4030 resultados

Unha reunión que chega 6 semanas tarde e non abre expectativas de cambio na Consellaría de Educación
As organizacións sindicais agardamos case un mes e medio para que a máxima responsábel en materia educativa mantivese unha reunión moi demandada e que se limitou a un acto unicamente formal que só tería sentido que se producise ao inicio do confinamento
A CIG realiza protestas simbólicas nas sete cidades para esixir ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade nos centros de traballo
Estas accións despois de semanas de presentar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas

Oposicións aprazadas: a Consellaría réndese á evidencia mais mantén a inscrición
Finalmente foi no Parlamento Galego onde Pomar rectificou e anunciou que se aprazan ao 2021 as oposicións previstas para o mes de xuño, todo despois de manter unha posición numantina, insostíbel e imprudente durante semanas

Un 61% do profesorado afirma ter problemas para conectar co seu alumnado e a práctica totalidade suspende a actuación da Consellaría nesta crise
Os datos extráense dunha enquisa realizada pola CIG-Ensino entre o día 11 e o 16 de abril e que contou coa participación de 6.352 docentes

Convocada videoconferencia da conselleria con organizacións sindicais e ANPAs
Vimos de recibir unha convocatoria para unha reunión coa conselleira de Educación para o xoves 23 de abril ás 17 horas. Nesta reunión participarán organizacións sindicais con representación no ensino público e no concertado así como federacións de ANPAs

A CIG-Ensino alerta da necesidade de reforzar o profesorado e o sistema educativo en xeral para afrontar os efectos do confinamento no noso alumnado
Valoración das decisións adoptadas na Conferencia Sectorial do MEFP coas CC.AA.

A situación provocada polo coronavirus non pode pasar por riba dos dereitos de profesorado e alumnado das universidades galegas
Comunicado da CIG-Ensino sobre a problemática actual no SUG

O terceiro trimestre comeza cunha Consellaría paralizada
O martes 14 de abril comeza o terceiro trimestre e toda a comunidade escolar segue sen instrucións da Consellaría

Información da reunión sindical co ministro de Universidades
A CIG, organización sindical maioritaria en Galiza, participou na tarde do día 8 de abril nunha xuntanza telemática co Ministerio de Universidades, Manuel Castells, o Director Xeral de Universidades e a Directora de Gabinete do ministerio

Oposicións 2020: abonda xa de incompetencia e falta de respecto
Coa carta emitida aos sindicatos esta mañá a conselleira de Educación demostra unha incongruencia total coa súa anterior comunicación ao respecto de que só se manterían as oposicións se se levantase o estado de alarma o vindeiro 11 de abril

A CIG chama a unha xornada de protesta o 10 de abril para esixir medidas de protección social xustas
O venres 10 de abril ás 12 horas o profesorado tamén ten motivos para facerse escoitar
páxina 96 de 310
Comisións Concilia e Saúde
Os prazos para as solicitudes das Comisións de Concilia e Saúde non comezan até que se publique no DOG a resolución definitiva do último concurso, neste caso o de infantil e primaria, é dicir, non comeza mañá cando a Consellaría publique, segundo o previsto, a resolución definitiva do CXT de mestras na súa páxina, comezará cando esa resolución se publique no DOG.
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |