Publicados no DOG os concursos de Orientación de Primaria e EPAPUs

Prazo de presentación para ambos até o 23 de decembro

CIG

Novas prazas con respecto as dos borradores.

Con respecto ás prazas que saían nos borradores atopámonos nas ordes de convocatoria con novas prazas, nelas inclúense moitas das solicitadas pola CIG Ensino, no caso de adultos o 100% das prazas solicitadas na mesa sectorial foron recollidas pola administración, 4 prazas.

En canto a Orientación a administración inclúe catro xubilacións que lle comunicamos despois da mesa amais de 5 prazas das 7 solicitadas. Non atende dúas variacións de prazas, nas cales solicitabamos que dous centros compartidos pasasen a ter orientación a tempo completo.

Recordade que a previsión de resolución dos concursos é a seguinte:

Concurso EPA

Concurso Orientación Mestres

CXT

Isto implica que quen obteña destino nun concurso que se resolva primeiro xa non poderá obter destino nos seguintes, decaendo deles.

Concurso específico das EPAPUs.

ORDE do 13 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos. Ligazón

Toda a información do Concurso na páxina da CIG Ensino.

Concurso de Orientación nos centros de Primaria.

ORDE do 13 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería. Ligazón

Toda a información do Concurso na páxina da CIG Ensino.

Volver