Calendario
Eventos do mes Novembro de 2025
Concurso de orientación
A Consellaría anuncia as datas para participar no concurso de traslados específico para cubrir prazas nas xefaturas dos departamentos de orientación.
VII Ciberliga
Resolución definitiva coa relación de centros seleccionados para participar no programa educativo VII CiberLiga 2025/26 modalidade preamateur.
Inmersión en inglés
Convocada a Consellaría a selección de centros para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de 6º de primaria e de ESO durante o curso 2025/26.
Escolas fronteira
Anuncia a Consellaría os novos centros da Rede de Escolas de Fronteira durante o curso 2025/26.
Bibliotecas escolares solidarias
Resolución provisional na páxina da Consellaría cos centros adheridos ao programa 'Bibliotecas Escolares Solidarias Voluntariado' para o curso 2025/26.
Profesorado de Mobilidade segura e sostible
Relación definitiva na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo para impartir docencia, como persoa experta, no ciclo formativo superior de Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable.
Programa 'Ponte... nas ondas!'
Convoca a Consellaría a participación dos centros na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2025/26.
Acreditación da Competencia Dixital Docente
A Consellaría anuncia a publicación na súa web da relación das acreditacións recoñecidas ao persoal docente da súa competencia dixital docente (CDD).
Programa InnovaTech FP
Listaxe provisional na web da Consellaría cos equipos admitidos e excluídos para participar no programa InnovaTech FP 2025-2026.
Formación en lingua portuguesa
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros e alumnado de seleccionados para certificar o seu nivel de lingua portuguesa mediante a e-certificación de Portugués lingua estranxeira (Camões Júnior) durante o curso 2025/2026.
Formación do profesorado de FP
Resolución provisional na web da Consellaría cos proxectos de formación do profesorado de FP e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2025-2026.
I Liga escolar de debate
Convocada a I Liga escolar de debate para centros públicos para o curso 2025/26.
Premios Innovagal
Publicación a Consellaría a listaxe provisional de candidaturas aos premios educativos Innovagal para o ano 2025.
Plan Eduemprende
Relación definitiva de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende durante o curso 2025-2026.
Substitucións en grego e latín
Publica a web da Consellaría a relación definitiva de profesorado admitido nas listas para cubrir interinidades ou substitucións nas especialidades de grego e latín de secundaria.
Programa Observa_Acción
Publica a Consellaría a resolución definitiva do programa de formación 'Observa_Acción'.
Acreditación de competencia lingüística para o alumnado
Resolución provisional na web da Consellaría cos centros beneficiarios para a realizacion de probas que acrediten a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.
CELGA 4
A Consellaría de lingua anuncia a data de realización da proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4).
Substitucións nos Conservatorios
Anuncia a Consellaría a apertura de listaxes para cubrir substitucións nas especialidades de cátedras de conservatorio de improvisación e acompañamento e de repertorio con piano para instrumentos.
Interinidades en orientación de primaria
Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025/26 da lista de Orientación do corpo de mestres.
Programa Radio na Biblio
Resolución definitiva na web da Consellaría do programa de Radio na biblio para curso 2025/26.
Interinidades en mecanizado e mantemento de máquinas
Publica a Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído, así como o baremo provisional, da especialidade de mecanizado e mantemento de máquinas.
Bacharelato STEMBach
Convocado o recoñecemento aos proxectos de investigación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) no curso 2025/26.
Proxecto Innova-Lab
A Consellaría publica na súa web a resolución definitiva de centros admitidos para participar no programa Innova-Lab no curso 2025/26.
Interinidades en Italiano e Xaponés
A web da Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de Italiano e Portugués (EOI).
Portugués de secundaria
Anunciada a resolución provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de Portugués de ensino secundario.
Centros con Proxectos de inclusión educativa
Resolución definitiva na páxina da Consellaría cos centros seleccionados para participar nos Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2025/26.
Certificacións de portugués nos centros
Resolta provisionalmente a relación de centros seleccionados para certificar o nivel de Portugués Lingua estranxeira (Camões Junior) durante o curso 2025-2026.
Probas de acceso á Universidade
O DOG publica os parámetros de ponderación de materias da proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2026/27.
Bibliotecas escolares solidarias
Convoca a Consellaría o programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2025/26.
Programa Observa_Acción
Resolución provisional na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa de formación Observa_Acción durante os cursos escolares 2025/26 e 2026/27.
Concurso de traslados
Publica o DOG a orde pola que se convoca concurso de traslados para o persoal docente que ten de prazo de participación do 10 ao 28 de novembro.
Plan Proxecta+
Resolución defintiva do Plan Proxecta+ durante o curso 2025/26.
Clube de ciencia
A Consellaría publica na súa web a resolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa Club de Ciencia 2025/26.
Programa InnovaTech FP
Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa InnovaTech FP durante o curso 2025-2026.
Plan de formación permanente do profesorado
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros que desenvolven un novo plan de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2025-2026.
Clubes de lectura
Anunciada a resolución provisional de centros seleccionados no programa Clubs de lectura nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.
Biblioteca creativa
Publicada a resolución definitiva de centros seleccionados no programa Biblioteca Creativa nas modalidades de nova incorporación e de continuidad para o curso 2025/26.
Programa educativo Menores conectados
A Consellaría convoca o programa educativo Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade dirixido ás familias do alumnado no curso 2025/26.
Plan Educ-Art
A Consellaría publica o plan Educ-Art na súa páxina web.
Programa Lectura e familias
Resolución provisional na web da Consellaría cos centros seleccionados no programa Lectura e familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.
VII Ciberliga
Convoca a Consellaría a “VII CiberLiga 2025/26 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos para o curso 2025/26.
Interinidades en grego e latín
Publícase a resolución provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional para impartir docencia en grego e latín en secundaria.
Programa de apoio á inclusión
Na web da Consellaría publícase a convocatoria para participar no programa piloto Apoio á inclusión desde Polos creativos para o curso 2025/2026.
Plan Eduemprende
Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2025-2026.

