A gran festa final do Correlingua 2021 na vila de Foz
300 alumnos e alumnas de centros educativos da contorna focense vibraron en directo coa actividade lúdica e educativa organizada na defensa do galego
O pavillón Torques de Marzán de Foz foi o espazo no que se celebrou a festa do Correlingua en Foz, unha festa que, como en anos anteriores, conxugou humor e lingua. A festa tivo como protagonistas aos Cozorellos Salvaxes e a Monoulious DOP, que xa participaran en edicións anteriores do Cantalingua e do Correlingua.
"Se non desfrutaches da retransmisión en vivo podes visionar a festa en diferido cando queiras"
Ademais dos dous grupos, no pavillón estiveron presentes alumnado e docentes do CPR Martínez Otero, e dos CEIP Pedro Caselles, O Cantel, Foz nº 1, e dos IES Monte Castelo e Illa de Sarón. En total, participarán da festa en Foz máis de 300 rapaces e rapazas, que o fixeron polo sistema de aula burbulla para garantir as medidas sanitarias. Neste segundo ano de Correlingua baixo a pandemia, os concertos poden ser seguidos en streaming desde o You Tube do Correlingua.
O pasado 20 de outubro comenzaron as actividades do Correlingua 2021 baixo o lema “Inmunízate co galego”. Os concertos organizados en vilas e cidades galegas das catro provincias comezaron na Coruña e remataron en Foz o 23 de novembro coa festa grande provincial de Lugo e de peche do Correlingua 2021.
Tamén participou nesta festa Francisco Xavier Fanego, concelleiro de Patrimonio, Medio Ambiente, Medio Rural e Mar de Foz; e Mónica Freire Rancaño, deputada provincial responsable da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade.
As Festas Concerto celebradas
20 de outubro en A Coruña no Auditorio Ágora foi a festa grande provincial, actuaron: Pauliña (gañador do Cantalingua) e Galeatro.
21 de outubro en Pontevedra na Alameda, actuou Pauliña e presentou Isabel Risco.
26 de outubro en Vigo no Auditorio Municipal foi a festa grande provincial e actuaron Os John Deeres (2º no Cantalingua) e Cé Orquestra Pantasma, presentou Isabel Risco.
28 de outubro en Ferrol no Auditorio Municipal, actuou Música Miúda, presentou Fran Rei.
29 de outubro en Bueu no Centro Social do Mar, actuou Música Miúda, presentou Fran Rei.
3 de novembro na Estrada no Teatro Principal, actuou Música Miúda, presentou Fran Rei.
4 de novembro en Ponteareas na Sala Multiusos, actuou o Dúo Vaguedades.
22 de novembro en Verín no Auditorio foi a festa grande provincial, actuou Os John Deeres, presentou Fran Rei.
O 23 de novembro en Foz no Polideportivo, foi a festa grande provincial e de peche do Correlingua 2021, actuaron Cozorellos Salvaxes e Monoulious DOP (3º premio en Catanlingua).
O Correlingua, coa participación da CIG-Ensino, reivindicou a través dunha proposta lúdica e educativa o dereito a crecer en galego.