A Consellaría aclara para quen deben mercar máscaras FFP2 os centros educativos

Os centros deberán mercar máscaras para o profesorado de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Educación Infantil

Ante a aclaración solicitada do escrito remitido aos centros coa información de que recibirían un ingreso adicional de gastos de funcionamento procedente do Fondo de Reserva de Garantía Educativa e no que a Consellaría indicaba que a adquisición de máscaras hixiénicas para o alumnado de ensino obrigatorio pertencente a familias con rendas baixas e o matriculado en educación especial, máscaras cirúrxicas para eventualidades, xel hidroalcohólico, equipamento para espazo de illamento COVID-19 (batas desbotables, máscaras cirúrxicas, máscaras FFP2, pantallas), máscaras FPP2 para os coidadores, o persoal non docente e o persoal docente que estime o Servizo de Prevención de Riscos Laborais e outras actuacións necesarias no contexto sanitario actual, pero sen indicar que estimaba o Servizo de Prevención de Riscos Laborais a Consellaría en escrito remitido hoxe aclara o seguinte.

Estámonos a referir ao persoal docente das especialidades de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Educación Infantil que atenda a alumnado que non poida ou non use máscara.

Desde a CIG-Ensino entendemos que nesta aclaración faltan colectivos, como podería ser o profesorado de vento dos conservatorios ou incluso o profesorado de música nos centros ordinarios así como o persoal en situacións de risco debido á súa saúde e as mulleres xestantes.

Volver