Convocada Mesa Sectorial do Estado
A Mesa terá lugar o martes 20 de outubro
Na Orde do día figura a proposta de redución de ratios, un Decreto ónmibus sobre FP: regulamentación de centros privados, centros asociados e centros de segunda oportunidade, modificación do Decreto 1158/2005 polo que se regulan os requisitos básicos dos CIFP e un Real Decreto para introducir as linguas non oficias que gozan de protección legal en diversos Decretos
Proxecto de Real decreto polo que se modifican o Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria, e o Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional. Ligazón
Proxecto de Real decreto de garantía de calidade dos centros privados do Sistema de Formación Profesional integrados no sistema educativo, e polo que se regulan os centros asociados e os centros de segunda oportunidade no Sistema de Formación Profesional, así como a Rede Estatal de Centros de Excelencia de Formación Profesional. Ligazón
Proxecto de Real decreto polo que se modifican diversos reais decretos que establecen as especialidades dos corpos docentes aos que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en relación coas linguas non oficiais que gocen de protección legal nas comunidades autónomas. Ligazón
Podes facernos chegar as túas achegas a galiza@cig-ensino.gal

