Calendario
Eventos do ano 2026
Non participación no CADP
Comeza o prazo para o profesorado obrigado a cubrir o CADP solicite a súa non participación na adxudicación de destino provisional para o curso 2026-2027.
Escolas de fronteira
Publica a Consellaría unha modificación da resolución da Rede de Escolas de Fronteira durante o curso 2025/26.
Centros E-Dixgal
Na web da Consellaría publícase a convocatoria de novos centros E-Dixgal para o curso 2026/27.
Novo nome para o CEIP Víctor Sáez
Publica o DOG a nova denominación para o CEIP Víctor Sáez de Mazaricos, que pasa a chamarse CEIP San Cosme de Antes.
Seccións bilingües
No DOG publícase a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2026/27.
Aspirantes admitidos para as oposicións
Publica a Consellaría a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas oposicións docentes do 2026.
Reto STEM polo eclipse solar
A Consellaría anuncia a convocatoria de acreditación de guías escolares e de retos STEM vinculados á eclipse solar total de agosto de 2026 (Polos Eclipsados) nos centros docentes que conten cun Polo creativo.
Programa STEMBach
Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para os centros solicitar a súa participación no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2026/27.
Interinidades en galego de secundaria
Publicada a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo de interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura de secundaria.
Portugués nas EOIs
Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo para impartir docencia como profesorado interino ou substituto de portugués na EOI.
Interinidades en relixión católica
Relación definitiva para cubrir interinidades e substitucións de relixión católica na ESO e non Bacharelato.
Interinidades en relixión evanxélica
A Consellaría publica a relación definitiva de profesorado de relixión evanxélica en primaria, ESO e Bacharelato.
Rede 'Ponte... nas ondas!'
Convoca a Consellaría a participación na Rede de Centros “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2026/27.
Estadía FP no estranxeiro
Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados e non seleccionados no programa Estadía FP no Estranxeiro.
Programa Educación responsable
Convoca a Consellaría a selección de centros para incorporarse ao programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, para o curso 2026/27.
Contrato de vida dixital
A Consellaría publicou na súa páxina web un modelo de contrato de vida dixital.
Concurso de pódcast-Radio na biblio
A Consellaría fai publico o resultado do VIII Concurso de Pódcasts – Radio na biblio.
Cursos CELGA
Anúncianse as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.
Novos centros E-dixgal
A Consellaría anuncia a convocatoria para a selección de novos centros participantes no programa E-Dixgal para o curso 2026/27.
Traballos de investigación STEMbach
Publicada a listaxe de traballos de investigación admitidos na convocatoria de recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do STEMbach do curso 2025/26.
Programa Edu-Mob 26/27
Na web da Consellaría pódese consultar a selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con centros da Région Académique de Grand Est (Francia).
Prazas para profesorado no extranxeiro
Publica o BOE a convocatoria para cubrir prazas en seccións bilingües de castelán en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Moldavia, Polonia, República Checa, Rumanía e Rusia para o curso 2026-2027.
Comisións por motivos de saúde
O prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde propia ou dun familiar a cargo é do 24 de abril ao 8 de maio do 2026, ambas as datas inclusive.
Comisións por conciliación
O prazo para solicitar unha comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral é do 24 de abril de 2026 ao 8 de maio de 2026, ambos incluídos.
Centros plurilingües
O DOG publica a orde coa convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia e se regula o Plurinfantil e Pluribach para o curso 2026/27.
Interinidades en relixión católica
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas nas listas de substitucións e o baremo provisional para impartir docencia docencia de relixión católica en ESO e Bacharelato.
Interinidades en Relixión evanxélica
Relación provisional na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir Relixión evanxélica en primaria, secundaria e bacharelato.
Interinidades en portugués de EOI
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de substitucións para impartir docencia en portugués de escolas oficiais de idiomas.
Interinidades en galego de EOI
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en galego de EOI.
Interinidades en galego de secundaria
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura en secundaria.
Interinidades en grego, latín e portugués
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en grego, latín e portugués de secundaria.
CXT no DOG
Publicada no DOG a resolución definitiva do Concurso de traslados do 2026.
Recursos didácticos en galego
Bases reguladoras no DOG para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares.
Proba de galego nas oposicións
Publicado o resultado do sorteo dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións docentes do 2026.
Persoal admitido nas oposicións
Publicadas as listaxes provisionais de persoal admitido e excluído das oposicións 2026.
Resolución definitiva do CXT
A Consellaría publica a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados na súa páxina web.
Proxectos de innovación en FP
Publicada a listaxe definitiva de proxectos de innovación admitidos e excluídos na convocatoria dos premios a proxectos de innovación no ámbito da FP.
Estadías formativas en empresas
Publicada a resolución definitiva da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2026.
Resolución PIALE
Publica a Consellaría a resolución provisional das solicitudes de participación no programa PIALE 2026.
Sorteo dos tribunais das oposicións
Publicado na web da Consellaría o resultado do sorteo dos vogais dos tribunais que xulgarán as oposicións docentes do 2026.
Vacantes definitivas do CXT
A Consellaría publica a relación de vacantes definitivas para o concurso de traslados do profesorado do ano 2026.
Interinidades en Lingua Galega e Literatura
Anuncia a Consellaría a apertura de listaxes para cubrir substitucións na especialidade de secundaria de Lingua Galega e Literatura.
Interinidades en Grego, Latín e Portugués
Anunciada a apertura de listaxe para cubrir substitucións en Grego, Latín e Portugués de secundaria sen necesidade de ter o mestrado de profesorado.
Galego da EOI
Aberto prazo para que o profesorado que cumpra os requisitos se poida apuntar para cubrir substucións de Galego de Escola Oficial de Idiomas.
Relixión católica
A Consellaría convoca O procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións de relixión católica no nivel de ESO e bacharelato.
Relixión evanxélica
Convocado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica en primaria, ESO e bacharelato.
Ordenación xeral da FP
A Consellaría publica unha corrección de erros no Decreto que estabelece a ordenación xeral da FP.
Concurso de Traballo por proxectos
Convocado o XII Concurso de Traballo por Proxectos para o curso 2025/26.
Acceso a ciclos formativos
Publicada a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP para o ano 2026.
Avaliación de diagnóstico
Publica o DOG as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e ESO para o curso escolar 2025/26.
Concurso de orientación
Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos centros de infantil, primaria e de educación especial.
Programa Impulso mentor
Resolución definitiva cos centros seleccionados do Programa piloto “Impulso Mentor” para o curso 2025/26.
Ordenación xeral da FP
O DOG publica o Decreto polo que se estabelece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.
Interinidades en secundaria
Relación definitiva na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídasnas listas de interinidades e substitucións de Lingua galega e Literatura e de Organización e procesos de mantemento de vehículos.
Galego de Escola de Idiomas
A Consellaría publica a relación definitiva para cubrir interinidades e substitucións en Galego de Escola de Idiomas.
Interinidades en Mantemento de vehículos
Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo na especialidade de PESSFP en Mantemento de vehículos.
Titulación Bachibac
Convocada a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat para o curso académico 2025/2026.
Concurso de direccións
Publicada no DOG a Orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos.
Concurso de orientación
Publicada a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Baloncesto 3x3 nos centros
Centros seleccionados para a promoción da práctica da modalidade de baloncesto 3x3 nos centros de ensino para o curso 2025/2026.
Instrucións para as reclamacións
Instrución 2/2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, cos prazos e aspectos do procedemento para as revisións e as reclamacións finais en infantil, primaria, ESO e bacharelato para o curso 2025/2026.
Interinidades en Galego de EOI
Publica a Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído para as listas de substitucións en Galego de Escola de Idiomas.
Interinidades en soldadura
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de profesorado admitido e excluído das listas de substitucións para Soldadura do corpo de Profesorado Especialista en Sectores Singulares da FP.
Interinidades en Mantemento de vehículos
Pode consultarse na web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído para cubrir substitucións e interinidades na especialidade de Mantemento de vehículos do corpo de Profesorado Especialista en Sectores Singulares da FP.
Interinidades en secundaria
Resolución provisional na web da Consellaría das listaxes provisionais para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de secundaria de Lingua Galega e Literatura e Organización e procesos de mantemento de vehículos.
Programa educativo Impulso Mentor
A Consellaría publica na súa web a resolución provisional de programa educativo Impulso Mentor.
Proba de galego e castelán nas oposicións
Publica a Consellaría unha correción de erros relativa a data na que se realizarán as probas de galego e castelán nas oposicións do 2026.
Asistencia a actividades de formación
Publica o DOG a orde pola que se conceden axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado para o ano 2025.
Proxectos de innovación en FP
Publicada na web da Consellaría a listaxe de proxectos presentados á convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional.
Inmersión lingüística en inglés
Resolta definitivamente a convocatoria do programa Spring Week dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2025/26.
Selo Biblioteca escolar solidaria
Convoca a Consellaría o Selo Biblioteca Escolar Solidaria e a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar primaria de centros integrados no programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2025/26.
Abordaxe de problemas de conduta
Publica a Consellaría unha guía para a Abordaxe de problemas de conduta no ámbito educativo.
Programa Global Classroom Galicia
A Consellaría anuncia a participación de centros públicos no Programa Global Classroom Galicia.
Folga no CIFP Manuel Antonio
A Consellaría publica os servizos mínimos para a folga convocada pola CIG-Ensino no CIFP Manuel Antonio de Vigo o 5 de marzo.
Programa InnovaTech FP
Publica a Consellaría a listaxe de equipos seleccionados para pasar á segunda fase do programa InnovaTech FP 2025-2026.
Programa Acordamos Convivir
Relación de centros seleccionados para o programa piloto de mediación escolar “Acordamos ConVivir”.
Admisión de alumnado
Publica a Consellaría o resultado do sorteo para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2026/2027.
Matrícula nas oposicións
Comeza hoxe o prazo para se matricular nas oposicións docentes do 2026 que remata o 16 de marzo.
Portugués na Escola de Idiomas
A Consellaría publica a relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo de profesorado para impartir docencia de portugués na EOI.
Convocatoria oposicións
Publica o DOG a orde coa convocatoria das oposicións docentes do 2026.
Programa 'Impulso Mentor'
Anunciada a convocatoria do programa piloto “Impulso Mentor” destinado ao alumnado xitano para o curso 2025-26.
Competencia dixital do alumnado
Modificación das instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de ESO e Bacharelato.
Resolución provisional do CXT
Publica a Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados do ano 2026.
Concurso de orientación
Publicada a resolución provisional do concurso de traslados específico entre persoal funcionario do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Concurso de Pódcasts
Convocado o VIII Concurso de Pódcasts - Radio na Biblio.
Oferta de emprego público docente
Decreto no DOG polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes para o ano 2026.
Apertura de listaxe de interinidades
A Consellaría anuncia a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de secundaria de Lingua galega e literatura e de Organización e procesos de mantemento de vehículos.
Interinidades de galego na EOI
A Consellaría publica a convocatoria de listaxes para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de Galego de Escola Oficial de Idiomas.
Interinidades en mantemento de vehículos
A Consellaría abre o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en Mantemento de vehículos (corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional).
Interinidades en Soldadura
Na web da Consellaría anúnciase a apertura de listas de interinidades e substitucións en soldadura, especialidade do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional
Concurso Letras Galegas 2026
Publicados os centros gañadores do concurso-exposición sobre Begoña Caamaño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026.
Plan integral de Benestar dixital
Publicado na páxina web da Consellaría o Plan integral de Benestar dixital da Consellaría de Educación.
Acceso á Universidade
Publicadas no DOG as instrucións para a realización da proba de acceso á universidade (PAU) no curso 2025/26.
Consorcio Erasmus+ Galemundo
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros docentes públicos para a súa incorporación ao Consorcio Erasmus+ Galemundo.
Interinidades en portugués de secundaria
Resolución coas persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en portugués de secundaria.
Interinidades en portugués de EOI
Relación provisional na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de portugués de Escola Oficial de Idiomas.
Concurso de Teatro Clásico
O Ministerio de Educación convoca o XIX Concurso de Teatro Clásico Grecolatino nas ensinanzas non universitarias correspondente ao curso escolar 2025-2026.
Cursos CELGA
A Consellaría de Lingua convoca cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Programa 'Que non te líen, ti elixes'
Resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na 2ª convocatoria do curso 2025/26 no programa educativo Que non te líen, ti elixes.
Programa 'Acordamos ConVivir'
Convoca a Consellaría o programa piloto de mediación escolar “Acordamos ConVivir” dirixido a centros para o curso 2025-2026.
Intercambio de alumnado
Resolución definitiva do programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2025/2026.
Interinidades no cátedras do conservatorio
A Consellaría publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.
Consorcio Erasmus+ Galemundo
Resolución provisional na web da Consellaría cos centros docentes públicos para a súa incorporación ao Consorcio Erasmus+ Galemundo.
Competencia dixital do alumnado
Publicadas as instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado de ESO e Bacharelato no curso 25/26.
Admisión de alumnado
Anuncia a Consellaría a data para realizar o sorteo no que se extraerá o número para resolver os empates na puntuación das alumnas e alumnos no proceso de admisión do próximo curso 2026/2027.
Interinidades en grego e latín
Publicada a relación definitiva de profesorado admitido para cubrir interinidades e substitucións en grego e latín de secundaria.
Interinidades en acordeón, clave e fundamentos de composición
Publica a Consellaría a relación definitiva de persoal admitido para cubrir interinidades e substitucións en acordeón, clave e fundamentos de composición do corpo de profesorado de música.
Vacantes provisionais do CXT
A Consellaría publica na súa web as vacantes provisionais do concurso xeral de traslados.
Baremo provisional do CXT
Até o 9 de febreiro están abertos a consultas os baremos provisionais das solicitudes de participación no concurso xeral de traslados.
Real Decreto da Inspección educativa
Publicado no BOE o Real Decreto polo que se regula a inspección educativa.
Convocatoria do PIALE
Publica o DOG a orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (PIALE) para o ano 2026.
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado
Convoca a Consellaría axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Certificación de ensinanzas de idiomas
Publicadas as instrucións que regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial e libre para o curso 2025/26.
Interinidades de portugués na EOI
Resolución definitiva das listaxes para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de portugués de Escola Oficial de Idioma.
Interinidades en portugués de secundaria
Convoca a Consellaría un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en portugués de secundaria.
Programa 'Menores nin unha pinga'
Relación definitiva de centros seleccionados no programa educativo 'Menores nin unha pinga' no curso 2025/2026.
Programa de inmersión lingüística en inglés
Resolución provisional na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística Spring Week,dirixido ao alumnado de 6º de primaria e de ESO durante o curso 2025/26.
Substitucións en grego e latín
Publica a Consellaría a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en grego e latín.
Premios 'Innovagal'
Resolución publicada na web da Consellaría cos premios educativos Innovagal para o ano 2025.
Plan xeral da inspección educativa
Publica o DOG o Plan xeral da Inspección Educativa do curso 2025/26.
'Ponte... nas Ondas!'
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na Rede “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2025/26.
Concurso de traballo por proxectos
A web da Consellaría anuncia a relación de centros premiados no XI Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar durante o curso 2024/25.
Programa 'Lectura e familias'
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.
Dinamización lingüística
A Consellaría anuncia a apertura da convocatoria para a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística.
Liga escolar de debate
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes na I Liga escolar de debate para centros públicos no curso 2025/26.
Concurso 'O noso canto'
Publica a Consellaría a convocatoria do I Concurso 'O noso canto: máis voces, máis igualdade'.
Interinidades en cátedras de Conservatorio
Na web da Consellaría publícase a resolución provisional das listaxes para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de Clave, Composición e Canto de jazz do corpo de catedráticos de música.
Interinidades de profesorado de música
A Consellaría anuncia na súa páxina web a relación provisional de profesorado admitido e excluído para impartir as especialidades de Acordeón, Clave e Fundamentos de composición do corpo de profesorado de música e artes escénicas.
Premios eTwinning 2026
Convoca o Ministerio os premios eTwinning 2026 dirixidos a profesorado dos centros públicos que recibisen un selo de calidade nacional eTwinning 2025.
Interinidades en latín e grego
Anuncia a Consellaría a apertura de listas de interinidades e substitucións de latín e grego que, de xeito excepcional, poderá incluír persoal que non posua o mestrado de profesorado.
Programa 'Que non te líen, ti elixes'
Convocado o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” no curso 2025/26.
Interinidades en portugués
Relación provisional de profesorado admitido e excluído e baremo provisional das listaxes para cubrir interinidades e substitucións en portugués de Escola Oficial de Idiomas.
Interinidades en varias especialidades de secundaria
Publica a Consellaría a relación definitiva de profesorado para cubrir interinidades e substitucións en Organización e proxectos de fabricación mecánica, Máquinas, servizos e produción, Operacións de produción agraria e Procesos comerciais.
Curso de actualización de competencias directivas
O BOE anuncia a convocatoria de 6.550 plazas para a realización de cursos titorizados en liña para a formación permanente do profesorado e do curso sobre actualización de competencias directivas.
Proxectos de fomento do uso do galego
Publica o DOG a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego.
I Liga escolar de debate
A Consellaría publica a relación provisional de centros participantes na I Liga escolar de debate para o curso 2025/26.
Proxectos de formación de profesorado de FP
Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación do profesorado de FP e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2025-2026.

