Calendario
Eventos do mes Xaneiro de 2026
Programa 'Menores nin unha pinga'
Relación definitiva de centros seleccionados no programa educativo 'Menores nin unha pinga' no curso 2025/2026.
Programa de inmersión lingüística en inglés
Resolución provisional na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística Spring Week,dirixido ao alumnado de 6º de primaria e de ESO durante o curso 2025/26.
Substitucións en grego e latín
Publica a Consellaría a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en grego e latín.
Premios 'Innovagal'
Resolución publicada na web da Consellaría cos premios educativos Innovagal para o ano 2025.
Plan xeral da inspección educativa
Publica o DOG o Plan xeral da Inspección Educativa do curso 2025/26.
'Ponte... nas Ondas!'
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na Rede “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2025/26.
Concurso de traballo por proxectos
A web da Consellaría anuncia a relación de centros premiados no XI Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar durante o curso 2024/25.
Programa 'Lectura e familias'
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.
Dinamización lingüística
A Consellaría anuncia a apertura da convocatoria para a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística.
Liga escolar de debate
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes na I Liga escolar de debate para centros públicos no curso 2025/26.
Concurso 'O noso canto'
Publica a Consellaría a convocatoria do I Concurso 'O noso canto: máis voces, máis igualdade'.
Interinidades en cátedras de Conservatorio
Na web da Consellaría publícase a resolución provisional das listaxes para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de Clave, Composición e Canto de jazz do corpo de catedráticos de música.
Interinidades de profesorado de música
A Consellaría anuncia na súa páxina web a relación provisional de profesorado admitido e excluído para impartir as especialidades de Acordeón, Clave e Fundamentos de composición do corpo de profesorado de música e artes escénicas.
Premios eTwinning 2026
Convoca o Ministerio os premios eTwinning 2026 dirixidos a profesorado dos centros públicos que recibisen un selo de calidade nacional eTwinning 2025.
Interinidades en latín e grego
Anuncia a Consellaría a apertura de listas de interinidades e substitucións de latín e grego que, de xeito excepcional, poderá incluír persoal que non posua o mestrado de profesorado.
Programa 'Que non te líen, ti elixes'
Convocado o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” no curso 2025/26.
Interinidades en portugués
Relación provisional de profesorado admitido e excluído e baremo provisional das listaxes para cubrir interinidades e substitucións en portugués de Escola Oficial de Idiomas.
Interinidades en varias especialidades de secundaria
Publica a Consellaría a relación definitiva de profesorado para cubrir interinidades e substitucións en Organización e proxectos de fabricación mecánica, Máquinas, servizos e produción, Operacións de produción agraria e Procesos comerciais.
Curso de actualización de competencias directivas
O BOE anuncia a convocatoria de 6.550 plazas para a realización de cursos titorizados en liña para a formación permanente do profesorado e do curso sobre actualización de competencias directivas.
Proxectos de fomento do uso do galego
Publica o DOG a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego.
I Liga escolar de debate
A Consellaría publica a relación provisional de centros participantes na I Liga escolar de debate para o curso 2025/26.
Proxectos de formación de profesorado de FP
Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación do profesorado de FP e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2025-2026.

