4020 resultados

A Consellaría publica as vacantes provisionais sen negociar
A situación creada pola Xefatura Territorial e a Inspección da Coruña, negándose a manter reunións presenciais coa permanente da Xunta de Persoal, únese a falta de resposta noutras xefaturas ás propostas presentadas pola CIG-Ensino e outros sindicatos

A CIG-Ensino recorre a decisión das universidades galegas de non convocar a avaliación dos méritos de investigación para o cobro de sexenios do PDI temporal
Malia que hai unha sentenza do Tribunal Supremo que confirma que é discriminatorio non avaliar ao persoal temporal ningunha das tres universidades galegas ten previsto asinar o acordo coa ANECA para este proceso

Retribucións docentes: remata a vixencia do “acordo de homologación docente” e estamos igual que antes
O argumento empregado pola Consellaría e os sindicatos asinantes do acordo de 2018 foi a homologación salarial do profesorado galego co resto do Estado. 2 anos e medio despois, estamos exactamente como a CIG-Ensino advertiu: igual

As catro organizacións sindicais con representación na mesa sectorial solicitan convocatoria urxente da mesa sectorial
Coa intención de negociar e clarificar todas as cuestións referidas ao desenvolvemento dos procesos selectivos da OPE de 2020

Bloqueadas as táboas salariais de Educación Infantil 0-3 pola incoherencia dos sindicatos asinantes do convenio
A Mesa estatal de negociación de infantil 0-3 queda unha vez máis en cuestión pola decisión dos sindicatos que miraron para outro lado á hora de esixir o pago do SMI, como marca a lei, e que agora non asumen nin o que asinaron na negociación do convenio

Novidades na xubilación: entra en vigor o novo complemento para a redución da fenda de xénero
Vén aplicándose desde o pasado 4 de febreiro en substitución do anterior complemento de maternidade vixente desde 2016

O xefe territorial de Educación na Coruña négase a manter reunións presenciais coa representación do profesorado
A Xunta de Persoal Docente da provincia da Coruña leva bloqueada e sen poder manter reunións co xefe territorial nin co xefe de Inspección desde o mes de outubro

Aclaracións da Consellaría sobre a lexislación a aplicar nas oposicións
Resposta da administración ás consultas realizadas pola CIG Ensino en mesa sectorial
Centos de persoas mobilízanse por todo o país convocadas pola CIG para reclamar unha saída galega xusta da crise
Paulo Carril chama a intensificar a loita obreira para forzar a posta en marcha de políticas que permitan iniciar unha auténtica recuperación económica e social

A CIG-Ensino volve esixir coordinación entre o MUFACE e a Xunta para que todo o profesorado dos centros públicos entre nos cribados poboacionais
Defendemos que sexa o sistema sanitario público o que as coordine e que se inclúa a todo o persoal docente por estar prestando servizos esenciais, con independencia dos necesarios acordos de colaboración coas entidades privadas a través de MUFACE
Publicamos o vídeo da asemblea online sobre a situación do profesorado técnico de FP tras a aprobación da LOMLOE e a reunión co Ministerio
Agradecemos o interese suscitado, con máis de 240 asistentes, e continuaremos informando nos centros educativos das novidades que se produzan nas negociacións que se prevé que se inicien en breve.

CIG-Ensino insta á Consellaría de Educación a fixar criterios co SERGAS que non exclúa dos cribados ao profesorado dos centros públicos
Os cribados masivos que o SERGAS realiza por ámbitos poboacionais, como os actuais na Coruña, Vigo ou Santiago, exclúen o profesorado de MUFACE con prestación sanitaria privada

CIG-Ensino pide explicacións á Consellaría sobre a ampliación prevista da rede de Centros Integrados de FP
Malia existir un plan deseñado desde hai tempo para transformar actuais IES en CIFP coa conseguinte eliminación da oferta de ESO e Bacharelato a Consellaría non ofrece información nin aos centros nin á comunidade educativa
páxina 78 de 310