Publicada no BOE a LOMLOE

Publicada o mércores 30 de decembro de 2020

LOMLOE Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Ligazón

Entrará en vigor en 20 días co seguinte Calendario de implantación

1. Á entrada en vigor desta Lei aplicaranse as modificacións relativas a:

a) Participación e competencias do Consello Escolar, Claustro e director ou directora.

b) Autonomía dos centros docentes.

c) Selección do director ou directora nos centros públicos.

d) Admisión de alumnas e alumnos.

Os procesos relativos aos apartados c) e d) que se tiveran iniciado con anterioridade á entrada en vigor desta Lei rexeranse pola normativa vixente no momento de iniciarse.

2. Ao inicio do curso seguinte á entrada en vigor desta Lei implantaranse:

a) As modificacións introducidas na avaliación e condicións de promoción das diferentes etapas educativas.

b) As modificacións introducidas nas condicións de titulación de educación secundaria obrigatoria, ciclos formativos de grado básico e bacharelato.

c) A titulación das ensinanzas profesionais de música e danza.

d) As condiciones de acceso ás diferentes ensinanzas.

3. As modificacións introducidas no currículo, na organización e obxectivos de educación primaria implantaranse para os cursos primeiro, terceiro e quinto no curso escolar que se inicie un ano despois da entrada en vigor desta Lei, e para os cursos segundo, cuarto e sexto no curso que se inicie dous anos despois de dita entrada en vigor.

4. As modificacións introducidas no currículo, na organización, obxectivos e programas de educación secundaria obrigatoria implantaranse para os cursos primeiro e terceiro no curso escolar que se inicie un ano despois da entrada en vigor desta Lei, e para os cursos segundo e cuarto no curso que se inicie dous anos despois de dita entrada en vigor.

5. As modificacións introducidas no currículo, na organización e obxectivos de bacharelato implantaranse para o primeiro no curso escolar que se inicie un ano despois da entrada en vigor desta Lei, e para segundo no curso que se inicie dous anos despois de dita entrada en vigor..

6. As modificacións introducidas no currículo, na organización e obxectivos nos ciclos formativos de grado básico implantaranse no curso que se inicie un ano despois da entrada en vigor desta Lei. Neste curso se suprimirá a oferta de módulos obrigatorios dos Programas de Cualificación Profesional Inicial preexistentes. O segundo curso dos ciclos formativos de grado básico implantarase no curso que se inicie dous anos despois de dita entrada en vigor. Neste curso suprimirase a oferta de módulos voluntarios dos Programas de Cualificación Profesional Inicial preexistentes.

7. As modificacións que se introducen no artigo 38 desta Lei, relativas ao acceso e admisión á universidade aplicaranse no curso escolar no que se implante o segundo curso de bacharelato.

8. As avaliacións de diagnóstico ás que se refiren os artigos 21 e 29 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación comezarán a aplicarse no curso escolar no que se implanten os cursos cuarto de educación primaria e segundo de educación secundaria obrigatoria.

Podes ler aquí a nosa valoración sobre a LOMLOE: A LOMLOE: lei insuficiente que necesita mellorar

LOMLOE Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Ligazón

Publicación da LOMLOE no BOE

Publicada o mércores 30 de decembro de 2020

Entrará en vigor en 20 días co seguinte Calendario de implantación.

Documento


Volver