resultados

XXXIV Xornadas de lingua e literatura
A CIG-Ensino e a AS-PG poñen á disposición das docentes os contidos das Xornadas de lingua e literatura galega, que tiveron lugar no mes de abril en Compostela

Convocada Mesa sectorial para o mércores 18 de xuño
Na mesa negociaranse Decreto que se establece a ordenación xeral da formación profesional e as instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2025-2026.

A CIG-Ensino chama ao profesorado a mobilizarse diante da Xunta o 25 de xuño para dicir que abonda xa de recortes, privatización e censura
Convoca unha concentración diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para o 25 de xuño ás 12 da mañá.

Persoal dos centros de menores privatizados maniféstanse nos seus postos de traballo apelando á conselleira de Política Social a mellorar as súas condicións
Ante a falta de compromiso tanto da titular de Política Social como do director xeral de Familia as traballadoras e traballadores deste sector intensificarán as súas protestas con concentracións diante das delegacións da Xunta na Coruña e en Ourense.

A Xunta avanza un paso máis cara a total privatización da FP coa contratación de profesorado asociado das empresas
Rueda avanzou hoxe esta medida como unha das principais novidades do novo Decreto galego de FP, no que o sector privado terá aínda máis peso en “actuacións de innovación e investigación, difusión e acreditación da experiencia”.

O Día do Orgullo tamén nas aulas!
Lara Boubeta, mestra e activista do colectivo LGBTIQ+, diríxese ao alumnado para defender a importancia de traballar a diversidade afectivo-sexual nos centros
Laura Arroxo substitúe a Suso Bermello á fronte da CIG-Ensino no seu IX Congreso
A nova secretaria nacional comprometeuse a seguir actuando de dique de contención das políticas do PP e chamou á unidade do profesorado para recuperar dereitos e mellorar a atención ao alumnado

O persoal da Escola Municipal de Música de Santiago suspende as actividades complementarias até negociar melloras laborais
Denuncian discriminación salarial, parcialidade nos contratos e inestabilidade laboral.

A Consellaría presenta a oferta de FP do próximo curso con cambios laborais derivados das novas formacións aceleradas sen contraste previo co profesorado
A directora xeral avanzou que no curso 25/26 volverán publicarse instrucións provisionais para estas ensinanzas, que se “negociarán” este mes, e non deu data para dar a coñecer o borrador do Decreto galego de FP.

NON Á CENSURA. A CIG-Ensino chama a protestar nos centros contra a inxerencia política da Xunta
O sindicato exixe a retirada das instrucións aínda non remitidas aos centros e a súa negociación na Mesa Sectorial

A CIG-Ensino celebra o seu 9º congreso baixo o lema “A forza do compromiso”
Nesta cita producirase ademais o relevo na secretaría nacional, con Laura Arroxo á fronte da única candidatura presentada

A CIG-Ensino non permitirá ningunha inxerencia política no labor docente
O sindicato denuncia a actitude antidemocrática do conselleiro de Educación ao presentar unhas instrucións con cambios que afectan ao profesorado sen debatelas coa representación sindical

Máis de 14.000 estudantes participaron este ano nas actividades do Correlingua en once localidades galegas
No ano en que cumpre un cuarto de século de vida, o Correlingua demostrou a súa vitalidade con diferentes propostas de traballo arredor da normalización do galego ao longo do curso e coas tradicionais carreiras e festas pola lingua durante o mes de maio.
páxina 1 de 312