Calendario
Eventos do día 09 de Outubro de 2025
Consellos escolares
Resolución no DOG co calendario para realizar eleccións para a constitución do consello escolar en centros docentes de nova creación e outros sustentados con fondos públicos.
Comedores xestionados polas ANPAS
Publicadas as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado para o curso académico 2024/25
Programa Talentos inclusivos
Resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na VI edición do programa educativo Talentos Inclusivos durante o curso 2025/26.
Estadías formativas en empresas
Na web da Consellaría publícanse estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2025 destinadas ao profesorado de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.
Prácticum da ESO
Listaxe definitiva na web da Consellaría coas persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2025/26.
Prácticum de profesorado técnico de FP
A Consellaría publica a listaxe definitiva de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do PTFP para o curso 2025/26.

