Fondo de Acción Social 2025
Toda a información do FAS
Ligazón á páxina web do FAS
Información da Consellaría
Ligazón á páxina informativa do FAS
Convocatoria
Resolución publicada o 25 de abril
Prazo
Do 28 de abril ao 12 de maio
- Requisitos
1. Atoparse en situación de servizo activo no período de presentación de solicitudes, incluídos os supostos de incapacidade temporal e períodos de maternidade, paternidade, adopción, acollemento e risco durante o embarazo; en situación de suspensión de funcións ou de excedencia voluntaria con dereito á reserva de posto de traballo. Tamén o persoal adscrito a postos de natureza descontinua que se atope no período de inactividade, así como as persoas empregadas públicas que se xubilaron no 2024, en proporción ao tempo en que estiveron en activo.
2. Convivir con cónxuxe, parella de feito, fillos/as ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou suxeitos a unha medida de apoio: a) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2025 nun grao igual ou superior ao 75 %. b) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2025 nun grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 75 % e perciba ingresos inferiores a 15.120 euros anuais no exercicio do ano 2023 en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.
- Comprobación de datos e documentación que se debe acompañar coa solicitude
1. A condición de persoa beneficiaria exixirá acreditar as seguintes circunstancias: a identidade da persoa causante, o seu grao de discapacidade e data de recoñecemento; a convivencia da persoa beneficiaria e da persoa causante; o parentesco ou a suxeición á medida de apoio e, se é o caso, os rendementos do traballo da persoa causante.
Consultaranse automaticamente, sempre que as persoas interesadas e as persoas causantes así o autoricen na solicitude, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa con discapacidade causante da axuda.
b) Certificado de empadroamento da persoa beneficiaria e da persoa causante.
c) Recoñecemento do grao de discapacidade da persoa causante da axuda.
d) IRPF da persoa causante da axuda correspondente ao exercicio de 2023.
2. No caso de non autorizar a consulta, deberán presentar os documentos oportunos xunto coa solicitude. Para tales efectos, deberase xuntar a esta, segundo os casos, as copias que teñan a consideración legal de auténticas dos seguintes documentos:
a) Identidade da persoa causante: copia do DNI ou NIE.
b) Convivencia entre a persoa beneficiaria e a persoa causante: certificado de empadroamento.
c) Grao de discapacidade e data de recoñecemento: certificado do grao de discapacidade da persoa causante e da data de recoñecemento.
d) Parentesco ou suxeición á medida de apoio: o parentesco ou a relación de parella de feito ou de tutela poderase acreditar, segundo os casos, mediante copia de todas as follas do libro de familia onde consten asentos, certificado literal de nacemento da persoa solicitante ou da persoa causante, certificado de matrimonio ou de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito, ou certificado da inscrición da medida de apoio no Rexistro Civil.
e) No caso de persoas causantes cun grao de discapacidade inferior ao 75 %, certificado de imputacións do IRPF ou certificado da pensión de xubilación do exercicio do ano 2023 da persoa causante.
f) No caso do persoal docente non universitario e profesorado de relixión da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, certificado da secretaría do centro de adscrición que acredite que teñen prestado servizos en tal condición no ano 2024 e que están en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes.
3. As persoas interesadas que foron beneficiarias da axuda no exercicio de 2023, salvo modificacións das circunstancias, estarán exentas de presentar a documentación indicada no punto anterior, excepto a sinalada na letra f).
- Presentación de solicitudes
A solicitude será única, con independencia do número de persoas causantes con discapacidade polas cales se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante o trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A –Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado– e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, unidade Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal. No obxecto do asunto indicarase: «Convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2024». Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.