Ensino público

A CIG-Ensino apoia a reivindicación da ASAC de revisar a Orde de atención á diversidade para que as altas capacidades non dependan exclusivamente do cociente intelectual

A secretaria nacional do sindicato reuniuse co presidente da Asociación de Altas Capacidades de Galiza para analizar as eivas que ten a normativa galega á hora de identificar este alumnado

VI Xornadas de historia. A nosa historia facémola nós

Este ano a AS-PG e a CIG-Ensino danlle forma de "Paseos histórico-pedagóxicos pola cidade de Santiago" ás Xornadas da Historia con catro roteiros a cargo de César Caramés, Óscar Senra, Xosé Antón Serén, Sira Vidal, Manolo Gago e Sole Felloza.

Información da Mesa Sectorial do 29 de outubro

Na Mesa negociouse a Orde pola que se convocan os concursos de Adultos e de Orientación, ademais da modificación da Orde que establece os postos de especial dificultade

A CIG-Ensino reclama que se poida estudar galego nas seccións das EOI e apoia a campaña para que se imparta na Mariña de Lugo

O sindicato esixe ampliar unha oferta que actualmente se limita ás sete cidades e a Vilagarcía de Arousa e denuncia que a Consellaría siga sen autorizar estas ensinanzas na EOI de Viveiro, malia as peticións realizadas desde o propio centro

A CIG-Ensino, FSIE, UGT, CCOO, USO e SNEP confirman novas mobilizacións do persoal do ensino concertado ante a inacción da Consellaría despois de 2 xornadas de folga

As seis OO.SS convocan manifestacións con caravanas de coches o 29 de outubro en Pontevedra, Ferrol, Ourense, Vigo, A Coruña e Santiago para quentar motores de cara a terceira xornada de folga no sector, o 10 de novembro, e a folga xeral do 11

O Goberno recicla o acordo salarial e os sindicatos estatais venden os atrasos como unha nova conquista

A CIG denuncia a propaganda arredor das subas salariais e alerta de que o persoal público perderá outros 2,9 puntos de poder adquisitivo en 2026, unha cifra que se eleva ao 3,5 en Galiza

O Ministerio dá por rematada a negociación das ratios nas ensinanzas non obrigatorias e aprobará por RD que o alumnado NEE compute como dobre o próximo curso en todas as etapas

Na Mesa Sectorial docente do Estado a CIG-Ensino criticou que non se concretara a promesa de que esta ía ser a “lexislatura do profesorado” e que medidas como a redución das ratios en primaria e secundaria e a baixada do horario lectivo queden sen aprobar

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría deixa sen cubrir substitucións de 15 días ou superiores alegando que non consegue persoal

Despois de decidir unilateralmente non cubrir as substitucións de menos de 15 días, este curso deixa tamén sen cobertura ausencias desa duración ou incluso superior.

A CIG-Ensino apoia as protestas da comunidade educativa do IES Marco do Camballón pola dotación inmediata de profesorado de Latín e Grego

A Consellaría alude á baixa cifra de alumnado matriculado cando en realidade a súa estratexia é a de deixar morrer as Linguas Clásicas nos centros do rural para amortizar prazas e recortar en persoal docente.

Convocada Mesa Sectorial do Estado

A Mesa terá lugar o martes 20 de outubro

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
19/11/2026
Outros 18 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 de Orientación do corpo de mestres.

Outros 17 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados e excluídos do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE).

Outros 16 Novembro 2026
Rede Planea de Arte e Escola

Publicados os centros colaboradores da Rede Planea de Arte e Escola para o curso 2026-2027.

Outros 11 Novembro 2026
VIII Ciberliga

Convocada a “VIII CiberLiga 2026/27 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos no curso 2026/27.

Outros 11 Novembro 2026
Interinidades en Máquinas e servizos de produción

A Consellaría anuncia a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de Máquinas e servizos de produción.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.