Ensino público
3460 resultados
A CIG-Ensino denuncia o intento de censura do profesorado por parte da Consellaría mentres utiliza diariamente os centros para a súa propaganda con fins políticos
O último episodio tivo lugar no IES Ribeira de Louro no que a inspección chamou á orde o profesorado por enviar información por Abalar sobre a folga xeral, algo que cando foi a folga do transporte se fixo con normalidade desde a dirección dos centros
A CIG-Ensino preséntase ás eleccións do 3 de decembro cunha candidatura conformada por 1.090 docentes e un programa baseado en recuperar e en avanzar en dereitos laborais
O sindicato aspira a seguir representando catro anos máis a voz maioritaria do profesorado galego do ensino público non universitario nas aulas, nas rúas e nos órganos de negociación, tanto en Galiza coma en Madrid.
Publicada a convocatoria do Concurso Xeral de Traslados
Prazo de participación: do 5 ao 26 de novembro
A CIG-Ensino denuncia ante a inspección de traballo a situación da auga no CEIP Santo André de Xeve
A CIG-Ensino presentou unha denuncia o pasado 29 de outubro para reclamar garantías de seguridade e saúde para o persoal do centro e o seu alumnado, que leva desde setembro de 2025 sen poder consumir auga das billas
A CIG-Ensino apoia as reivindicacións da comunidade educativa do CEIP Pena de Francia (Mos)
A ANPA chama a concentrarse o 4 de novembro, ás 9.00 horas, diante da porta principal do colexio, en Mos
A Consellaría volve financiar entidades certificadoras privadas de idiomas estranxeiros mentres recorta nas Escolas Oficiais de Idiomas
A CIG-Ensino reclama que se conte coas EOI para realizar as probas de certificación de nivel e denuncia a discriminación do alumnado dos centros non plurilingües
O concurso para cubrir postos de persoal docente e de asesorías técnicas no exterior contará con 108 prazas docentes e 19 de asesorías técnicas
Segundo a información trasladada no grupo de traballo o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir do 3 de novembro.
O Ministerio aproveita para modificar o Decreto que regula os CIFP e as ratios e a presencialidade na FP a distancia no PRD sobre os centros privados
Fixa o arco de presencialidade obrigatoria entre o 15 e o 39% na modalidade virtual e entre o 40 e o 60% na semipresencial. Galiza ten regulado un mínimo dun 25%. Nas ratios o obxectivo é 50 por docente na FP virtual e 25 por módulo na semipresencial.
Queremos Galego comeza a recoller apoios para levar ao Parlamento a ILP Lingua Vital
A CIG chama a secundar a iniciativa que precisa xuntar 10.000 sinaturas para ser debatida na cámara galega
A CIG-Ensino reclama medidas efectivas no Plan de Igualdade e mantén a presión para pechar o Protocolo de Acoso canto antes
O sindicato considera absolutamente insuficiente o borrador da Consellaría e demanda unha negociación real sobre promoción, formación, igualdade retributiva, conciliación e corresponsabilidade, infrarrepresentación, violencia de xénero, saúde laboral...
páxina 2 de 346

