Calendario
Eventos do día 31 de Outubro de 2025
Proxectos de Inclusión educativa
Resolución provisional na web da Consellaría cos centros seleccionados no Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) no curso 2025/26.
EduExchanges
Resolución provisional do programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2025/2026.
Docencia no ciclo de Mobilidade segura e sostible
A Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas na bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2025/26.
Acreditación da CDD
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional do proceso de acreditación da Competencia Dixital Docente (CDD).

