Convocada Mesa Sectorial o 29 de outubro
Na Mesa negociarase a Orde pola que se convocan os concursos de Adultos e de Orientación, ademais da modificación da Orde que establece os postos de especial dificultade
Orde do ________________________ pola que se convoca concurso de traslados específico
entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do
Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (código de procedemento ED013A). Ligazón
ORDE do ___ de novembro de 2026 pola que se convoca concurso de traslados específico
entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, o persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e o persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería (código de procedemento ED013D). Ligazón
Orde do ________________________ pola que se establecen os centros e postos cualificados de
especial dificultade, dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón
Podes facernos chegar as túas achegas a travé do enderezo electrónico galiza@cig-ensino.gal
Novas relacionadas

