
CIG-Ensino entrega 7.366 sinaturas demandando a integración de todo o profesorado no grupo A1
O sindicato presentou un escrito dirixido a ministra Alegría xunto coas sinaturas conseguidas en menos de mes e medio

A Consellaría rectifica as instrucións de comezo de curso nos IES, logo da denuncia da CIG-Ensino
Non haberá nin claustros nin reunións extraordinarias dos departamentos no mes de xullo, todos eles incompletos ao vetar o borrador a participación de parte dos seus integrantes

Publicada no DOG a resolución coas datas do CADP
O DOG do luns 20 de xuño publica as datas do CADP, cuxa adxudicación provisional e definitiva será común para todos os corpos
A CIG mobilízase fronte ao cada vez maior empobrecemento da clase traballadora galega
A CIG-Ensino participa na demanda de políticas públicas e salarios dignos para enfrontar a carestía da vida

O Ministerio presenta unha proposta de última hora para mudar parcialmente o baremo do concurso excepcional
A modificación proposta polo MEFP só afecta á puntuación do dominio de linguas estranxeiras
O profesorado alza a voz farto das decisións unilaterais da Consellaría para o curso que vén
Os centros docentes galegos secundaron a iniciativa da CIG-Ensino mobilizándose durante os recreos

O profesorado está farto!
Mércores 8: CIG-Ensino chama a protestar contra as decisións da Consellaría de cara ao comezo do curso 2022/23

Información da mesa sectorial para a convocatoria de licenzas de formación
A mesa desenvolveuse o martes 14 de xuño

A CIG Ensino e a ASPG poñen á vosa disposición as conferencias das XXXI Xornadas de lingua e literatura
Tiveron lugar no mes de abril en Santigo de Compostela

A CIG-Ensino exixe a paralización da publicación das Instrucións para o curso escolar 2022/23 e o cese dos responsábeis
O sindicato considera unha “chapuza” impropia dunha administración a decisión de forzar decisións dos claustros sen ter en conta o seu carácter integral e colexiado

Xubilados/as e pensionistas da CIG proclaman que “Somos maiores, temos dereitos”
Concentráronse esta mañá en San Caetano contra o desmantelamento de servizos públicos esenciais

De costas ao profesorado: Educación impón os cambios anunciados no calendario e relega o profesorado
Supérase, en contra do criterio da CIG-Ensino, o mínimo de 175 días lectivos e desprezan a opinión das mestras e mestres de Infantil
páxina 52 de 311
⚠️ A CIG-Ensino detectou e comunicou á administración que na resolución definitiva do CXT de mestres non eliminaron o persoal que lle fora adxudicada praza no Concurso de Orientación de Primaria.
‼️ Desde a administración comunicáronnos que van analizar as posíbeis solucións e que ao longo da mañá trasladarannos a decisión tomada.
Actualización: A subdirección de Centros e Recursos Humanos da Consellaría trasládanos que son un máximo de 8 casos os detectados, que están analizando a situación e ver que medidas arbitrar.
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |