VI Xornadas de historia. A nosa historia facémola nós
Este ano a AS-PG e a CIG-Ensino danlle forma de "Paseos histórico-pedagóxicos pola cidade de Santiago" ás Xornadas da Historia con catro roteiros a cargo de César Caramés, Óscar Senra, Xosé Antón Serén, Sira Vidal, Manolo Gago e Sole Felloza.
Trátase dunha xornada gratuíta e homologada con 8 horas de formación, que se realizará o vindeiro día 21 de novembro. Nela farase un percorrido histórico-pedagóxico pola cidade de Santiago para pararnos en puntos de referencia arredor da revolución de 1846, dos anos do franquismo, das mulleres pioneiras ou de Otero Pedrayo.
Matriculate na seguinte ligazón.
Novas relacionadas

