A CIG-Ensino acada 9.765 votos e reforza a súa maioría

67 delegadas e 8 representantes na Mesa Sectorial Galega

Co escrutinio finalizado confírmanse os resultados históricos para o sindicato nacionalista que aumenta en votos en todas as provincias con respecto a 2018 e suma un total de 67 delegadas e 8 representantes de 15 na Mesa Sectorial galega

O respaldo unánime á CIG-Ensino, nunhas eleccións cunha participación superior ao 70% do censo composto por 33.068 docentes, garante durante catro anos máis a firmeza e a defensa dos dereitos do profesorado fronte á política de recortes e á burocratización imposta polo goberno da Xunta. 

Ademais, ao ser o sindicato máis representativo en Galiza seguirá contando con presenza en todos os órganos de decisión (Mesa Xeral das Administracións Públicas e Mesa sectorial docente) e consultivos (Consello Escolar) do Estado erixíndose como única voz do profesorado e do ensino público galego nos mesmos. 

Seguir lendo

A CIG-Ensino revalida a súa ampla maioría nas eleccións sindicais superando o seu teito electoral.

O sindicato nacionalista acadou 66 dos 146 representantes que elixía o profesorado galego nuns resultados históricos e nos que revalida a maioría absoluta nas provincias da Coruña e Pontevedra.

O profesorado galego do ensino público volveu depositar o seu apoio na CIG-Ensino cunha enorme diferenza ao respecto de todos os demais sindicatos.

A organización nacionalista subiu en representación, pasando de 60 a 66 delegados e delegadas, o que representa o maior incremento na representación da CIG entre eleccións.

Seguir lendo

Programa Electoral


Fotografías e Candidaturas