Calendario

Eventos do mes Outubro de 2025

Outros 31/10/2025
Proxectos de Inclusión educativa

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros seleccionados no Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) no curso 2025/26.

Outros 31/10/2025
EduExchanges

Resolución provisional do programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2025/2026.

Outros 31/10/2025
Docencia no ciclo de Mobilidade segura e sostible

A Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas na bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2025/26.

Outros 31/10/2025
Acreditación da CDD

Publicada na web da Consellaría a resolución provisional do proceso de acreditación da Competencia Dixital Docente (CDD).

Outros 29/10/2025
Rede Planea de Arte e Escola

Resolución definitiva cos centros que se incorporan á Rede Planea de Arte e Escola para o curso 2025/2026.

Outros 27/10/2025
Programa Aventuras DigiCraft

Resolución definitiva de centros admitidos no Programa Aventuras DigiCraft durante o curso 2025/26.

Outros 27/10/2025
Plan Proxecta+

A Consellaría publica na súa web a resolución provisional cos centros con programas seleccionados para participar no Plan Proxecta+ no curso 2025-2026.

DOG 24/10/2025
Polos creativos

Publicada a Orde coas instrucións para o desenvolvemento do programa de innovación educativa Polos creativos para o curso 2025/26 e seguintes.

DOG 24/10/2025
Probas do CELGA

Anuncia a Consellaría de Lingua  as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4.

Outros 24/10/2025
Programa ConVivimos Dixital

Resolución definitiva cos centros seleccionados para participar no programa ConVivimos Dixital, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos en horario extraescolar.

Outros 22/10/2025
Interinidades en orientación

Anuncia a Consellaría a publicación da listaxe provisional  de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025/26 na lista de Orientación do corpo de mestres.

Outros 22/10/2025
DELF escolar

A Consellaría publica información sobre a convocatoria das probas para a obtención do diploma de francés DELF escolar.

Outros 21/10/2025
Curtas de animación en galego

Convoca a Consellaría o concurso para elaborar curtas de animación en galego 'Nós tamén creamos!'

Outros 21/10/2025
Premio Tolerancia cero contra o acoso

Anuncia a web da Consellaría a ampliación do prazo para participar no Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2025.

Outros 21/10/2025
Contratación de persoa experta

A Consellaría anuncia a apertura dun prazo para contratar unha persoa experta para impartir docencia en determinados módulos profesionais do ciclo formativo superior de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2025/26.

Outros 21/10/2025
Rede Planea

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros educativos que se incorporan á  Rede Planea de Arte e Escola en Galicia para o curso 2025/2026.

Outros 20/10/2025
Programa Aventuras DigiCraft

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros admitidos no Programa Aventuras DigiCraft no marco do Plan DIGITALENT durante o curso 2025/26.

Outros 17/10/2025
Plan de formación permanente do profesorado

Resolución provisional cos centros que desenvolven un novo plan de formación permanente do profesorado, PFPP, no curso 2025-2026.

Outros 16/10/2025
Plan de lectura

Instrucións na web da Consellaría para o deseño, elaboración e implementación do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información.

Outros 15/10/2025
Programa Navega con rumbo

Resolución cos centros seleccionados no programa educativo Navega con Rumbo para o curso 2025-2026.

Outros 15/10/2025
Programa ConVivimos dixital

Resolución provisional do programa ConVivimos Dixital, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos en horario extraescolar.

DOG 14/10/2025
Servizos mínimos dos paros do 15 de outubro

Publica o DOG os servizos míminos estabelecidos pola Administración de cara aos paros convocados para o día 15 de outubro.

DOG 14/10/2025
Novos centros plurilingües

O DOG publica a orde coa relación dos novos centros plurilingües autorizados para o curso 2025/26.

DOG 14/10/2025
Centros Plurinfantil

Resolución coa autorización aos centros para impartiren o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2025/26.

DOG 14/10/2025
Centros Pluribach

Autorización no DOG cos centros educativos que impartirán o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2025/26.

Outros 14/10/2025
Programa 'Que non te líen, ti elixes'

A web da Consellaría publica a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na 1º convocatoria do curso 2025/26 no programa educativo 'Que non te líen, ti elixes'.

Outros 14/10/2025
Formación do profesorado de FP

Convoca a Consellaría proxectos de formación para o de FP e de ensinanzas de réxime especial para o curso 2025-2026.

Outros 13/10/2025
Programa Radio na biblio

A Consellaría publica a resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Radio na Biblio nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.

Outros 13/10/2025
Apertura de listaxes de substitucións en secundaria

A Consellaría anuncia a apertura de listaxes para cubrir substitucións nas especialidades de PES de grego, latín, portugués, Organización e proxectos de fabricación mecánica, Máquinas, sevizos e produción, Operacións de produción agraria e Procesos comerciais.

Outros 13/10/2025
Substitucións en Escolas de Idiomas

Anuncia a Consellaría a apertura de listaxes para cubrir substitucións en italiano e xaponés en Escolas de idiomas.

Outros 13/10/2025
Substitucións para PESSFP

Abren listas para cubrir substitucións de PEESSFP na especialidade de Mecanizado e mantemento de máquinas.

Outros 10/10/2025
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2025/26 e 2026/27

Outros 10/10/2025
Programa 'Pasando a bóla, xogando para cambiar'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa de prevención do acoso escolar e ciberacoso 'Pasando a bóla, xogando para cambiar' durante o curso 2025-2026.

 

Outros 10/10/2025
Cinema con perspectiva

Relación de centros seleccionados anunciada na web da Consellaría para participar no programa educativo Cinema con perspectiva durante o curso 2025/26.

DOG 09/10/2025
Consellos escolares

Resolución no DOG co calendario para realizar eleccións para a constitución do consello escolar en centros docentes de nova creación e outros sustentados con fondos públicos.

DOG 09/10/2025
Comedores xestionados polas ANPAS

Publicadas as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado para o curso académico 2024/25

Outros 09/10/2025
Programa Talentos inclusivos

Resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na VI edición do programa educativo Talentos Inclusivos durante o curso 2025/26.

Outros 09/10/2025
Estadías formativas en empresas

Na web da Consellaría publícanse estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2025 destinadas ao profesorado de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.

Outros 09/10/2025
Prácticum da ESO

Listaxe definitiva na web da Consellaría coas persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2025/26.

Outros 09/10/2025
Prácticum de profesorado técnico de FP

A Consellaría publica a listaxe definitiva de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do PTFP para o curso 2025/26.

Outros 08/10/2025
Clube de ciencia

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa Club de Ciencia 2025/26.

Outros 07/10/2025
Concurso polo Día das Letras

Convocado o concurso para elaborar unha exposición sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño,  figura homenaxeada en 2026 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.

Outros 07/10/2025
Programa de Iniciación segura á pegada dixital

A Consellaría publica a resolución definitiva cos centros seleccionados e excluídos para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2025/26.

Outros 07/10/2025
Interinidades no corpo de mestras e mestres

Publicadas as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025/26 correspondentes ás especialidades do corpo de mestras e mestres.

Outros 07/10/2025
Interinidades en secundaria

Na web da Consellaría anúncianse as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025-2026 do profesorado de ensino secundario e de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

Outros 06/10/2025
Programa EduReferentes

Resolución definitiva do programa educativo EduReferentes durante o curso 2025/26.

Outros 06/10/2025
Certificación de portugués

A Consellaría anuncia a selección de centros e alumnado matriculado para certificar o seu nivel de lingua portuguesa mediante a E-certificación de Portugués lingua estranxeira (Camões Júnior) durante o curso 2025/2026.

Outros 03/10/2025
Protocolo de actuación contra a violencia

A Consellaría publica na súa páxina web un protocolo de actuación contra a violencia na infancia e na adolescencia no ámbito educativo.

Outros 03/10/2025
Programa Cuale

Listaxe definitiva na web da Consellaría cos centros autorizados para participar no programa de cursos formativos en linguas estranxeiras para o alumnado no curso 2025-2026.

Outros 03/10/2025
Programa Educación responsable

Resolución definitiva coas solicitudes seleccionadas e non seleccionadas para desenvolver no curso 2025/26 o programa Educación Responsable.

Outros 02/10/2025
Plan de mellora de bibliotecas

Resolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos para o curso 2025/26.

Convocatorias 01/10/2025
Prácticum do mestrado de secundaria

Listaxe provisional na web da Consellaría coas persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado do profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2025/26.

Convocatorias 01/10/2025
Prácticum para o PTFP

A Consellaría publica a listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum do profesorado técnico en formación profesional para o curso 2025/26.

Outros 01/10/2025
Permutas provisionais

Publicada a relación de intercambios provisionais de prazas de persoal docente para o curso 2025/2026.

 
< Outubro 2025 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario