O Teatro Principal da Estrada vibrou co Correlingua 2021
A actuación de Música Miúda, presentada por Fran Rei animou ao alumnado participante da festa
Os escolares estradenses puideron asistir ás 12:00 horas á celebración da festa do galego que tivo lugar esta mañá na súa vila. Na festa participaron alumnas e alumnos de distintos cursos do CEIP Pérez Viondi. No segundo ano de Correlingua baixo a pandemia, o sistema para esta actividade está sendo o de aula burbulla e, ademais, do alumnado que asista en directo, o concerto poderá ser seguido en streaming desde You Tube.
"Se non desfrutaches da retransmisión en vivo podes visionar a festa en diferido cando queiras"
PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA
Lembra que a seguinte cita do Correlingua será o 4 de novembro ás 12:00 horas na Sala Multiusos de Ponteareas. A emisión será emitida en directo pola canle de You Tube.