Fondo de acción social

  • Fondo de Acción Social 2013
    Consulta desde esta sección toda a información sobre o Fondo de Acción Social do ano 2013.

    Criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2013, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade (DOG 15-05-2014) Ligazón

    Resolución provisional coas axudas aprobadas e denegadas relativas á axuda para a atención de persoas con discapacidade (DOG 20-10-2014). Ligazón

    PRAZOS e PROCEDEMENTO DAS SOLICITUDES DO F.A.S.:

    Prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas unha vez impresas á dirección do centro docente  Ligazón para acceder ao F.A.S.    Ata o 2 de xuño
    Prazo das direccións dos centros para entregar as solicitudes conformadas aos solicitantes (completadas e comprobada, se procede, a documentación achegada) Ata o 19 de xuño
    Prazo para presentar nos rexistros públicos (delegacións, oficinas de correos, etc) as solicitudes por parte dos solicitantes Ata o 7 de xullo
  • Fondo de Acción Social 2012
    Consulta desde esta sección toda a información sobre o Fondo de Acción Social do ano 2012.

     

    Negociación. 

    Despois de que no ano pasado (Fondo de Acción Social 2011) a Xunta acometera un recorte brutal na asignación orzamentaria adicada á axuda social do persoal laboral ou funcionario da administración galega, dentro da deriva de recortes e ataques contra os empregados públicos do goberno de Núñez Feijóo, no ano actual vemos a continuación da morte deste fondo social.

    Lembremos que o mecanismo "legal" que ideou o goberno de Núñez Feijóo foi incluír un artigo na Lei 1/2012, do 29 de febreiro, que dicía o seguinte:

    «suspéndese para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación desta lei a convocatoria, a concesión ou o aboamento de calquera axuda derivada do concepto de acción social, así como calquera outra que teña por obxecto esta finalidade, agás a axuda por persoa con discapacidade, que non poderá ser superior á contía de 180 euros mensuais por cada persoa, namentres estea en vigor esta lei». 

    Con esta imposición legal non existe, por tanto, negociación algunha coa representación sindical. Todas as axudas que desapareceron o ano anterior volven de novo a estar ausentes, manténdose a restricción a unha única partida: a axuda para familiares discapacitados.

    Se o ano pasado o recorte no FAS chegou aos 7 millóns de euros, este ano a partida destinada ao FAS 2012 mantén esa liña de recortes, polo que estariamos a falar dun recorte en dous anos de 14 millóns de euros sobre o que persoal da Xunta percibía dos Orzamentos galegos nesta materia. 

    Normativa: DOG 09/04/2013. Ligazón

    PRAZOS e PROCEDEMENTO DAS SOLICITUDES DO F.A.S.:

    Prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas unha vez impresas á dirección do centro docente  Ligazón para acceder ao F.A.S.    9 - 25 de abril
    Prazo das direccións dos centros para entregar as solicitudes conformadas aos solicitantes (completadas e comprobada, se procede, a documentación achegada) 26 de abril - 14 de maio 
    Prazo para presentar nos rexistros públicos (delegacións, oficinas de correos, etc) as solicitudes por parte dos solicitantes 15 maio - 3 xuño 

    Resolución

    Listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2012, relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas (DOG 29-11-2013). Ligazón

  • Fondo de Acción Social 2011

    Negociación. O Fondo de Acción Social 2011 negociouse no medio da deriva de recorte e ataques contra os empregados públicos do goberno de Núñez Feijoo. O que foi nun primeiro momento un bo acordo entre todas as OO.SS. e a propia Xunta (ver Información da negociación do FAS 2011 e das principais novidades: ligazón), polo que se extendía ao persoal interino o dereito a percibir axuda pola adquisición dunha primeira vivenda, en pé de igualdade con todo o persoal fixo (laborais ou funcionariado) quedou en nada coa publicación da Lei 1/2012 de medias Temporais para o emprego públco, máis coñecida como Lei de Recorte pola que se modificou a Lei da Función Pública de Galiza Ligazón

    Froito desta involución a Xunta detraeu 7 millóns de euros inicialmente destinados ao persoal ao servizo da administración autonómica e só manteu a axuda para familiares discapacitados.

    Normativa: DOG 18/05/2012 Ligazón

    PRAZOS e PROCEDEMENTO DAS SOLICITUDES DO F.A.S.:

    Prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas unha vez impresas á dirección do centro docente  Ligazón para acceder ao F.A.S.    18 de maio a 4 de xuño
    Prazo das direccións dos centros para entregar as solicitudes conformadas aos solicitantes (completadas e comprobada, se procede, a documentación achegada) 5 xuño - 21 xuño
    Prazo para presentar nos rexistros públicos (delegacións, oficinas de correos, etc) as solicitudes por parte dos solicitantes 22 xuño - 9 xullo 
  • Fondo de Acción Social 2010

    Normativa: Resolución do 1 de febreiro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo sobre criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio 2010. Ligazón

    Resolución definitiva: RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2011 (DOG 29/11/2011).

    Consulta da resolución definitiva. Ligazón

    Resolución provisional: RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2011 (DOG 11/10/2011). 

    Acceso ao modelo de reclamacións. Ligazón

    Prazo de reclamacións e emenda de defectos: 10 días hábiles desde a publicación no DOG

     

    PRAZOS e PROCEDEMENTO DAS SOLICITUDES DO F.A.S.:

    Prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas unha vez impresas á dirección do centro docente     Ligazón para acceder ao F.A.S.

     28/febreiro/2011

    Prazo das direccións dos centros para entregar as solicitudes conformadas aos solicitantes (completadas e comprobada, se procede, a documentación achegada)

     25/marzo/2011

    Prazo para presentar nos rexistros públicos (delegacións, oficinas de correos, etc) as solicitudes por parte dos solicitantes

     20/abril/2011

     

  • Fondo de Acción Social 2009

    Normativa: Resolución do 4 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo sobre criterios de repartición do fondo de acción social da Xunta de Galiza para o exercicio do ano 2009. Ligazón

    Corrección de erros á resolución do 4 de xaneiro de 2010. Ligazón

    PRAZOS e PROCEDEMENTO:

    Prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas unha vez impresas á dirección do centro docente     Ligazón para acceder ao F.A.S.

    26/febreiro/2010

    Prazo das direccións dos centros para entregar as solicitudes conformadas aos solicitantes (completadas e comprobada, se procede, a documentación achegada)

    18/marzo/2010

    Prazo para presentar nos rexistros públicos (delegacións, oficinas de correos, etc) as solicitudes por parte dos solicitantes

    30/abril/2010