4026 resultados

Educación conxela un ano máis o número de docentes nos orzamentos: non hai ningún incremento
Por cuarto ano consecutivo a Consellaría mantén en 30.424 a cifra de persoal docente nos orzamentos da Xunta, limitando o incremento orzamentario en persoal á suba salarial do 2024 e a inclusión de programas finalistas

O parche do Proa+ non cobre nin as necesidades mínimas solicitadas polos centros educativos
A CIG-Ensino esixe que se cumpra o acordo de catálogos do 2007 e se incrementen os cadros de persoal dos centros segundo as súas necesidades educativas

O proxecto de orzamentos da Xunta confirma a estafa do Acordo con aínda máis trampas na redución de ratios
O anuncio da Consellaría de blindar por Lei o Acordo é unha falacia máis porque incorpora cláusulas que a Consellaría leva incumprindo 15 anos como o incremento do catálogo dos centros cando exista alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O Ministerio de Educación négase rotundamente a descentralizar as probas de acceso a prazas docentes no exterior
A CIG-Ensino denuncia unha posición centralista que, co pretexto dos gastos que ocasionaría ao Ministerio, traslada ao profesorado uns gastos innecesarios de desprazamentos e hospedaxe en Madrid

A CIG-Ensino considera totalmente insuficiente a reacción da Consellaría ás mobilizacións e denuncia a falta de información no PROA+
O curso 24/25 alcanza xa a marca absoluta de rectificacións nas prazas asignadas aos centros, logo dos recortes do verán e das denuncias feitas pola CIG-Ensino e as comunidades educativas dos centros afectados

Mudemos de rumbo. Polo futuro do galego
Queremos Galego convoca unha gran asemblea xeral aberta o 17 de novembro en Compostela

A CIG-Ensino denuncia o intento da Consellaría de limitar a información sobre a situación dos centros docentes
Unha circular da xefatura de inspección de Lugo pretende limitar o acceso a información por parte das ANPAs dos centros, nun exercicio de censura intolerábel
Vigo maniféstase contra os recortes no ensino público
Resposta masiva na mobilización convocada por FOANPAS e ADICOPUVI e apoiada pola CIG-Ensino contra os recortes no ensino e a falta de recursos que padecen os centros públicos da cidade

O persoal da escola municipal de música da Coruña segue a reclamar a xestión directa ao berro de “A música é a nosa loita”
O vindeiro martes 22 de outubro, o persoal reunirase co concelleiro de Cultura para abordar a situación da EMM e o previsíbel novo convenio co Consorcio

Apertura de listas de substitución
A apertura prodúcese despois de que a CIG-Ensino reiterase, na mesa sectorial que tivo lugar o 15 de outubro, a necesidade da apertura de listaxes de substitución
A Plataforma Galega en defensa do ensino público chama a toda a comunidade educativa a manifestarse contra os recortes o próximo 26 de outubro
A mobilización terá lugar en Compostela con saída ás 12 da Alameda e haberá servizo de autobuses desde distintas partes do país

A CIG-Ensino pide a retirada da convocatoria de prazas accidentais na inspección educativa
A CIG-Ensino pediu a retirada da proposta e propuxo o nomeamento para este curso do profesorado que se presentou ás oposicións e non acadou praza, ordenado por número de exames aprobados e notas

Toda a información da mesa sectorial do CXT
Martes 15 de outubro. Concurso Xeral de Traslados e Inspectores Accidentais.
páxina 12 de 310
CADP. Solicitude de non participación
Para persoal interino e substituto cunha das situación recollidas no artigo 15 do Acordo de interinas.
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |