A Consellaría volve modificar o catálogo de postos de traballo docentes de mestres e mestras

A modificación, presentada como unha corrección da anterior, aínda contén algúns erros segundo a CIG-Ensino

O obxecto desta orde, segundo a Consellaría, é corrixir diversos erros advertidos nas ordes citadas. Nesta corrección de erros a CIG-Ensino detectou que se modifican unidades en 14 centros, cun resultado final no que non se altera o número total de postos de traballo pero si se modifican, incluso convertendo prazas de orientación en prazas de orientación compartidas, polo que recomendamos ao profesorado e centros afectados que comproben se a nova publicación é correcta.

Na nova publicación, que substitúe a anterior, tamén detectamos que 9 centros non aparecen co cal as modificacións que sufriron en agosto xa non son efectivas.

Engadimos un anexo con todos os cambios detectados para que tanto o profesorado en xeral como as direccións dos centros poidades comprobar se estes son correctos. No caso de detectar calquera erro podedes poñervos en contacto connosco no correo electrónico galiza@cig-ensino.gal

Modificacións detectadas pola CIG-Ensino

14 CENTROS QUE MODIFICAN UNIDADES EN DECEMBRO 2021, CON RESPECTO ÁS MODIFICACIÓNS QUE APARECÍAN NO CATÁLOGO DE AGOSTO 2021

1.     15002670 CEIP Canosa-Rus. Eliminan 1 AL e 1ALC

2.     15006699 CEIP Recimil. Eliminan  1EP, 1AL e 1FI. Engaden 1OC. 

3.     15010848 CEIP Felipe de Castro. Engaden 1PT que suprimiran en agosto.

4.     15012742 CEIP Flavia. Engaden 1OC. en agosto suprimiran 1DO

5.     15014180 CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). Eliminan 1PT .

6.     15022590 CEIP de Roxos. Eliminan 1AL. 

7.     36001252 CPI de Progreso. Engaden 1ALC, suprimiran 1AL en agosto.

8.     36003388 CEIP Doutor Suárez. Eliminan 1ALC

9.     36007591 CEIP Manuel Cordo. Engaden 1OC , en agosto suprimiran 1DO

10.  36008805 CEIP de Portonovo.  Engaden 1OC, en agosto suprimiran 1DO.

11.  36008829 CEIP Magaláns-Dorrón. Eliminan 1ALC.

12.  36010460 CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Navia). Engaden 1OC.

13.  36010125 CEIP de Fonte Escura. Engaden 1PT, 1AL e 1DO, suprimidos en Agosto.

14. 36005555 CEIP Marquesa Pazo da Mercé. Crean un OC e suprimen 1ALC.

9 CENTROS QUE NON APARECEN NO CATÁLOGO DE DECEMBRO, PERO SÍ ESTABAN EN AGOSTO: 

  1. 15032649 EEI de Milladoiro. Suprimían DO
  2. 15004964 CEIP Concepción Arenal. Creaban 1AL
  3. 15023375 CEIP José Cornide Saavedra. Suprimían unha unidade de EP e dos 2 postos, 1 de EP e 1 de PT.
  4. 15027241 CEIP Juan Fernández Latorre. Creaban 1AL
  5. 32015165 CEIP O Castiñeiro.  Suprimían 1 posto de EP
  6. 32006747 CEIP de Manzaneda.  Suprimían unha unidade e un posto de EP.
  7. 32009360 CPI José García García. Creaban tes prazas de PT.
  8. 32010121 CEIP Roberto Blanco Torres. Suprimían 1 posto EP.
  9. 36017697 CEIP Escultor Acuña. Creaban 1 posto de AL.

3 CENTROS  QUE  NON APARECÍAN EN AGOSTO E SÍ APARECEN EN  DECEMBRO:

  1. 27000541 CEIP San Miguel de Reinante Barreiro. Pasan de ter DO a ter OC.
  2. 36008866 CEIP Plurilingüe A Florida. Tiñan DO e agora aparece  con DO e OC.
  3. 36015071 EEI Vagalume. Suprimen 1 unidade de EI e 2 postos de traballo.
CIG

Xa tedes actualizado na seguinte ligazón o catálogo de postos de traballo dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.

Volver