A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría deixa sen cubrir substitucións de 15 días ou superiores alegando que non consegue persoal

Despois de decidir unilateralmente non cubrir as substitucións de menos de 15 días, este curso deixa tamén sen cobertura ausencias desa duración ou incluso superior.

A esta circunstancia súmanse as prazas que seguen sen cubrir desde agosto e setembro, como xa advertiu o sindicato na última Mesa Sectorial e que afectan especialmente ao alumnado de FP e de conservatorios que, nalgúns casos, leva sen docente desde comezos de curso e, noutros moitos, máis de un mes, sen que a curto prazo pareza que se vaia solucionar esta situación. Este desleixo por parte da administración demostra o pouco que lle importa a calidade formativa que reciba o alumnado destas ensinanzas.

Na maior parte dos casos hai xente dispoñíbel para traballar nas listaxes, noutros casos vén de abrir novas listaxes e nos do corpo de cátedras de conservatorios aínda non o fixo malia que a CIG-Ensino leva un mes advertindo de que era necesario.

Prazas sen cubrir desde agosto e setembro até hoxe (73)

Data publicación

Especialidade

Centro

4 de agosto

Máquinas, servizos e produción

CIFP Universidade Laboral

20 de agosto

Sistemas electrotécnicos e automáticos

CIFP Politécnico de Santiago

1 de setembro

Percusión

CMUS Superior da Coruña

1 de setembro

Instalacións electrotécnicas

CIFP Fontecarmoa

9 de setembro

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

CIFP Universidade Laboral

9 de setembro

Sistemas electrónicos

CIFP Politécnico de Lugo

11 de setembro

Procedementos sanitarios e asistenciais

IES Monte Castelo

15 de setembro

Sistemas e aplicacións informáticas

IES Xulián Magariños

16 de setembro

Organización e proc. de mantemento de vehículos

CIFP A Xunqueira

21 de setembro

Instalacións electrotécnicas

IES Plurilingüe Fontexería

21 de setembro

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluidos

IES Universidade Laboral

22 de setembro

Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable

CIFP Portovello

22 de setembro

Informática

IES Lois Peña Novo

24 de setembro

 Frauta Travesa

 CMUS Superior da Coruña

25 de setembro

Sistemas electrónicos

IES Plurilingüe Fontexería

25 de setembro

Sistemas electrónicos

CIFP A Xunqueira

26 de setembro

Informática

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro 

29 de setembro

Informática

IES San Clemente 

29 de setembro

Clarinete

CMUS Profesional da Coruña 

29 de setembro

Sistemas electrónicos

IES Escolas Proval

1 de outubro

Sistemas e aplicacións informáticas

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

2 de outubro

Historia da música

CMUS Superior de Vigo

5 de outubro

Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios

IES Lauro Olmo

6 de outubro

Violín

CMUS Profesional Xoán Montes

6 de outubro

Formación e orientación laboral

 CIFP Valentín Paz Andrade

7 de outubro

Mecanizado e mantemento de máquinas

CIFP Politécnico de Santiago

7 de outubro

Operacións de produción agraria

CIFP A Granxa

8 de outubro

Trompa

CMUS Profesional Xan Viaño

8 de outubro

Deseño interiores

EASD Ramón Falcón

8 de outubro

Acordeón

CMUS Profesional de Ourense

9 de outubro

Informática

IES San Clemente

9 de outubro

Formación e orientación laboral

IES Politécnico de Vigo

9 de outubro

Sistemas e aplicacións informáticas

IES Cosme López Rodríguez 

10 de outubro

Viola

 CMUS Profesional Manuel Quiroga 

12 de outubro

Instalacións electrotécnicas

CIFP Universidade Laboral

13 de outubro

Organización e proxectos sistemas enerxéticos

CIFP Ferrolterra

13 de outubro

Instalacións electrotécnicas

CIFP Porta da Auga

13 de outubro

Sistemas e aplicacións informáticas

IES Fernando Wirtz Suárez

13 de outubro

Mecanizado e mantemento de máquinas

IES Universidade Laboral

13 de outubro

Procesos e produtos en artes gráficas

CIFP Montecelo

13 de outubro

Mantemento de vehículos

CIFP A Xunqueira

13 de outubro

Procesos sanitarios

IES Lamas de Abade

14 de outubro

Operacións de produción agraria

IES Plurilingüe San Rosendo

14 de outubro

 Mecanizado e mantemento de máquinas

IES Urbano Lugrís

14 de outubro

Saxofón

CMUS Profesional Xoán Montes

14 de outubro

Piano

CMUS Profesional de Ourense

15 de outubro

Sistemas e aplicacións informáticas

IES de Teis

15 de outubro

Organización e proxectos de fabricación mecánica

IES 12 de Outubro

18 de outubro

Debuxo

IES Xermán Ancochea Quevedo

19 de outubro

Educación Primaria

CEIP Isaac Díaz Pardo

19 de outubro

Bioloxía e xeoloxía

IES Nº 1 (Ribeira)

19 de outubro

Procesos de producción agraria

CFEA Pedro Murias

19 de outubro

Portugués

EOI de Ferrol

19 de outubro

Asesoría e procesos de imaxe persoal

IES de Teis

19 de outubro

Organización e proxectos de fabricación mecánica

IES de Salvaterra de Miño

19 de outubro

Procesos e produtos de téxtil, confección e pel

CIFP Paseo das Pontes

20 de outubro

Bioloxía e xeoloxía

IES Vilar Ponte

20 de outubro

Educación Infantil

EEI Vila Laura

20 de outubro

Educación Primaria

CEIP Isaac Peral

20 de outubro

Pedagoxía Terapéutica

CEIP Xoaquín Loriga

20 de outubro

Procedementos sanitarios e asistenciais

IES da Pobra do Caramiñal

21 de outubro

Procesos de producción agraria

CFEA de Guísamo

21 de outubro

Operacións de produción agraria

IES Plurilingüe San Rosendo

21 de outubro

Bioloxía e xeoloxía

IES A Pontepedriña

21 de outubro

Bioloxía e xeoloxía

EPAPU Río Lérez

21 de outubro

Pedagoxía Terapéutica

CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera

21 de outubro

Educación Primaria

CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

21 de outubro

Educación Primaria

CEIP Francisco Vales Villamarín

21 de outubro

Lingua estranxeira: Inglés

CEIP das Mercedes

21 de outubro

Educación Física

CEIP de Figueiroa

Un dos últimos casos que lle chegaron ao sindicato son o do IES Afonso X de Cambre, onde, segundo a información trasladada polo centro, a Consellaría comunicou que non se ía cubrir unha ausencia de quince días por permiso de casamento “porque non conseguía persoal”. Idéntica resposta recibiron outros centros cando se dirixen por escrito semana tras semana á inspección e á Subdirección Xeral de RRHH esixindo que se cubran as vacantes. Algunha delas, como unha baixa no CIFP Politécnico de Santiago desde o 20 de agosto de setembro que se prevé de longa duración, foi distribuído o seu horario entre varios docentes.

Para a CIG-Ensino, estas prácticas son inadmisíbeis. No caso dos permisos coñécense con antelación, polo que a administración dispón de tempo para organizar a substitución. No segundo caso, e despois de que o alumnado leve sen docente todo o curso, a solución non pode ser un “parche” provisional que non resolve nada. Así mesmo, o persoal docente que exerce os seus dereitos lexítimos de permisos e licenzas ve como as súas ausencias están a supoñer maior carga de traballo para compañeiros e compañeiras polos recortes de persoal da Consellaría. O sindicato insiste, despois de telo solicitado na última Mesa Sectorial, na necesidade de revisar a situación de todas as listas e de abrir con antelación as especialidades nas que se precisa persoal.

Con todo, hai unha tendencia cada vez maior ás medias xornadas e á precariedade nas substitucións que fai que moitas persoas non decidan aceptar este traballo e que mesmo renuncien unha vez comezado, como é o caso dalgunha das vacantes existentes nestes momentos. Isto responde, segundo a CIG-Ensino, á constante desvalorización e burocratización da profesión docente que a fai moi pouco atractiva e competitiva a nivel salarial e de dereitos laborais a respecto doutras no sector privado.   

A Consellaría xa aplica os filtros dunha ferramenta de chamamentos da que segue sen dar información

Tamén seguen chegando queixas sobre substitucións que non se publican, que aparecen con atraso ou que se borran da aplicación, mesmo cando a duración prevista supera os quince días. Boa parte destes problemas derivan do filtro previsto para a nova aplicación de chamamentos: a ferramenta aínda non está en funcionamento, pero o filtro que limita a publicación das prazas xa se está a aplicar.

A CIG-Ensino exixe que a Consellaría explique os criterios que emprega e que publique e cubra todas as necesidades comunicadas polos centros, sen excluír substitucións pola súa duración.

A Consellaría desatende as demandas do persoal substituto que o sindicato reclamou na Mesa Sectorial

A falta de cobertura das prazas vai acompañada dunha precariedade que a Consellaría segue sen resolver. Na última Mesa Sectorial, o sindicato maioritario denunciou que o profesorado incorporado nos primeiros días de curso non cobrou en setembro e terá que agardar até finais deste mes para facelo. Os prazos de tramitación das nóminas nos que se escusa a Consellaría non xustifican que este persoal teña que adiantar do seu peto os cartos para traballar, despois dun verán sen ingresos e co encarecemento do combustíbel e da vivenda.

A CIG-Ensino demandou tamén na Mesa a implantación da restrición por área xeográfica de forma inmediata, sen necesidade de achegar xustificación, para facilitar a conciliación e axilizar a cobertura das substitucións.

Volver