Ensino público
3408 resultados
A verdadeira avaliación do sistema educativo galego é a que fai o profesorado e que a Xunta leva ignorando 17 anos
Como aconteceu no caso do informe sobre o uso do galego, o balbordo arredor das probas PISA vén a confirmar que son as administracións con competencia directa as responsábeis de reverter tendencias que a sociedade advirte moito antes da súa publicación.
Un día antes de que comece o curso a Consellaría ten arredor de 1.150 vacantes de profesorado sen cubrir
Este dato corresponde á unha da mediodía de hoxe, martes, concentrándose a maior parte das prazas pendentes no corpos de secundaria e das ensinanzas non obrigatorias (FP, escolas de idiomas, ensinanzas musicais e artísticas...)
A CIG-Ensino apoia as reivindicacións de máis persoal do IES Pedro Floriani de Redondela e denuncia a falta de recursos para atender o alumnado
Tras a ausencia de resposta da administración, o claustro do IES Pedro Floriani acordou facer públicas as necesidades do centro que este ano oferta un novo Ciclo de FP Básica sen incremento de profesorado e precisa de unha especialista de PT máis
O Cañada Blanch de Londres deixa de ofertar lingua galega como se viña facendo desde os anos 90
A CIG-Ensino acusa á Consellaría e ao Ministerio de eludir e incumprir as súas responsabilidades
As licenzas por formación da Consellaría, sen retribuír e insuficientes
O recorte neste dereito perpetúase un ano máis dado que o número de solicitudes foi superior ao das prazas ofertadas pola administración, tal e como alertara a CIG-Ensino tras a publicación da convocatoria en maio.
A CIG denuncia que o preacordo entre a Xunta, CEG e UGT confirma a criminalización das baixas médicas e reforza o papel das mutuas
O seu secretario xeral, Paulo Carril, advirte de que o preacordo mantén intacto o actual deterioro da sanidade pública e o protocolo recorrido pola CIG no TSXG, sen resolver as causas reais do incremento das incapacidades temporais
Falece Maite Caramés, cofundadora da UTEG e pioneira do sindicalismo nacionalista no ensino na clandestinidade
A CIG-Ensino lamenta a perda dunha das primeiras mulleres que axudou a construír o xerme do que hoxe é a confederación intersindical maioritaria en Galiza e á que se lle rendeu unha homenaxe en 2025 por mor do 50 aniversario da fundación da UTEG.
Publicado no DOG o persoal que superou as oposicións. Documentación, prazos e recursos
O Diario Oficial de Galiza publica hoxe a Orde pola que se fai pública a listaxe de persoas que aprobaron os diferentes procedementos selectivos, na que non aparece o persoal ordenado por nota de concurso-oposición polo que será corrixido mañá.
Publicada a resolución definitiva do CADP para o curso 2026/27
Publicadas tamén as instrucións da toma de posesión para todos os corpos con data 1 de setembro de 2026
A Xunta pecha dous ciclos no CIFP Leixa deixando a comarca de Ferrolterra sen opcións de estudar Promoción da igualdade de xénero
A CIG-Ensino denuncia que se apliquen criterios arbitrarios a respecto do número de matrículas necesarias para decidir a continuidade dun ciclo e reclama transparencia nos datos nas formacións aceleradas e na FP dual intensiva.
páxina 1 de 341

