Oposicións: as contas claras

A Consellaría, axudada polos medios afíns, segue a xogar coas cifras de prazas nas oposicións para enganar ao persoal opositor e á sociedade.

O conselleiro acaba de anunciar unha oferta de emprego público para o 2021, que non oposición, de 1.500 prazas; cifra que desde a propia Consellaría din que inclúe a taxa de reposición e a promoción interna.

Se como dixemos no seu momento as 3.654 prazas xa anunciadas para o 2020 até a saciedade quedan realmente en 2.036 prazas de oposición, sendo as demais para a promoción interna (318 para cambio de corpo e 1.300 para acceso a cátedras), é sinxelo calcular que as 1.500 prazas van reducirse como mínimo nun 25% obrigatorio por lei para promoción interna. É dicir a oferta real, como moito, non superará as 1.125 prazas (iso sempre e cando a Xunta non decida incrementar as de promoción interna como fixo nestes anos pasados, reducindo as de oferta libre).

Aclaracións e diferenzas entre Oferta pública de emprego e Oposicións

O goberno do Partido Popular leva moito tempo xogando co persoal opositor e nomeadamente o persoal interino, non fai falla recordar o esperpento da comunicación da non convocatoria das oposicións do 2020 no último momento.

A oferta de emprego deste ano 2.020 non se traslada a unha oposición no mesmo ano como é habitual pola situación creada pola pandemia. Polo tanto, as 2.036 prazas do 2.020 (xa co proceso de inscrición pechado) se resolverán no 2.021.

No ano 2.022 haberá, segundo di o goberno da Xunta, oposicións que sumarán a oferta pública de emprego de 2.021, anunciada hoxe por primeira vez coa que fagan no 2.022. 

Lingua e ensino.

Punto e aparte merece que o conselleiro teña a pouca vergoña de falar de compromiso coa lingua cando nin cumpre os mandatos do Consello de Europa nin recibe á comunidade educativa galega que está a demandar diálogo para un cambio nas políticas lingüísticas da súa Consellaría.

Oposicións: as contas claras

1️⃣ Cantas veces vende as mesmas cifras de prazas nas oposicións a Consellaría? INFINITAS. A propaganda consiste en repetir incesantemente para que parezan máis.

2️⃣ Cantas prazas reais de oposición ten a Oferta Pública de Emprego para o profesorado no 2020? 2.036 prazas.

3️⃣ Se son 2.036 prazas no 2020, que pasa coas demais prazas até as 3.654 que repite a propaganda da Xunta? Son prazas de promoción interna para quen xa é funcionariado de carreira (1.300 de cátedras e 318 de cambio de corpo A2-A1 e A1-A1)

4️⃣ Cando son as oposicións da OPE de 2020? No 2021, e xa co período de inscrición pechado. 

5️⃣ Vai haber un “incremento” de 1.500 prazas nas oposicións de 2021? Segundo a información da propia Consellaría, NON. Nin serán nese ano nin serán 1.500 se descontamos as prazas de promoción interna. Será unha OPE mais non será unha oposición no mesmo ano.

6️⃣ Cando haberá unha nova oposición na que poder matricularse? No 2022. As prazas do 2021 uniranse á OPE de 2022 e neste ano haberá unha única oposición coas prazas dos dous anos acumuladas.

Volver