Destinos provisionais secundaria

Normativa da adxudicación de destinos provisionais

ORDE do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional publicada no DOG do 14 de xuño de 2018. Ligazón

  • Convocatoria de destinos provisionais 2014-2015

    ORDE do 10 de xuño de 2014 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para ocurso académico 2014-2015, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño LIGAZÓN

    Resolución definitiva  por orde de adxudicación LIGAZÓN

    Resolución definitiva por orde alfabética LIGAZÓN

    Instrucións para a toma de posesión. LIGAZÓN

    A Consellaría colgou na súa web, na tarde do 4 de agosto, a resolución provisional de destinos para todo o persoal docente que non ten destino definitivo. O prazo de reclamacións será do 6 ao 11 de agosto.

    Resolución provisional.

    Por orde de adxudicación. Ligazón

    Por orde alfabética. Ligazón

    Reclamacións:

    Do 6 ao 11 de agosto ambos inclusive.

    Profesorado de secundaria: Fax: 981545484. Correo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es

    Resolución definitiva.

    Corpos de secundaria: 9 de setembro

    Ligazón ao CADP

  • Convocatoria de destinos provisionais 2013-2014
    CONVOCATORIA

    ORDE do 6 de xuño de 2013 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2013/14 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal o que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo. Ligazón

    PARTICIPACIÓN

    Aplicación para participar no CADP: Ligazón

    PRAZO DE PARTICIPACIÓN

    O prazo abranguerá dende o día 18 de xuño ata o 8 de xullo de 2013, ámbolos dous incluídos.

    PRAZOS DE RESOLUCIÓNS

    Resolución provisional o 31 de xullo.

    Resolución definitiva antes do 12 de setembro.

    LISTAXES DE PROFESORADO

    Electores provisionais (18 de xullo). Ligazón

    RESOLUCIÓN PROVISIONAL.

    Adxudicación publicada o 2 de agosto. Ligazón

    Adxudicación por orde alfabética publicada o 2 de agosto. Ligazón

    A adxudicación provisional publicada o 31 de xullo contiña erros que foron subsanados, polo que se volveu publicar a adxudicación provisional o 2 de agosto.

    RESOLUCIÓN DEFINITIVA.

    Ligazón á paxina web da Consellaría

    Adxudicación definitiva por orde alfabética publicada o 11 de setembro Ligazón

    Adxudicación definitiva por orde de adxudicación publicada o 11 de setembro Ligazón

    Vacantes Ligazón

    INSTRUCIÓNS PARA A TOMA DE POSESIÓN.

    O prazo para tomar posesión no centro educativo de destino é de 48 horas desde a publicación da adxudicación na páxina web de Educación.

    Instrucións proporcionadas pola Consellaría para a toma de posesión. Ligazón

    INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLARÍA

    Ligazón

    VACANTES PROVISIONAIS

    Vacantes publicadas posteriormente á adxudicación provisional. Descargar

    VACANTES DEFINTIVAS

  • Convocatoria de destinos provisionais 2012-2013

    CONVOCATORIA

    ORDE do 5 de xuño de 2012 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional, para o curso académico 2012-2013, entre o persoal docente pertencente aos corpos de PES, PTFP, EOI, Música e Artes Escénicas (DOG 15-6-2012) Ligazón

    PRAZO DE PARTICIPACIÓN

    Vinte días naturais contados a partir da publicación da convocatoria no DOG.

    PRAZOS

    Adxudicación definitiva antes do 12 de setembro.

    LISTAXES DE PROFESORADO

    Profesorado en expectativa de destino para o curso 2012/13. Ligazón

    Profesorado interino e subsituto para o curso 2012/13. Ligazón

    RESOLUCIÓN PROVISIONAL. Na web da Consellaría de Educación desde o 31 de xullo

    Listaxe por especialidades: Ligazón

    RESOLUCIÓN DEFINITIVA. Publicada na web da Consellaría o 11/09/2012. Ligazón

    No DOG do 17 de setembro. Ligazón

    INSTRUCIÓNS PARA A TOMA DE POSESIÓNLigazón

    INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLARÍA

    Ligazón.

  • Convocatoria de destinos provisionais 2011-2012
    ADXUDICACIÓN:

    Resolucion provisional por especialidades publicada na páxina web da Consellaría o 29 de xullo. Ligazón

    • Prazo de reclamacións: deberán facerse por escrito desde o momento desta publicación até o 4 de setembro
    Resolucion definitiva 
    • por especialidade: publicada na web da Consellaría o 13 de setembro. Ligazón
    • publicación no DOG. Ligazón
    TOMA DE POSESIÓN:
    • Instrucións para a toma de posesión do profesorado con destino provisional para o curso 2011/12.Ligazón
    CONVOCATORIA

    Convocatoria de destinos provisionais para o corpo de secundaria. ORDE do 24 de xuño de 2011 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2011-2012, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal opositor do ano 2011, persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo. Ligazón

    INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLARÍA

    Toda a información sobre os destinos provisionais colgada na web da ConsellaríaLigazón

    Aplicación para concursar. Ligazón

  • Convocatoria de destinos provisionais 2010-2011

    Convocatoria

    (DOG 22-06-10) 

    Corrección de erros

    (DOG 8-7-10) 

    Información da Mesa sectorial

    Información do debate na Mesa Sectorial o día 26-5-10. Ligazón 

    Participación no concurso 

    Listaxe de profesorado en expectativa, interino e substituto (páxina consellaría 1-7-10) .

    Prazo de reclamación contra esta listaxe: do 1 ao 10 de xullo (base trixésima da convocatoria de destinos provisionais)

    Ligazón (accédese no apartado "entrar" mediante a conta de correo da xunta e mailo contrasinal da mesma) 

    Adxudicación definitiva 

    Adxudicación definitiva PES e EOI

    Adxudicación definitiva PTFP, CMUS

    Adxudicación Provisional 

    Notas de prensa da CIG previas a esta adxudicación (21/7/10) e 29/7/10

    Adxudicación por corpos e especialidades (30-7-10)

    Adxudicación por orde alfabética (web consellaría 30-6-10

    Reclamacións e renuncias: desde a resolución provisional ata o 04-09-10 (incluído)

    Modelo Reclamación á resolución provisional 

    Vacantes

    Vacantes provisionais: Ligazón 

    Prazos previstos 

    Período de concurso: ata o 27 de xullo

    Resolución provisional: 30 de xullo de 2010 (previsto)

    Reclamacións e renuncias: desde a resolución provisional ata o 04-09-10

    Resolución definitiva:14 de setembro de 2010 (previsto) 

    Novidades

    Desdobre de listaxes

    Listaxes de PES e PTFP que viñan funcionando como listaxe única e que agora se desdobran (a efectos de interinidades e substitucións):

    • Lista de “Clásicas” desdóbrase en: “Latín” e “Grego”

    • Lista de “Administración de empresas” desdóbrase en: “Administración de empresas” e “Economía”

    • Lista de “Procesos diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos” desdóbrase en. “Procesos diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos” e “Procesos sanitarios”.

    • Lista de “Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico” desdóbrase en: “Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico” e “Procedementos asistenciais”

    O profesorado que vaia a figurar nas dúas listaxes (será así se reúne requisitos de titulación) deberá entregar unha instancia por cada unha das especialidades en que se desdobran (ver apartado presentación de varias solicitudes).

    Agrupamento especialidades

    a) As especialidades agrupadas caracterízanse porque serán adxudicadas conxuntamente.
    CASO 1: As/Os funcionarias/os de carreira que sexan titulares de máis dunha especialidade das agrupadas solicitará todas as prazas que desexen nunha única instancia.

    CASO 2: O persoal docente interino e substituto que estea en máis dunha lista das especialidades agrupadas formalizará unha solicitude por cada especialidade.

    b) Son especialidades de PES de FP agrupadas as seguintes:

    - “Sistemas electrotécnicos e automáticos” e “Organización e proxectos de sistemas enerxéticos”.

    - “Análise e Química industrial”, “Procesos de produción agraria” e “Procesos na industria alimentaria”.

    c) Son especialidades agrupadas de Profesores técnicos de FP:

    - “Mecanizado e mantemento de máquinas” e “soldadura”.

    - “Instalacións electrotécnicas” e “instalación e mantemento de equipos térmicos e fluídos”.

    - “Perruquería” e “Estética”.

    - “Operacións de produción agraria” e “Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios”.

    - “Cociña e pastelería” e “Servizos de restauración”.

    Presentación de varias solicitudes

    Como norma xeral,o persoal que estea, ou vaia estar, en máis dunha lista de interinidades, debe presentar unha solicitude por cada unha. Para obter destino na especialidade e corpo concreto, haberá que renunciar, no prazo, ao resto de solicitudes presentadas, senón a adxudicación será segundo a orde estabelecida na convocatoria.

    Comisións de servizo:

    As/os funcionarias/os do corpo de mestres e secundaria que solicitaron comisión de conciliación da vida laboral e familiar non poden participar no concurso, pois teráselles en conta a petición de destinos feita na solicitude da comisión. Para o persoal que solicitou comisión de saúde e non ten destino definitivo, pode participar no concurso de destinos provisionais cubrindo outra petición de destinos, por se non é adxudicado dentro dos destinos cubertos na solicitude da comisión de servizos.   

    Outras informacións 

    Códigos de provincias

    Marcar provincia no concurso de destinos provisionais non quere dicir que, como profesor/a interino/a ou substituto/a, optes a esas provincias para as substitucións no curso 10-11. Marcar provincia na solicitude implicará que se non se obtén destino en ningún dos códigos cubertos na solicitude, que che adxudicarán de oficio en calquera centro desa provincia (incluíndo prazas con afíns e itinerantes, se na solicitude así se marcaron).
    Por outra banda, unha vez publicada a adxudicación definitiva deste concurso, a Consellaría habilitará unha aplicación informática para que, se así o desexas, escollas a provincia ou provincias nas que desexes facer substitucións durante o curso 10-11 (de non facelo optas a todas as provincias).

    Entrega por rexistro de solicitudes

    Non hai que presentar por rexistro a/as solicitudes, nin en Mestres nin en Secundaria. A solicitude que se terá en conta será a última que se modifique dentro do prazo. Se fas modificacións da túa solicitude, desde a CIG recomendámosche que presentes por rexistro a solicitude (non o fagas no rexistro do teu centro).

    Persoal funcionario de carreira titular de máis dunha especialidade: Este persoal deberá cubrir unha solicitude por cada unha das especialidades das que sexa titular, sen prexuízo de que poida renunciar á solicitude dalgunha especialidade durante o prazo establecido na correspondente orde.

    Profesorado definitivo de EOI: pode participar neste concurso a seccións ou outras EOI

    Baixa médica e toma de posesión (profesorado Interino e substituto):

    "Aquelas persoas interinas ou substitutas que non poidan tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por atoparse de baixa por enfermidade reservaráselle o posto ata que se atopen en situación de alta”. Polo tanto, se che adxudican vacante definitiva no concurso de destinos provisionais e estás de baixa médica non podes tomar posesión. Comunica esta situación tanto ao centro adxudicado como ao Departamento territorial correspondente (para que non te borren das listas -por non acudir ao centro- e tamén para que te substitúan mentres dure esa situación).

    Maternidade, paternidade, adopción ou acollemento (interinos/as, substitutos/as e parados/as)

    a) Persoal que estea prestando servizos: "aquel persoal que non poida tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por estar gozando do permiso de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento reservaráselle o posto mentres dure o permiso. Comunica esta situación tanto ao centro adxudicado como ao Departamento territorial correspondente.

    b) Persoal que non estea prestando servizos e reunise os requisitos para estar gozando do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento: se che adxudican unha praza na resolución definitiva no concurso,tomarás posesión coa finalidade de que os servizos que lle correspondería prestar che sexan recoñecidos para os efectos administrativos. Ponte en contacto co Departamento territorial correspondente antes de "tomar posesión" no centro adxudicado.

    Renuncias e reclamacións á resolución provisional do concurso

    Reclamacións

    O prazo de reclamacións á Adxudicación Provisional podes velo na sección anterior de Prazos Previstos. Podes facer a reclamación utilizando o seguinte modelo:

    Modelo Reclamación á resolución provisional

    Renuncias

    O profesorado interino ou substituto que queira renunciar a este concurso (por coidado dun fillo menor de 6 anos, dunha persoa maior ao cargo, por un contrato de traballo temporal, por enfermidade grave, por ter concedida unha bolsa de estudos,....) debe facelo dentro dos prazos estabelecidos, adxudíquenlle ou non praza na provisional. De non renunciar e, logo serlle adxudicada unha praza na resolución definitiva non poderá renunciar a ela (agás que a causa que xustifique sexa sobrevida ao prazo de renuncias).

  • Convocatoria de destinos provisionais 2008-2009
      

    DESTINOS PROVISIONAIS 2008
    (para o curso 2008-2009)

    PRIMARIA

    SECUNDARIA

    Coa adxudicación do día 12-9-08 en Secundaria a Consellaría de Educación envía ao desemprego a máis de 135 interinos e interinas no ensino. CONCENTRACIÓN MERCORES 17 de setembro ás 11:30 diante da Consellaría de Educación, en San Caetano.

    Prazos Previstos

    • Período de concurso:  11/6/2008 ata o 30/6/2008
    • Resolución provisional: 29 de xullo de 2008
    • Reclamacións e renuncias: 3 días hábiles desde a publicación da Resolución Provisional (os sábados contan). As reclamacións presentaranse perante a Secretaría Xeral da Consellaría.
    • Resolución definitiva: 28 de agosto de 2008.
    • Período de concurso:  18/6/2008 ata o 7/7/2008
    • Resolución provisional: 31 de xullo de 2008
    • Reclamacións e renuncias: 01/09/08-08/09/08 incluídos. 
    • Resolución definitiva: 12 de setembro de 2008, salvo para algúns corpos e especialidades, que será en datas posteriores.

    Os prazos anteriores son con independencia de posteriores prazos para que algúns electores e electoras (comisións de servizo e opositores) poidan rectificar as súas instancias unha vez resoltos estes procesos.

    Antes do 10 de xullo de 2008, a secretaría xeral procederá a publicar as vacantes provisionais que se ofertan neste concurso, reflectindo o seu perfil. As/os interesadas/os terán un prazo de cinco días naturais para formular as reclamacións que entendan oportunas.

    Reclamacións e Renuncias á Resolución Provisional

    RECLAMACIÓNS: O prazo de reclamacións á Adxudicación Provisional podes velo na sección anterior de Prazos Previstos . Pódela facer utilizando o seguinte modelo: Modelo Reclamación á resolución provisional
    RENUNCIAS: O profesorado interino ou substituto que queira renunciar a este concurso (por coidado dun fillo menor de 6 anos, dun maior, .... ) debe facelo dentro dos prazos estabelecidos, tanto se lle dan como senón na resolución provisional. Polo tanto se na adxudicación provisional non che dan praza e non renuncias, e posteriormente na adxudicación definitiva danche praza non poderás renunciar a ela (agás causa sobrevida ao prazo de renuncias).

    Baixa Médica e Toma de Posesión (profesorado Interino e substituto)

    Segundo a addenda do 11 de xullo de 2006, na súa base décima apartado 3: "aquelas persoas interinas ou substitutas que non poidan tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por atoparse de baixa por enfermidade ou con permiso de maternidade reservaráselle o posto ata que se atopen en situación de alta. No caso de permiso por maternidade, o tempo transcorrido nesta situación será computable para os efectos administrativos como de servizos efectivos prestados". Polo tanto, se che adxudican vacante definitiva neste concurso e estás de baixa médica ou de permiso por maternidade, non podes tomar posesión. Comunica esta situación tanto á Delegación correspondente como ao centro de adxudicado (para que te substitúan mentres dure esa situación).

    Outras Informacións

    · Profesorado corpo de mestres interino/substituto que aprobe a oposición: Despois das xestións realizadas pola CIG-Ensino comunicóusenos por parte da administración que o profesorado interino e substituto que aprobe a oposición terá, de desexalo, opción a modificar o seu concurso nos 5 días seguintes á publicación da lista de aprobados e aprobadas. Desde a CIG-Ensino consideramos que esta modificación sería suficiente para ter que publicar unha corrección de erros, pero a administración contestou que chegaba coa publicidade desta opción. En conclusión: o profesorado interino ou substituto do corpo de mestres que aprobe a oposición, poderá, se o desexa, modificar o seu concurso unha vez publicada a lista de aprobados.
    -Solicitudes corpo de mestres: Na convocatoria de destinos provisionais de Mestres deste ano non hai que imprimir a instancia nin entregala por rexistro para aquel persoal que a modifique ou a cubra por primeira vez (quen non modifique instancia non ten que facer nada, ao igual que en Secundaria). De todas maneiras desde a CIG-Ensino recomendámosvos que, se modificades a petición ou a facedes por primeira vez, imprimades e entreguedes por rexistro a solicitude (pero tendo en conta que a consellaría terá en conta a última modificación que se faga informaticamente antes do peche da páxina de participación).
    · ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS e ECONOMÍA: O persoal que xa traballou de Administración de Empresas (como interino ou sustituto) figurará nunha listaxe única de Economía e Administración de Empresas. Polo tanto recomendamos que nas solicitudes de destinos provisionais marquedes as prazas das dúas especialidades (suponse que xa as tedes marcadas do concurso anterior). Tamén o persoal que nunca traballou e que se presente á oposición de Economía e non aprobe figurará na listaxe única de Economía e Administración de Empresas, a continuación do persoal que xa traballou de Administración de Empresas.
    · INFORME SUBSTITUTIVO (parte B2) OPOSICIÓNS: Como sabedes a Consellaría modificou a súa proposta inicial sobre os requisitos do persoal que tiña dereito ao informe substitutivo da parte B2 nas Oposicións 2008 grazas ás presións feitas pola CIG-Ensino, recollendo os requisitos que se estabeleceran nas Oposicións do ano 2007. Pero nunha das últimas mesas sectoriais a Consellaria manifestou que para as OPOS 2009 ou ben optaba por non haber informe ou ben,se o había, unicamente sería para aquel persoal con nomeamento de Interino (por suposto, esto habería que tratalo nunha mesa sectorial). Ten en conta isto á hora de restrinxir o teu concurso (renunciar á resolución provisional, escoller provincia, ...).
    · Importante: Instrucións e documentación sobre as tomas de posesión e altas en nómina para o vindeiro curso escolar do profesorado do corpo de mestres, profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional. Subdirección Xeral de Persoal (13/05/2008)