Calendario

Eventos do mes Decembro de 2025

Outros 30/12/2025
Programa EduExchanges

Resolución definitiva na web da Consellaría do programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2025/2026.

Outros 30/12/2025
Competencia en linguas estranxeiras

Publica a Consellaría a resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2025/2026.

DOG 26/12/2025
Catálogo de primaria

Publica a Consellaría unha corrección de erros con modificacións das unidades e os postos de traballo docentes dos centros de educación infantil, educación primaria e educación especial.

DOG 24/12/2025
Premios na ESO ao esforzo e a superación

O DOG publica a concesión dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25.

DOG 19/12/2025
Comisión de avaliación do CXT

Publica o DOG a determinación da composición da Comisión de Avaliación do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

Outros 18/12/2025
Polos creativos

Resolución definitiva na web da Consellaría para participar no programa piloto Apoio á inclusión desde Polos creativos para o curso 2025/2026.

Outros 18/12/2025
Clubes de leitura

Resolución definitiva na páxina da Consellaría cos centros seleccionados do programa Clubs de lectura nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.

Outros 17/12/2025
'Ponte... nas ondas!'

Resolución provisional cos centros seleccionados na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2025/26.

Outros 17/12/2025
Bibliotecas escolares solidarias

Resolución definitiva do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2025/26.

DOG 15/12/2025
Servizos mínimos para a folga

Publica o DOG os servizos mínimos para a folga de profesorado do 16 e 17 de decembro.

Outros 12/12/2025
Interinidades en cátedras de CMUS

Ábrense listas para cubrir substitucións nas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas de clave, composición e canto de jazz.

Outros 12/12/2025
Interinidades en acordeón, clave e fundamentos de composición

A Consellaría anuncia a apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de profesorado do corpo de música de acordeón, clave e fundamentos de composición. 

Outros 12/12/2025
Interinidades de portugués

Anunciada a convocatoria para cubrir listaxe de interinidades e substitucións na especialidade de portugués de EOI.

DOG 11/12/2025
Inmersión lingüística en inglés

Convoca a Consellaría o programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de ESO durante o curso 2025/26.

DOG 10/12/2025
Interinidades en portugués

Publica a Consellaría a relación definitiva de profesorado admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións en portugués de secundaria.

DOG 10/12/2025
Interinidades en mecanizado e mantemento de máquinas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas nas listas de interinidades e substitucións na especialidade de PESSFP  de mecanizado e mantemento de máquinas.

DOG 09/12/2025
Interinidades no CMUS

Publica a Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións en varias especialidades do corpo de catedráticos de música.

Outros 05/12/2025
Programa Apoio á inclusión desde Polos Creativos

A web da Consellaría publica a resolución provisional cos centros seleccionados para participar no programa piloto Apoio á inclusión desde Polos Creativos para o curso 2025/2026.

Outros 05/12/2025
Premio Tolerancia 0 fronte ao acoso

Anunciada a resolución definitiva cos centros premiados no Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2025.

Outros 05/12/2025
III Premio ConVivimos

Anúnciase a relación de centros premiados no III Premio ConVivimos 2025 de convivencia e benestar emocional.

Outros 04/12/2025
Programa InnovaTech FP

Publicada a listaxe definitiva de equipos admitidos e excluídos para participar no programa InnovaTech FP 2025-2026.

Outros 02/12/2025
Programa 'Menores conectados'

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa educativo 'Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade' durante o curso 2025/26.

Outros 02/12/2025
Interinidades en varias especialidades de secundaria

A web da Consellaría publica a relación provisional de profesorado admitido para facer interinidades e substitucións en diversas especialidades de secundaria.

< Decembro 2025 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario