Calendario
2024
Reintegro de gastos de formación
ORDE do 16 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento ED303A).
Nomeamento como funcionariado de carreira
Orde EFD/856/2024, do 2 de agosto, pola que, por proposta da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, noméanse funcionarios carreira do Corpo de Profesores de Educación Secundaria, Profesores Especialistas en Sectores Singulares de Formación Profesional, Profesorado de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesorado de Música e Artes Escénicas, Profesores de Artes Plásticas e Deseño e Mestres, ás persoas seleccionadas nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 12 Decembro 2022
Cambio denominación IES
ORDE do 2 de agosto de 2024 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do instituto de educación secundaria número 1, do concello da Estrada
Fondo de Accción Social (FAS)
RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais das axudas aprobadas e denegadas en relación cos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2023, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade
Centros de FP plurilingües, ciclos formativos e cursos de especialización autorizados no curso 2024/25
RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües, así como de ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2024/25, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia
PIALE no DOG
ORDE do 17 de xullo de 2024 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (Piale), para o ano 2024
Prazas convenio ou programa
ORDE do 17 de xullo de 2024 pola que se resolve o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 21 de maio de 2024
Instrucións ensino de adultas
RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2024/25
Supresión de ensinanzas
ORDE do 15 de xullo de 2024 pola que se modifica a oferta e se suprimen as ensinanzas de bacharelato na modalidade xeral no IES Arcebispo Xelmírez I, do concello de Santiago de Compostela
Implantación de ensinanzas universitarias
ORDE do 15 de xullo de 2024 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao e máster universitario nas universidades que forman parte do Sistema universitario de Galicia para o curso 2024/25
Instrucións FP 2024/25
RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2024/25
Instrucións graos D e E de FP
RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2024/25
Modificación do CXT
Real Decreto 677/2024, do 16 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario dos corpos docentes contemplados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, e outros procedementos de provisión de prazas a cubrir polos mesmos
Acreditación CDD
RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan diferentes procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Actualización da confección de nóminas
ORDE do 11 de xullo de 2024 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024 e se actualizan as contías das retribucións en aplicación do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño.
Restricións para o profesorado interino e substituto
Remata o prazo para o persoal interino ou substituto para optar por realizar substitucións nunha ou varias provincias ou en concellos determinados.
Prazas sometidas a convenio
A web da Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría.
Postos de escolarización preferente
Publicada a relación provisional de persoas admitidas do concurso específico de méritos para a cobertura, en réxime de comisión de servizos, de postos de escolarización de alumnado de atención preferente.
Bacharelato de ciencia e tecnoloxía
Publicados os proxectos e centros gañadores na fase final do recoñecemento aos proxectos desenvoltos no marco do bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2023/24.
Asesorías na Consellaría
Publica a Consellaría unha corrección de erros nas puntuacións provisionais no concurso para cubrir postos de persoal asesor na Consellaría de Educación.
PluriArt
Resolución no DOG para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2024/25.
Plans de formación permanente do profesorado
Convoca a Consellaría a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) para o curso 2024/25.
Programa 'Observa_Acción'
Na web da Consellaría a resolución definitiva de centros candidatos para participar na Fase 2 do programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25.
Asesorías na Consellaría
Publicadas as puntuacións provisionais das persoas candidatas correspondentes do concurso público para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación.
Direccións nos CIFP
Publicada a resolución da convocatoriade postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de FP.
Presentación de méritos nas oposicións
A Consellaría pon á disposición do persoal aspirante un modelo normalizado de alegación de méritos para a presentación de méritos ante o tribunal.
Programa EduMob
Na web da Consellaría a resolución definitiva cos centros e alumnado do programa EduMob durante o curso 2024/2025.
Premios na ESO ao esforzo e á superación persoal
Convocados os premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24.
Programa Retorna talento FP
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2024/2025.
Curta Nós tamén creamos!
Resolución da XII edición dos premios a curtas de animación en galego do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!
Cursos CELGA
Convocados cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, CELGA.
Comisións por conciliación
Publicada a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso 2024-2025.
Centros con Plurinfantil
Publicada a resolución definitiva de centros que se incorporan ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025.
Centros plurilingües
A Consellaría publica a resolución definitiva de centros que se incorporan á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024-2025.
VI Ciberliga
Convocada a “VI CiberLiga 2024/25 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos no curso 2024/25.
Programa Picasso Mob
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros do programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2024/2025.
Plan Proxecta+
Anuncia a Consellaría que amplía o prazo para solicitar a participación no Plan Proxecta+ para o curso 2024/25.
Comisións de saúde
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos admitidas e excluídas en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde.
Fomento do uso do galego
Publicada a concesión das axudas aos proxectos de fomento do uso do galego correspondentes ao curso escolar 2023/24.
Centros E-Dixgal
O DOG anuncia a resolución definitiva da relación de centros docentes admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.
Convocatoria do CADP
Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para participar no Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais (CADP) para o curso 2024-2025.
Traballos de investigación do STEMBach
Publicada a listaxe de centros e proxectos seleccionados para a fase final do recoñecemento dos traballos de investigación do alumnado STEMBach.
Solicitudes de non participación no CADP
A web da Consellaría publica as solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais para o 2024-2025.
Información sobre as oposicións a celebrar en Pontevedra
A Consellaría publica na súa web información importante dirixida ao profesorado que vai examinarse en Pontevedra das oposicións o sábado 22 de xuño.
Novas seccións bilingües
Publicada a relación provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas para o curso 2024/2025.
Fase 2 do programa Observa_Acción
Resolución provisional de centros participantes na Fase 2 do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25.
Fase 4 do programa Observa_Acción
Na web da Consellaría publicada a resolución provisional de centros na Fase 4 do programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos 2022/23 e 2023/24.
Programa EduFrance
Aberta a convocatoria para a selección de centros para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2024/2025.
Bacharelato STEMBach
Publicada a resolución pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2024/25.
Plan de mellora de bibliotecas escolares
Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2024/25.
Clubes de lectura
Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para solicitar os centros a participación no programa de Clubes de lectura para o curso 2024-2025.
Restricións para o profesorado interino ou susbtituto
Comeza o prazo para o persoal interino ou substituto para optar por realizar substitucións nunha ou varias provincias ou en concellos determinados.
PIALE 2024
Na web da Consellaría a resolución definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2024.
Premio Boas prácticas en educación inclusiva
Convocado o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2024 para os centros durante o curso escolar 2023/24.
Oferta de formación profesional
A resolución co anuncio da actualización da oferta de formación profesional para o curso 2024/25 está publicada no DOG.
Programa Educación responsable
Anuncia a Consellaría a convocatoria da selección de centros para incorporarse ao programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, para o curso 2024/25.
Distribución de opositores por tribunais
Publicada na web da Consellaría a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nos procedementos selectivos a realizar en xuño de 2024.
Datas, horas e lugares das oposicións
A Consellaría publica na súa web as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba das oposicións de xuño de 2024.
Comisións por conciliación
Publicada a resolución provisional das comisións de servizos admitidas e excluídas en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.
Direccións nos CIFP
No DOG publícase a orde coa convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional.
Concurso de asesorías na Consellaría
Publica o DOG a convocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor na Consellería.
Programa EduExchanges
Na web da Consellaría publícase a convocatoria e selección de centros para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025.
Bibliotecas escolares solidarias
Anuncia a Consellaría o Selo Biblioteca Escolar Solidaria así como a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa Bibliotecas escolares solidarias no curso 2023/2024.
Instrucións para o curso 2024-2025
Publica a Consellaría no DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no curso académico 2024/25.
Concurso para prazas sometidas a convenio
Convocado concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería.
Habilitacións en primaria
Comeza o prazo, que se prolongará até o 1 de xullo, para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres solicite o recoñecemento de novas especialidades.
Centros plurilingües
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de centros que se incorporan á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024-2025.
Centros con Plurinfantil
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional de centros que se incorporan ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025.
Plan Proxecta+
Na web da Consellaría anuncian a convocatoria e a apertura do prazo para participar no plan Proxecta+ para o curso 2024/2025.
Proxecto LÓVA
Convocado o procedemento de selección para que os centros educativos interesados en participar no proxecto LÓVA presenten as súas solicitudes.
Tribunais das oposicións
Publica o DOG a Resolución coa composición completa dos tribunais que xulgarán as oposicións deste ano 2024.
Programa Bachibac
Publicada a Resolución coa incorporación de centros ao programa de dobre titulación de bacharel e baccalauréat (Bachibac).
Organización académica e matrícula nas EOIs
Dita a Consellaría as instrucións para a preinscrición, a admisión, a matrícula e a organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25.
FP Plurilingüe
Anuncia o DOG a resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2024/25.
Programa Lanzaderias Lugo
Publica a web da Consellaría a relación de centros seleccionados para participar no Programa de Lanzadeiras Lugo durante o curso escolar 2023/2024.
Centros STEMbach
Publica a Consellaría a relación provisional de proxectos de investigación desenvoltos no Bacharelato STEMBach para o curso 2023/2024.
Alumnado de atención preferente
Publicada no DOG a orde coa convocatoria do concurso para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente.
Fondo de acción social
Publicada no DOG a resolución cos criterios de repartición e a convocatoria do Fondo de Acción Social 2023, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade
Concurso de méritos de estabilización
Publica o DOG unha corrección de erros na relación de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización.
Competencias dixitais do alumnado
Anunciada a ampliación do prazo para solicitar a acreditación das competencias dixitais das persoas que obtivesen o título de ESO nos cursos 2021/22 ou 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos.
Premios extraordinarios de Bacharelato
Publicada a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato así como as instrucións para a súa realización.
Programa de intercambio Picasso Mob
Publicada a resolución provisional dos centros participantes no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2024/2025.
Radio na Biblio
Publicada a resolución do VI Concurso de Podcast Radio na Biblio.
Acreditación de competencias dixitais do alumnado
Publicada unha pequena corrección de erros nas instrucións para o alumnado acreditar as súas competencias dixitais.
Probas de galego e castelán nas oposicións
Publica a Consellaría o resultado das cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua castelá e galega das oposicións a corpos docentes do 2024.
Concurso Atrévete a ter unha idea
Anunciada a ampliación do prazo de presentación de solicitudes do concurso 'Atrévete a ter unha idea' até o luns 27 de maio inclusive.
Non participación no CADP
Do 15 ao 31 de maio está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de non participación no CADP para o curso 2024-2025.
Proxectos de innovación en FP
Publica a Consellaría a resolución provisional cos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.
Listaxe definitiva de persoas admitidas nas oposicións
Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de profesorado admitido e excluído para as oposicións de acceso e ingreso nos corpos docentes.
Recursos curriculares en lingua galega
Anuncia a Consellaría a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios para o ano 2024.
Centros con E-Dixgal
Publica a Consellaría a resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.
Programa PIALE
Na web da Consellaría publícase a resolución provisional das solicitudes admitidas e excluídas para participar no programa PIALE 2024.
Proba de galego nas oposicións
Publicada a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións.
Proba de castelán nas oposicións
Na web da Consellaría publicouse o tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos procedementos selectivos de acceso aos corpos docentes.
Novas seccións bilingües
Publicada a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües.
Probas para obter o CELGA
O DOG publica as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
Calendario escolar
Publicada no DOG a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes.
Premio Clubes de lectura
Anunciada na web da Consellaría que a escritora Arantza Portabales é a merecedora do Premio dos Clubs de Lectura 2024.
Tribunal nº 2 de procesos de diagnóstico clínico
Publicado o resultado sorteo do tribunal nº 2 da especialidade Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico que, por erro, non fora sorteado.
Programa Lanzadeiras Lugo
Publica a web da Consellaría a resolución provisional de proxectos presentados á convocatoria do programa Lanzadeiras Lugo 2023/2024.
Concurso de Traballo por proxectos
Anuncia a Consellaría a convocatoria do X Concurso de Traballos por Proxectos.
Programa Cuale
Publicada no DOG a convocatoria para os centros participaren no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) durante o curso 2024/25.
Estadías formativas en empresas
A Consellaría publica na súa web a relación definitiva de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.
Rede de centros E-Dixgal
Na web da Consellaría publícase a convocatoria da selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.
Aulas de emprendemento
A web da Consellaría publica a relación de centros seleccionados para participar no programa Aulas de emprendemento 2024.
Concurso Xeral de Traslados no DOG
Publica a Consellaría no DOG a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados.
Comisións de servizo
A Consellaría anuncia que o prazo para solicitar as comisións de servizo tanto por motivos de saúde como por conciliación da vida laboral e familiar comeza o luns 15 de abril.
Tribunais das oposicións
Publica a Consellaría na súa páxina web o resultado do sorteo público dos/as vogais dos tribunais que xulgarán as oposicións do 2024.
Premios de innovación educativa
No DOG publícase a convocatoria dos premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.
Concurso sobre consumo responsábel
Convocada a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-19: súmate á enerxía responsable.
Estadías formativas en empresas
Publica a Consellaría unha modificación da Resolución pola que se convocan estadías formativas en empresas.
Persoal admitido nas oposicións
Publica a Consellaría as listas provisorias de persoal admitido e excluído para as oposicións docentes do ano 2024.
Regulación do PluriBach
O DOG publica a resoloción pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2024/25.
Orde de direccións
O DOG publica a convocatoria do concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes.
Plurilingüismo en infantil
Regulación do programa de plurilingüismo ao segundo ciclo da educación infantil para o curso 2024/25 no DOG.
Rede de centros plurilingües
Publicada a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024/25.
Selo Biblioteca escolar solidaria
A Consellaría anuncia a convocatoria da concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIibliotecas escolares solidarias no curso 2023/24.
Premios Innovagal 2024
A Consellaría anuncia a convocatoria dos premios educativos Innovagal para os centros educativos públicos para o ano 2024.
Programa Spring week
Na web da Consellaría publícase a resolución provisional de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, para o alumnado de 6º de primaria e de ESO durante o curso 2023/24.
Concurso de orientación no DOG
Publica o DOG a resolución definitiva do concurso de méritos para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación.
Radio na Biblio
A Consellaría anuncia a convocatoria do VI Concurso de Podcasts – Radio na biblio.
Estadías formativas en empresas
Publicada a resolución provisional de estadías formativas en empresas ou organismos destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.
Resolución definitiva do CXT
A web da Consellaría publica a resolución definitiva do concurso xeral de traslados.
Concurso de adultos
Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.
Integración en PES
Resolto definitivamente o procedemento de integración no corpo de profesorado de ensino secundario.
Interinidades en maderia e moble, patronaxe e soldadura
Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de PESSFP.
Interinidades en chinés, xaponés portugués.
Relación definitiva na web da Consellaría de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo en diversas especialidades do corpo de profesores de EOIs.
Interinidades en secundaria
Publicada a relación e o baremo definitivos das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.
Concurso de orientación
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Programa Bachibach
Na web da Consellaría a convocatoria da proba externa do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat para o curso académico 2023/2024 así como as instrucións para o seu desenvolvemento.
Retorna talento FP
Publica o DOG a orde coa convocatoria do programa Retorna talento FP.
Probas para os CELGA
Anuncia a Consellaría a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024.
Concurso de adultos
Na web da Consellaría publícase a adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.
Boletín informativo en educación infantil
A Consellaría publica unhas instrucións para explicar as novas funcionalidades do boletín informativo de avaliación do alumnado de educación infantil.
Interinidades en carpintería e moble, patronaxe e soldadura
Publicada a resolución provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións nas especialidades de fabricación e instalación de carpintería e moble, patronaxe e confección e soldadura.
Interinidades en chinés, xaponés e portugués
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións nas especialidades de EOI de chinés, xaponés e portugués.
Interinidades en varias especialidades de PES
Publica a Consellaría na súa web a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES.
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP
Publicada na web da Consellaría a listaxe de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2024.
Integración de profesorado do antigo corpo de PTFP
Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesorado de ensino secundario así como das excluídas.
Plan Eduemprende
Publicada na web da Consellaría a relación de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024.
Acreditación dixital do alumnado
Ampliado o prazo de solicitude de inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato no curso 2023/24.
Mobilidades de persoal en FP
Resolución coa adxudicación de mobilidades de persoal de profesorado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de FP do proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242.
Estadías formativas en empresas
Na web da Consellaría as estadías formativas en empresas ou organismos equiparados destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.
Eduemprende Lanzadeiras Lugo
Na web da Consellaría aparece a convocatoria do programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2023/2024.
Centros de capacitación dixital
Publica a Consellaría a resolución cos centros educativos que pertencen á rede de capacitación dixital da Consellaría.
Acreditación das competencias dixitais do alumnado
A Consellaría publica as instrucións para realizar a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
Plan Eduemprende 2023/2024
Publicada na web da Consellaría a listaxe provisional de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024.
Resultado do sorteo para desempatar na matrícula
Anuncia a Consellaría o resultado do sorteo para desempatar en caso de necesidade no proceso de admisión do alumnado.
Convocatoria do programa PIALE
Publica o DOG a orde coa convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (programa PIALE) para o ano 2024.
Instrucións para a ABAU
No DOG a resolución coas instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.
Concurso-exposición sobre Luísa Villalta
Publica a Consellaría a relación de centros gañadores do Concurso-exposición sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras do ano 2024.
Proxectos de innovación na FP
A Consellaría anuncia a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.
Vacantes definitivas do CXT
Publica a Consellaría as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso xeral de traslados.
Avaliación de diagnóstico
Publicadas no DOG as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
Apertura de listas en PESSFP
Anúnciase a apertura de listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
Interinidades en EOI
Anuncia a Consellaría a apertura de interinidades e substitucións en chinés, xaponés e portugués do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.
Interinidades en secundaria
Abren listaxes para cubrir en interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.
Integración do extinto corpo de PTFP
Está na web da Consellaría a relación provisional de persoas procedentes do corpo de PTFP que se propoñen para a súa integración no corpo de PES.
Interinidades en secundaria
A web da Consellaría publica a relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de ensino secundario.
Convocatoria de cursos CELGA
A Consellaría anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Concurso de traslados
Publica a web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados do persoal docente.
Concurso de orientación
Publica a Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Concurso de adultos
A Consellaría publica a resolución provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.
Cursos AFD 2024
A Consellaría de Educación informa na súa web da oferta de accións formativas do Plan Formativo para o emprego (cursos AFD) deste ano 2024.
Convocatoria das oposicións
No DOG publícase a orde pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos corpos docentes.
Auxiliares de conversa
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2024/2025.
Renovación de auxiliares de conversa
A Consellaría informa sobre o proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia.
Interinidades en varias especialidades
A Consellaría publica na súa web a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en varias especialidades de secundaria.
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado
Publica o DOG a orde pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 destinadas ao alumnado.
Concurso InnovArt
Convoca a Consellaría un concurso para a elaboración do cartaz de 'InnovArt 2024'.
Concurso Eduemprende Idea 2023
Publica o DOG a resoución do concurso Eduemprende Idea 2023.
Axudas a centros privados
A Consellaría publica o réxime de axudas a centros docentes privados concertados para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week.
Vacantes provisionais do CXT
Publica a Consellaría na súa páxina web as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados.
Admisión de alumnado
A Consellaría anuncia que o próximo 27 de febreiro fará o sorteo público anual para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2024/2025.
Rede de escolas de fronteira
A Consellaría crea, con carácter experimental, a Rede de Centros “Escolas de Fronteira” e dá a coñecer os centros que a conformarán durante o curso 2023/24.
Bibliotecas escolares solidarias
Publica a Consellaría a resolución definitiva de centros adheridos ao programa de Bibliotecas Escolares Solidarias.
Concurso Eduemprende Idea 2024
Convoca a Consellaría o concurso Eduemprende Idea 2024.
Oferta de emprego público docente
Publica o DOG o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.
Orde de titulacións
Publicada no DOG unha modificación na orde coas titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións.
Auxiliares de conversa para centros concertados
O DOG publica a regulación das axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2023/24.
Certame Cooperativismo no ensino
A Consellaría de Promoción do emprego e igualdade convoca o certame para o ano 2024 'Cooperativismo no ensino' dirixido ao alumnado dos centros educativos.
Bibliotecas escolares solidarias
A web da Consellaría publica a resolución provisional de centros participantes no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, nas modalidades de Voluntariado escolar Primaria e Voluntariado na biblioteca escolar Secundaria e outras ensinanzas para o curso 2023/24.
Gastos por asistencia a actividades de formación
Publica o DOG a orde pola que se conceden axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2023.
Axudas a centros privados
Resolve a Consellaría as axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.
Bacharelato para maiores de 20 anos
Convoca a Consellaría a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e dita as instrucións para realizala.
Confección de nóminas
Publica o DOG a orde de confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024.
Premios Innovagal
A web da Consellaría publica a resolución cos premios educativos Innovagal para os centros durante o curso escolar 2023/24.
Formación en centros de traballo
O DOG anuncia a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Acordo de renuncias no DOG
Publica o DOG o texto do acordo asinado entre a Consellaría e os sindicatos minoritarios.
Apertura de listas de substitucións
A Consellaría anuncia a apertura de listas para cubrir interinidades e substitucións en diversas especialidades de secundaria.
Concurso para o 8 de Marzo
Convoca a Consellaría o VII Concurso para o deseño do cartel do día 8 marzo "Día Internacional da Muller".
Fomento do uso do galego en centros públicos
Publica o DOG a Resolución pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública.
Proxectos de fomento do galego en centros privados
Anúnciase a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada.
Admisión de alumnado
Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Reintegro por gastos de formación
A web da Consellaría publica a relación de persoas beneficiarias de reintegros de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado.
Avaliación de diagnóstico
Publicada a orde pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico.
Grao en ESO para maiores de 18
Publicada no DOG a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos nas convocatorias de abril e xuño así como as instrucións para a súa realización.
Rede de centros de capacitación dixital
Na web da Consellaría publícase a convocatoria do programa para o mantemento e a incorporación de centros educativos á rede de centros de capacitación dixital.
Plan Eduemprende
Convoca a Consellaría o Plan Eduemprende e estabelece as bases para a participación dos centros para o curso 2023/2024.
Protocolo para previr o acoso
A Consellaría publica unha actualización do protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento de acoso e ciberacoso escolar.
Plan integral contra o acoso
Na páxina da Consellaría publícase o Plan integral contra o acoso e ciberacoso escolar.
Aulas de emprendemento na FP
Convoca a Consellaría o programa de Aulas de emprendemento durante o ano 2024.
Acreditación de competencia lingüística
Publica a Consellaría a resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/2024.
Programa 'Que non te líen, ti elixes'
Convocado o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” para o curso 2023/24.
Probas de acceso aos graos medio e superior de FP
Reguladas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP así como a súa convocatoria para o ano 2024.
Clubes de lectura para o curso 23/24
Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva de centros que contarán cun Clube de lectura durante o curso 2023/2024.
Premio ConVivimos 2023
A Consellaría anuncia os premios ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2022/23.
Aulas como espazo de tecnoloxía aplicada
Convoca a Consellaría o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na FP.
Traballo por proxectos
Publicados os centros premiados na convocatoria do IX Concurso de Traballos por Proxectos.
Proxectos de innovación na FP
Convocados os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.
Ponderación de materias para as probas de acceso á universidade
Publica o DOG os membros da comisión interuniversitaria de Galicia así como os parámetros de ponderación de materias para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2024/25.
Uso dos móbiles nos centros
A Consellaría de Educació publica unha orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.
Corrección no catálogo de primaria
Publica o DOG unha actualización do catálogo de postos de traballo de primaria que afecta aos postos de PT do CEIP Felipe de Castro de Noia.
Interinidades na EOI
A relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de EOIs.
< | Setembro 2024 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta
Escolle un ano: