Ensino público

Publicada a resolución definitiva do CADP para o curso 2026/27

Publicadas tamén as instrucións da toma de posesión para todos os corpos con data 1 de setembro de 2026

A Xunta pecha dous ciclos no CIFP Leixa deixando a comarca de Ferrolterra sen opcións de estudar Promoción da igualdade de xénero

A CIG-Ensino denuncia que se apliquen criterios arbitrarios a respecto do número de matrículas necesarias para decidir a continuidade dun ciclo e reclama transparencia nos datos nas formacións aceleradas e na FP dual intensiva.

A CIG-Ensino cualifica o documento base do Ministerio para reformar o sistema de ingreso docente de “escaso calado”

Esta mañá constituíuse o grupo de traballo, no que está a CIG-Ensino como sindicato máis representativo, que abordará catro eixos: temarios, modelo de oposición, fase de concurso e fase de prácticas.

O Ministerio acepta baixar a ratio da FP básica a 15, unha demanda da CIG-Ensino que debera entrar en vigor o vindeiro curso

Esta mañá tivo lugar unha reunión do grupo de traballo 4 no que se trataron, ademais das ratios de FP, medidas para a climatización e o mantemento dos centros que imparten segundo ciclo de infantil, primaria e ESO no rural.

O profesorado especialista continuará un curso máis na súa situación actual e obterá adxudicación no CADP

A Consellaría aceptou así a petición da CIG-Ensino de adiar o proceso de conversión das listas deste colectivo do corpo 590 en bolsas de persoal experto para permitir unha negociación demorada das súas novas condicións laborais.

As cifras do CADP provisional: tan só 396 docentes máis totais, a redución de 125 vacantes na especialidade de Primaria e menos de 100 PT para Secundaria

Comparando a adxudicación provisional para curso 26/27 coa adxudicación definitiva do pasado, os datos revélanse moi lonxe dos 900 docentes a maiores anunciados pola Xunta e demostran que a baixada ás 18h apenas supón un docente de media máis por centro.

Publicada a resolución provisional do CADP para o curso 2026/27

O prazo de reclamacións e renuncias será o 27 e 28 de xullo

A CIG-Ensino apoia as reivindicacións de máis persoal do IES Alexandre Bóveda de Vigo e anima aos centros a facer públicas as súas necesidades non atendidas

Ante o anuncio da Xunta de 900 docentes máis en secundaria para o vindeiro curso, a realidade nos centros é ben diferente. Neste caso amortízase unha praza de Bioloxía e Xeoloxía e négaselle a segunda praza de orientación e unha máis de PT

25 de Xullo, Día da Patria. A clase traballadora galega pola soberanía nacional e a xustiza social

Camiño do Día da Patria Galega, chamamos a clase traballadora galega a participar en todas as mobilizacións convocadas ao logo deste mes, pero de forma especial as previstas en Compostela para o sábado 25 de Xullo

A CIG aborda coa Intersindical catalá e valenciana o papel dos sindicatos nacionalistas e de clase nos conflitos laborais docentes

A secretaria nacional da CIG-Ensino, Laura Arroxo, expuxo a resistencia do goberno galego a negociar, a censura mediática e a submisión dos principais sindicatos estatais como feitos diferenciais do conflito galego.

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
17/10/2026
Outros 13 Outubro 2026
Programa Talentos inclusivos

Resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na VII edición do programa educativo Talentos Inclusivos durante o curso 2026/27.

Outros 13 Outubro 2026
Listaxes definitivas para cubrir as substitucións

Publica a Consellaría as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitución no curso académico 2026/2027.

Outros 13 Outubro 2026
Listaxes abertas de substitucións en secundaria

A Consellaría anuncia a apertura de listaxes para cubrir substitucións en varias especialidades de ensino secundario.

Outros 13 Outubro 2026
Listaxe para cubrir substitucións en EOI

A Consellaría anuncia a apertura dun prazo para se inscribir nas listaxes para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de árabe, italiano, xaponés e portugués de Escola Oficial de Idiomas.

Outros 13 Outubro 2026
Substitucións en profesorado de sectores singulares de FP

Abre o prazo para solicitar entrar nas listaxes para cubrir substitucións e interinidades nas especialidades de Fabricación e instalación de carpintería e moble e Mecanizado e mantemento de máquinas do corpo de PESSFP.

Outros 13 Outubro 2026
Programa Cinema con perspectiva

Resolución definitiva cos centros seleccionados e non seleccionados para participar no programa educativo Cinema con perspectiva durante o curso 2026/27.