O concurso para cubrir postos de persoal docente e de asesorías técnicas no exterior contará con 108 prazas docentes e 19 de asesorías técnicas

Segundo a información trasladada no grupo de traballo, a convocatoria publicarase o 10 de novembro e o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir do 11 de novembro.

Segundo se extrae da reunión celebrada a semana pasada o baremo e as condicións da convocatoria serán os mesmos que nas edicións anteriores

108 prazas para persoal docente

A oferta docente contará cunha praza menos que na convocatoria anterior. Os destinos estarán nos seguintes países: Andorra, Alemaña, Arxentina, Bélxica, Brasil, Colombia, Estados Unidos, Francia, Italia, Luxemburgo, Marrocos, Países Baixos, Portugal, Suíza e Reino Unido, ademais da Escola Europea de Alacant.

Vacantes
Borrador da convocatoria
Baremo
Códigos

19 prazas de asesorías técnicas

A oferta de asesorías técnicas mantén o mesmo número de prazas que o ano pasado. Segundo a información facilitada, haberá destinos en Andorra, Bélxica, Brasil, China, Costa de Marfil, Estados Unidos, Filipinas, Francia, India, Letonia, Marrocos, Países Baixos, Polonia, Portugal e Suecia.

Como novidade, amplíase a dúas a oferta de asesorías para o corpo de mestres: unha en Lisboa e outra no Reino Unido. Na edición anterior ofertárase por primeira vez unha praza para este corpo, a de Lisboa.

Vacantes
Borrador da convocatoria
Baremo
Códigos

Toda a información sobre estas prazas nesta sección da nosa web: https://www.cig-ensino.gal/prazas-no-exterior.html

Volver