Normativa Oposicións
Ao día de hoxe e de non producirse cambios, a normativa que regula o acceso á función pública docente recóllese no real decreto 276/2007 de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes.
- Real Decreto de Acceso 276/2007 de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes. Ligazón
- Real Decreto 84/2018 que modifica o RD de acceso 276/2007. Ligazón
- Real Decreto 270/2022, que modifica o RD de acceso 276/2007. Ligazón
- Resumo da fase de oposición do sistema ordinario. Ligazón
- Familias profesionais nas que teñen atribución docente as especialidades do corpo de Profesorado Especialista en Sectores Singulares de FP (PESSFP). Ligazón
Vellos criterios de avaliación dos méritos para acceso ó corpo de mestres de educación infantil e primaria, e profesores de educación secundaria, de escolas oficiais de idiomas, de música e artes escénicas e de artes plásticas e deseño establecidos polas Comisións de Baremación, xa non en vigor: Ligazón
Unha aclaración necesaria: en novembro de 2011 publicáronse no BOE uns novos temarios que afectaban ao corpo de mestres, á maioría das especialidades do corpo de PES, PEOI e PTFP. Co cambio de goberno no Estado, en febreiro do 2012 publicouse unha orde que derrogaba os novos temarios, anunciando a intención do MEC de regular un novo sistema de acceso. Este cambio estaba, ademais, claramente vinculado coa decisión de non convocar procesos selectivos no ano 2012. Como consecuencia desta nova orde, volveron ter vixencia todos os temarios anteriores ao 2011, moitos deles do ano 1993, e prorrogados na maioría dos casos desde o ano 2007.
Derrogación dos temarios publicados no 2011 e volta á vixencia dos vellos temarios. Ligazón
Corpo de mestres.
- Corpo de mestres. Todas as especialidades agás Primaria. Orde de 9 de setembro de 1993. (BOE 21/09/1993) Ligazón
- Corpo de mestres. Especialidade de Primaria. (BOE 15/03/2007). Ligazón
Corpo de profesorado de ensino secundario (PES) e profesorado técnico de Formación Profesional (PTFP)
- Especialidades de Secundaria e Bacharelato (agás Economía). Orde de 9 de setembro de 1993. (BOE 21/09/1993) Ligazón
- Especialidades de FP e Economía.(BOE 13/02/1996). Ligazón á orde. Ligazón aos Anexos cos temarios.
- Corpo de profesorado de ensino secundario (PES). Especialidade de Lingua e Literatura Galega.(DOG 21/03/1995). Ligazón
Corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas.
- Corpo de profesorado de EOI. Especialidades de Alemán, Español, Francés, Inglés, Italiano e Portugués. Orde de 9 de setembro de 1993. (BOE 21/09/1993) Ligazón
- Corpo de profesorado de EOI. Especialidade de Galego e Catalán.(BOE 23/09/2003). Ligazón
- Corpo de profesorado de EOI. Especialidades de Árabe, Chinés, Danés, Grego, Xaponés, Neerlandés e Romanés.(BOE 31/12/2001). Ligazón
- Corpo de profesorado de EOI. Especialidade de Ruso.(BOE 11/05/1996) Ligazón
Corpo de profesorado de Música e Artes Escénicas. (BOE 28/08/2015). Ligazón
Corpo de inspectores de educación (BOE 21/12/2009). Ligazón
Corpo de profesoras de Artes Plásticas e Deseño, así como mestras de taller de artes plásticas e deseño (BOE 31/03/2004). Ligazón
Causas de exención dos tribunais.
7.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aquelas persoas que a soliciten e actuasen como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2019 ou seguintes, as que sexan directores ou directoras dun centro, as que teñan permiso sindical a tempo total ou aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2024 e que continúen durante o período en que lle correspondería actuar como membro do tribunal, as que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, e as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida. Agás nos supostos previstos na lei e para o suposto das persoas que teñan permiso sindical a tempo total ou estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, non se concederá a suplencia cando non se poidan constituír os tribunais co número suficiente de persoal funcionario da especialidade correspondente.
7.7. Abstención e recusación dos tribunais.
Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e o artigo 59.2 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos 5 anos anteriores a esta publicación.
Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
Actualizado coa ORDE do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Sección 4.a Abstención e recusación
Artigo 23. Abstención.
1. As autoridades e o persoal ao servizo das administracións en que se dean algunhas das circunstancias sinaladas no número seguinte absteranse de intervir no procedemento e comunicarano ao seu superior inmediato, quen resolverá o procedente.
2. Son motivos de abstención os seguintes:
a) Ter interese persoal no asunto de que se trate ou noutro en cuxa resolución poida influír a daquel; ser administrador de sociedade ou entidade interesada, ou ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.
b) Ter un vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable e o parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo, con calquera dos interesados, cos administradores de entidades ou sociedades interesadas e tamén cos asesores, representantes legais ou mandatarios que interveñan no procedemento, así como compartir despacho profesional ou estar asociado con estes para o asesoramento, a representación ou o mandato.
c) Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas na alínea anterior.
d) Ter intervido como perito ou como testemuña no procedemento de que se trate.
e) Ter relación de servizo con persoa natural ou xurídica interesada directamente no asunto, ou terlle prestado nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo e en calquera circunstancia ou lugar.
3. Os órganos xerarquicamente superiores a quen se encontre nalgunha das circunstancias sinaladas no punto anterior poderán ordenarlle que se absteña de toda intervención no expediente.
4. A actuación de autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas nos cales concorran motivos de abstención non implicará, necesariamente e en todo caso, a invalidez dos actos en que interviñesen.
5. A non abstención nos casos en que concorra algunha desas circunstancias dará lugar á responsabilidade que proceda.
Artigo 24. Recusación.
1. Nos casos previstos no artigo anterior, os interesados poderán promover recusación en calquera momento da tramitación do procedemento.
2. A recusación presentarase por medio dun escrito en que se expresará a causa ou causas en que se funda.
3. No día seguinte o recusado manifestará ao seu inmediato superior se se dá ou non nel a causa alegada. No primeiro caso, se o superior aprecia a concorrencia da causa de recusación, acordará a súa substitución acto seguido.
4. Se o recusado nega a causa de recusación, o superior resolverá no prazo de tres días, logo dos informes e comprobacións que considere oportunos.
5. Contra as resolucións adoptadas nesta materia non caberá recurso, sen prexuízo da posibilidade de alegar a recusación ao interpor o recurso que proceda contra o acto que poña fin ao procedemento.