Calendario
Eventos do día 11 de Novembro de 2025
Interinidades en mecanizado e mantemento de máquinas
Publica a Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído, así como o baremo provisional, da especialidade de mecanizado e mantemento de máquinas.
Bacharelato STEMBach
Convocado o recoñecemento aos proxectos de investigación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) no curso 2025/26.
Proxecto Innova-Lab
A Consellaría publica na súa web a resolución definitiva de centros admitidos para participar no programa Innova-Lab no curso 2025/26.
Interinidades en Italiano e Xaponés
A web da Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de Italiano e Portugués (EOI).
Portugués de secundaria
Anunciada a resolución provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de Portugués de ensino secundario.
Centros con Proxectos de inclusión educativa
Resolución definitiva na páxina da Consellaría cos centros seleccionados para participar nos Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2025/26.
Certificacións de portugués nos centros
Resolta provisionalmente a relación de centros seleccionados para certificar o nivel de Portugués Lingua estranxeira (Camões Junior) durante o curso 2025-2026.

