A CIG-Ensino denuncia ante a inspección de traballo a situación da auga no CEIP Santo André de Xeve

A CIG-Ensino presentou unha denuncia o pasado 29 de outubro para reclamar garantías de seguridade e saúde para o persoal do centro e o seu alumnado, que leva desde setembro de 2025 sen poder consumir auga das billas

O sindicato maioitario no ensino público presentou a denuncia ante a inspección de traballo de Pontevedra pola situación que se está a vivir no CEIP Santo André de Xeve, en Pontevedra, debido á contaminación daauga das instalacións. A CIG reclama que se investigue a situación e que se adopten as medidas necesariaspara garantir a seguridade e a saúde do persoal traballador e alumnado do centro.

O problema remóntase a setembro de 2025, cando se advertiu de que a auga das billas non era apta para o consumo debido á presenza de contaminantes, inicialmente atribuída a un exceso e manganeso. Desdeentón, o centro non pode utilizar a auga para beber e o Concello de Pontevedra comezou a facilitar augaembotellada para o consumo.

Malia o tempo transcorrido, a situación continúa sen resolverse definitivamente. Durante estes meses trasladáronse reiteradamente as preocupacións e solicitudes de información ás administracións competentes, sen que, segundo a información dispoñible, se ofrecese unha resposta suficiente que permita coñecer con claridade o alcance do problema e as garantías existentes para a saúde das persoas.

A preocupación aumentou tras a publicación de informacións nos medios de comunicación sobre a propostada Xunta de Galicia de sancionar o concello e a empresa concesionaria do servizo de augas porincumprimentos dos límites legais de manganeso e radioactividade nas analíticas realizadas.

Ante esta situación, a CIG decidiu acudir á inspección de traballo para que se investiguen as condicións nasque o persoal desenvolve a actividade e se determine a necesidade de adoptar medidas preventivasadicionais. Solicitamos que se ordene a realización urxente dunha inspección e unha avaliación de riscos, que se esclareza a veracidade da informacións publicadas e que se apliquen de inmediato as medidas correctoras necesarias en materia de prevención de riscos laborais. A CIG considera que a saúde laboral debe estar garantida en todo momento e que non é aceptable prolongar unha situación de incerteza sen información suficiente nin solucións definitivas.

O sindicato insta as administracións responsables a actuar con urxencia, coordinarse e ofrecer informaciónclara tanto ao persoal traballador como á comunidade educativa. A presenza de alumnado de Educación Infantil e Primaria fai aínda máis necesario establecer os feitos e garantir unhas condicións adecuadas parao desenvolvemento da actividade educativa.

A CIG continuará reclamando que se adopten as medidas necesarias para resolver definitivamente un problema que se prolonga dende hai máis dun ano.

Volver