4023 resultados

A CIG-Ensino non ve factíbel a volta ás aulas este curso e insta a traballar na adaptación e necesidades que se prevén de cara ao próximo ano
Os responsábeis da Consellaría presentáronse á reunión sen ningún tipo de proposta, culpando ao Ministerio e negándose a aclarar que opinión teñen sobre a posíbel incorporación ás aulas no que resta de curso
A CIG-Ensino difunde recursos didácticos para homenaxear a Carvalho Calero durante o mes das nosas Letras
Malia que a RAG decidiu retrasar até o 31 de outubro a celebración prevista para o 17 de maio por mor da pandemia, a CIG-Ensino súmase a outras entidades que piden o traspaso desta celebración a 2021

Convocada reunión informativa da conselleira de Educación con representantes sindicais e de federacións de ANPAS
A reunión terá lugar o mércores 13 ás 17 horas co mesmo formato protocolario da única reunión mantida pola titular da Consellaría coa comunidade educativa desde o comezo da pandemia

A CIG-Ensino rexistrou denuncia na Inspección de Traballo contra Educación polas “recomendacións sanitarias” que entran en vigor hoxe nos centros
O departamento que dirixe Carmen Pomar trata peor ao seu persoal que o resto de empregadas da Xunta de Galiza para as que si existe un protocolo de reincoporación ao traballo presencial

A CIG-Ensino oponse á reincorporación de profesorado e alumnado ás aulas este curso se non é con “claras garantías sanitarias”
Así llo traslada o secretario nacional do sindicato, Suso Bermello, á conselleira, Carmen Pomar, nunha carta na que pide a convocatoria dunha Mesa Sectorial para negociar a “desescalada educativa” e o inicio do vindeiro curso

Publicada no DOG a resolución definitiva do CXT
O prazo para solicitar comisións de saúde ou de concilia, que comezaba coa publicación no DOG deste concurso, está interrompido ata que remate a vixencia do estado de alarma.

A Consellaría de Educación fai públicas unhas “recomendacións sanitarias” para os centros educativos sen negociar cos sindicatos
A CIG-Ensino solicitara por rexistro a convocatoria con carácter de urxencia do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral de Educación (CISSL) e a Consellaría responde con estas “recomendacións” unilaterais

A Xunta debe presionar xa o MEFP para que se poidan acumular as prazas das oposicións docentes de 2020 e 2021
Tal e como se acordou na Mesa Sectorial do pasado 30 de abril Galiza debe facer fronte conxunta para que se amplíe un ano máis o RD 84/2018 que fixa o réxime transitorio aplicado ás oposicións só até 2020

Este 17 de maio defendemos o galego desde xanelas e varandas
PRECISAMOS DO GALEGO: xustiza, igualdade e cohesión

O profesorado galego, desamparado ante os criterios contraditorios sobre a docencia e o desconfinamento educativo neste fin de curso
A CIG-Ensino amosa a súa preocupación tamén polas informacións sobre o inicio do próximo curso e alerta de que as medidas deben ser negociadas coa representación docente.

Información reunión da comisión negociadora do VI convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos
Confinados os pagos dos atrasos das táboas salariais de 2019 e prolongado o prazo de solicitude da cláusula de descolgue salarial mentres dure o estado de alarma, tal e como pretendía a patronal e aceptou o trío sindical estatal

Carvalho Calero: unha nova oportunidade nos centros educativos para todo o curso 2020/21
CIG-Ensino solicita á Real Academia Galega que traslade ao 2021 a celebración do Día das Letras dedicado a Carvalho Calero para que poida ter o tratamento que merece no ámbito educativo

Información da Mesa Sectorial para negociar o aprazamento das oposicións
Mesa celebrada o xoves 30 de abril
páxina 94 de 310
CADP. Solicitude de non participación
Para persoal interino e substituto cunha das situación recollidas no artigo 15 do Acordo de interinas.
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |