Esta semana comeza o prazo para inscribirse nas oposicións ampliadas para profesorado técnico de FP

Publicada no DOG o luns 25 a Orde do 15 de xaneiro de 2021

A CIG-Ensino solicitara na Mesa Sectorial do 14 de decembro na que se nos presentou a OPE que a orde pasase novamente pola Mesa. En todo caso, parécenos impresentábel que non se nos teña trasladado ás organizacións sindicais o borrador da convocatoria previo envío ao DOG.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de xaneiro ata o 15 de febreiro

Non terán que realizar unha nova solicitude aquelas persoas que a fixeran no prazo do 1 de xuño ao 19 de xuño de 2020. En calquera caso, se as persoas xa inscritas desexasen modificar a quenda de ingreso, a exención da proba de coñecementos da lingua galega ou outra circunstancia, poderán efectualo mediante a formalización dunha nova solicitude que anulará a anterior, sen necesidade de que efectúen un novo pagamento das taxas.

O novo período de inscrición circunscríbese unicamente ás 603 prazas convocadas en 24 especialidades do corpo de profesorado técnico de FP.

Podes acceder a toda a información sobre as oposicións na páxina da CIG Ensino na seguinte ligazón.

Volver