real Decreto polo que estabelece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación infantil.
Formación en linguas para alumnado
Publicadas no DOG as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 destinadas ao alumnado.
Convocatoria das oposicións
Publicada hoxe no DOG a orde pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos corpos de inspección, secundaria, EOI, artes plásticas e mestres.
Nova orde de avaliación
Anuncia a Consellaría a próxima publicación no DOG da actualización da normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, ESO e bacharelato.
Oferta de emprego público no DOG
Publica o DOG o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes para o ano 2022.
Interinidades en infantil
Publicada a listaxe provisional para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas do corpo de mestres especialidade infantil.
Convocatoria de prazas PIALE
Anuncia a Consellaría a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (programa PIALE) para o ano 2022.
Aclaracións sobre o protocolo COVID
A Consellaría publica na súa web unha guía explicativa coas preguntas frecuentes sobre a aplicación do protocolo COVID nos centros de ensino.
Concurso de curtas Senda litoral
A Consellaría publica as bases e convoca a segunda edición do concurso de curtas Senda Litoral de Galicia.
Protocolo cos test de antíxenos en primaria
Publica a Consellaría o protocolo para a detección de infección polo SARS-CoV-2 con test rápido de antíxenos en saliva en centros de educación primaria.
Máis axudas a centros privados
No DOG a resolución das axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2021/22.
Programa Eduemprende de finanzas
Publicada na web da Consellaría a relación de centros seleccionados para participar no programa Finanzas para mortais do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, durante o curso 2021/22.
Interinidades en varias especialidades do corpo de mestres
Publicada a listaxe provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de mestres nas especialidades de inglés, francés, educación física, música e AL.
Axudas a centros privados
A Consellaría resolve as axudas dirixidas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2021/22.
Curtas en galego Nós tamén creamos!
Publícase a convocatoria dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2021/2022.
Innovación educativa en dinamización lingüística
A Consellaría anuncia a convocatoria dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2021/2022.
Programa 'EduReferentes'
Na web da Consellaría publícase a convocatoria do programa educativo “EduReferentes” para o curso 2021-2022.
Probas de acceso a ciclos formativos
Publicada no DOG a orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e se convocan para o ano 2022.
Interinidades en varias especialidades
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en procesos e produtos en artes gráficas, sistemas electrónicos e sistemas electrotécnicos e automáticos do corpo de secundaria.
Premios Innovagal
Publicada a relación de centros e docentes que recibiron os premios educativos Innovagal durante o curso escolar 2021/22.
Cobertura de persoal docente
A Consellaría pon a disiposición dos centros a declaración responsable normalizada (dentro do protocolo COVID) para os efectos de que os centros educativos públicos poidan solicitar a tramitación da cobertura para substituír ao persoal docente e non docente.
Proxectos de innovación en FP
Convoca a Consellaría premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Admisión de alumnado
Anuncia a Consellaría o inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Axudas ao alumnado de FP
Publicada a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Probas de nivel lingüístico para o alumnado
Publica a Consellaría a concesión da xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.