Emisión en vivo

Vigo desfruta co Correlingua 2021 na festa grande provincial

Case 200 nenas e nenos presenciaron en vivo a celebración no auditorio municipal de Vigo coas actuacións John Deeres e Cé Orquestra Pantasma

A festa do Correlingua  estivo protagonizado polo concerto dos John Deeres, que foron o segundo premio da edición deste ano do Correlingua, e  de Cé Orquestra Pantasma. O alumnado que participou ao vivo na festa foron as nenas e nenos de 4 a 6 anos do CEIP Otero Pedrayo; alumnado de 5º e 6º do CEIP Virxe do Rocío; CEIP Balaídos, alumnado de 5º; e CEIP Ría de Vigo.  En total  participarán na festa 170 nenos e nenas. Tamén participou no acto a concelleira viguesa de Festas e Turismo, Uxía Blanco.

EMISIÓN EN DIFERIDO
"Se non desfrutaches da retransmisión en vivo podes visionar a festa en diferido cando queiras"

A emisión en directo das festas do Correlingua 2021 a través da súa canle de You Tube ofreceu unha nova oportunidade á comunidade educativa de compartir en directo os festexos. Debido á situación pandémica soamente se permite unha asistencia media de 200 alumnas e alumnos e a desenvolverse baixo o sistema de aula burbulla para garantir as medidas sanitarias.

PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA

O xoves 28 de outubro ás 11:30 no Auditorio municipal de Ferrol. Actuará Música Miúda e o acto será presentado por Fran Rei. Será emitida pola canle de You Tube.

Volver