A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría xa non vai cubrir as baixas docentes até 2022

Nas dúas últimas semanas do trimestre e cun rebrote importante da COVID os centros non verán cubertas as baixas do profesorado

A dúas semanas de comezar o período de vacacións de Nadal a CIG-Ensino acaba de confirmar que non se van cubrir xa máis baixas do profesorado, algo que non por repetido ano tras ano non deixa de ser grave, máis aínda este ano xa que nos atopamos, aínda que a Consellaría o tente ocultar, cun rebrote importante da COVID nos centros educativos galegos.

Deixando a un lado a calidade do sistema educativo galego e os dereitos laborais do profesorado atopámonos diante dunha Consellaría que pretende que en pleno gromo da Covid o profesorado de primaria e infantil entre en aulas que nas que non ten docencia para substituír ás compañeiras e compañeiros enfermos, onde quedan as burbullas ou a seguridade mínima para evitar contaxios, queda claro por enésima vez que á hora de cadrar os números a Consellaría esquece todo o que ten que ver coa calidade do sistema educativo ou coa protección do noso alumnado e profesorado.

CIG

Desde a CIG-Ensino esiximos que de inmediato se comece a chamar ao persoal substituto para cubrir todas as vacantes de aquí ao 22 de decembro.

Actualización: posteriormente ás nosas xestións a Consellaría comezou a chamar para cubrir as vacantes de Educación Infantil. Desde a CIG-Ensino seguimos a esixir que se cubran todas as vacantes de aquí ao 22 de decembro.

Volver