O 30 de setembro comeza o proceso das eleccións sindicais no ensino público galego que terá como remate a votación prevista para o 3 de decembro. Nesta cita fundamental renóvase, como cada catro anos, a totalidade da representación do profesorado galego.
Na CIG-Ensino, sindicato maioritario en todo o país, aspiramos a revalidar a nosa posición como referente na defensa do ensino publico galego e do seu profesorado.
Achegámosche unha información de alcance para que controles os pasos de todo o proceso.
Censos electorais
Os censos deben estar expostos en todos os centros dependentes da Consellaría, tanto se teñen Mesa Electoral como se están adscritos a outro centro para votar. Todas as Mesas reciben copia do censo e instrucións sobre como se pode reclamar.
Prazos:
- Exposición do censo en cada centro: do 9 ao 19 de outubro.
- Prazo de reclamacións ao censo: do 13 ao 20 de outubro. As reclamacións deben presentarse perante as Mesas Coordinadoras provinciais e non no propio centro.
-
Publicación do censo definitivo o 21 de outubro. A partir desta data se alguén comeza a traballar non terá dereito a voto.
Tipos de Mesas Electorais.
Hai dous tipos de Mesas nas eleccións sindicais:
-
As Mesas Coordinadoras Provinciais. Unha por cada unidade electoral, a provincia. Está formada pola persoa con maior antigüidade (presidencia) e as persoas de maior e menor idade (vogais). Encárganse de coordinar todo o proceso e terán permiso desde o 30 de setembro até que remate o proceso.
-
As Mesas Parciais. Por acordo das organizacións sindicais que convocamos as eleccións constitúese unha Mesa en cada centro que teña seis ou máis unidades ou unha liña completa. Os centros de menos de seis unidades adscribíronse a unha Mesa con criterios de proximidade. Conforman a Mesa tres persoas (do total do censo, incluídos os centros adscritos) cos mesmos criterios anteriores. As persoas que forman parte das Mesas terán permiso retribuído durante toda esa xornada e unha redución de 5 horas no día seguinte á votación.
Orde de permisos para o persoal docente en relación coas eleccións sindicais: Ligazón
Constitucións das Mesas.
Día 30 de setembro. Constitúense as Mesas Coordinadoras Provinciais.
Día 6 de outubro. Constitúense as Mesas Parciais. Neste día debe cubrirse unha acta de constitución que hai que enviar á Mesa Coordinadora provincial correspondente por correo electrónico.
A Consellaría de Educación, de acordo coas organizacións sindicais convocantes, elaborou unhas circulares coa información máis relevante.
Podes consultalas nas seguintes ligazóns:
-
Circular para os equipos directivos e, en xeral, para todos o persoal que desempeñe un posto dos corpos docentes nos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e O.U.: Ligazón
Se che corresponde formar parte dunha Mesa Parcial (no teu centro de votación) podes acceder ás actas oficiais que terás que cubrir nestas ligazóns:
Cada Mesa Coordinadora, máxime responsábel de todo o proceso, enviará oportunamente a todos os centros a información e documentación necesaria: censos electorais, candidaturas, instrucións para o día da votación…
A CIG-Ensino estará tamén á túa disposición durante estas semanas para solventar calquera dúbida organizativa, tanto nos nosos locais como nas propias Mesas Coordinadoras, onde unha persoa representará ao sindicato e asesorará aos membros desas Mesas.
- Procedemento para exercer o voto por correo
O voto por correo nas eleccións sindicais ten unha maior complexidade á de outros procesos electorais polo prazos moi axustados de tempo cos que se conta para o envío das papeletas e ao existiren no proceso dúas mesas distintas (a coordinadora que recibe a solicitude e envía as papeletas, e a do centro real de votación onde ten que remitilas a persoa votante).
Por todo isto desde a CIG-Ensino aconsellamos facer o máximo esforzo por estar presentes o día da votación e así garantirmos co noso voto o apoio necesario á CIG-Ensino.
Malia todo, se o día 3 de decembro non vas estar no teu centro, non podendo así exercer o teu dereito ao voto, podes actuar de dúas maneiras:
2ª) Autorizar de forma expresa a unha persoa para que se encargue de todos os trámites, tal e como se recolle na normativa electoral das eleccións sindicais. Para iso terás que asinar unha autorización e achegar unha copia do teu carné de identidade.
Ante calquera dúbida, ponte en contacto con calquera dos locais da CIG-Ensino.
- Que pasa se non aparezo no censo?
Se por erro non apareces no censo ou figuras incorrectamente noutro centro debes reclamar para que te asignen ao centro correcto. Se non reclamas quedarías fóra do proceso electoral e sen posibilidade de exercer o teu dereito ao voto ou ben figurarías nun centro incorrecto, segundo sexa o caso.
- Que teño que facer para reclamar?
As reclamacións ao censo só se poden presentar perante a MESA COORDINADORA de cada provincia, xa que as mesas constituídas en cada centro docente terán como único cometido seren mesas de votación e escrutinio o día das eleccións sindicais.
Podes reclamar polas seguintes vías:
-presentando a reclamación na propia Mesa Coordinadora.
-enviando un correo electrónico
Se no prazo de exposición e reclamacións ao censo (isto é, desde o 13 ao 20 de outubro) non estás traballando por estar de baixa médica, de permiso retribuído ou nunha excedencia con reserva de posto, tes que figurar igualmente no censo.
Se estás en listas de substitución e neste momento non tes nomeamento non figurarás no censo. No caso de que comeces a traballar os próximos días, e sempre dentro do prazo previo ao peche do censo definitivo deberás aparecer no centro no que comeces a traballar.
DATOS DAS MESAS COORDINADORAS
MESA COORDINADORA PROVINCIAL DA CORUÑA
Nº DE TELÉFONO: 981 184 762
CORREO ELECTRÓNICO: mesacoord.coruna@edu.xunta.gal
ENDEREZO POSTAL.
Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade.
Rúa Vicente Ferrer, Núm. 2 - 7º
15008 A Coruña
MESA COORDINADORA PROVINCIAL DE LUGO
Nº DE TELÉFONO: 982 294 153
CORREO ELECTRÓNICO: mesacoord.lugo@edu.xunta.gal
ENDEREZO POSTAL
Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade.
Ronda da Muralla, Núm. 70
27071 Lugo
MESA COORDINADORA PROVINCIAL DE OURENSE
Nº DE TELÉFONO: 988 687 712
CORREO ELECTRÓNICO: mesacoord.ourense@edu.xunta.gal
ENDEREZO POSTAL
Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade.
Rúa Concello, Núm. 11 -
32003 Ourense
MESA COORDINADORA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Nº DE TELÉFONO: 986 805 949
CORREO ELECTRÓNICO: mesacoord.pontevedra@edu.xunta.gal
ENDEREZO POSTAL
Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade
Avenida Mª Vitoria Moreno, 43, 7º
36003 Pontevedra

